• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
O noso Nadal,galego e verde 
 
Contido 
- Consellos para un Nadal galego e verde- Agasallos en galego- Roteiros literarios- Artigos galego:“Falas menos galego que un teletubbi”, Séchu Sende“A tecnoloxía, tamén en galego”, Marcus Fernández Otero“As palabras”, Paula Carballeira“Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”,Kiko Fernández Mújico, Carlos Yus Respaldiza, MaríaCampos Cabaleiro- Receitas:-menús tradicionais-menú vexetariano- Artigos verdes:“Como sobrevivir ás festas: algunhas ideas para consumir de forma crítica e responsábel no Nadal”, María CarmenFidalgo, ONDG Amarante“Receitas para un Nadal sustentable?”, Juan Marcos PérezGulín“Consumir ou devorar, velaí a cuestión”, Xosé María GarcíaVillaverde, asociación Verdegaia“Un máis un son tres”, Adrián Serantes Tobío, proxectoXanela aberta“A importancia de conservar as nosas raíces”, RebecaCarreiro, asociación Amigos da Terra- As termas de Bande, un lugar de interese
O noso Nadal, galego e verdeConsello da Xuventude de Galiciawww.cxg.orgDeseño e Maquetación: Ofireyco, S.L.Depósito Legal: X XXXX-2009
 
 Algúns consellos para un Nadal galego e verde 
 
Achéganse as celebracións do Nadal e o consumismo increméntaseconsiderablemente (en forma de regalos, comida, decoración, etc). Peroneste remuíño de compras hai que facer unha pausa e preguntarse: queimpacto ten este consumismo excesivo sobre o medio? Son necesariose imprescindibles todos os excesos que cometemos nesta época? EsteNadal consumista do século XXI fainos ser máis felices? Realmentequeremos abandonar os nosos costumes e tradicións seculares por outrasimportadas carentes de signicado para nós e que á súa vez son máisprexudiciais para o noso contorno ambiental e cultural?Vivir un Nadal propio, autóctono é gozar das nosas festas, xunto coa xenteque queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unhaterra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes queséculo tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural,respectando as súas orixes e peculiaridades. Como lograr un consumo máis responsable co noso contorno:- Antes de comprar calquera cousa, pensa o que necesitas, non o quequeres...- Cando compres analiza o produto, mira o sistema de etiquetaxe e intentasaber cal é a orixe do produto e de que está composto.- Infórmate sobre as repercusións na saúde que trae o consumo de certassubstancias. Prere aqueles produtos que teñan menos conservantes eaditivos.- Escolle aqueles produtos que sexan elaborados localmente, xa que asíademais de axudar a impulsar a economía local, estarás axudando a frear a xeración dos gases invernadoiro que se xeran co traslado de materiais.- Elixe consumir aqueles produtos que poidas reciclar.- Cando compres obxectos para o fogar, podes optar por aqueles quesexan de segunda man. Regala aquelas prendas que xa non uses oupensa nunha nova utilidade.- Sé orixinal á hora de regalar. Pensa que os mellores agasallos non teñenpor que ser os máis caros: os obxectos ou prendas artesanais, feitas aman por ti mesmo/a, son unha boa opción ecolóxica. - Regala o teu tempo para compartir coas persoas que aprecias: un paseotranquilo e relaxante pola natureza ou simplemente un café acompañadodunha conversa agradable servirannos para deixar a un lado as présas dodía a día. - Regala libros, música, cinema, entradas para o teatro, para un concerto...son sempre unha alternativa intelixente. Elixe produtos en lingua galega,acertarás! - A nosa lingua necesita que a coidemos e a divulguemos. Aproveitacalquera ocasión para usala. Regala galego.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...