1
A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA
Tra-la última xuntanza da Mesa Negociadora, o pasado 2 de decembro, e despois de repetir o paripéno que se ten convertido esta negociación de convénio, as partes acordamos realizar unha nova xuntanza ovindeiro 20 de xaneiro en Madrid. As espectativas desta xuntanza son, sen nengún tipo de dúbidas,totalmente pesimistas, e case con seguridade podemos afirmar que se vai repetir o esquema das anteriores.Os sindicatos estatais sen entregar a sua plataforma, e a patronal sen querer tocar temas económicos.Logo da xuntanza do dia 2, asistimos a un tímido comunicado de USO, UGT e CCOO estatal, no caldan conta do bloqueo da negociación e sen concretar medidas mobilizadoras. Este comunicado ten ademaisun marcado carácter excluinte, dado que para nada se puxeron en contacto cos outros sindicatos presentesna mesa. No último panfleto da CIG, xa avisamos que desta volta, e para contar coa CIG, tiñan que se darunha série de premisas (definir obxectivos a conseguir na Mesa Negociadora, puntos de mínimos,ratificación de acordos en asemblea, etc.), que no caso de non se dar, provocarian que a CIG iniciariamobilizacións a prol dun Convénio Galego ainda que fora en solitário.A dia de hoxe, podemos afirmar con rotundidade que estas condicións e premisas de mínimos nonse dan. A negociación do Convénio Estatal, cada dia que pasa, parece máis lonxana e imposible. Ossindicatos estatais nen respetan nen contan coa CIG, e desde logo non garanten os pontos de mínimosantes citados. E xa para rematar, nen se entenden entre eles. Como é posible que un sindicato destes tres,a UGT, de pronto, sen contar con ninguén e sen uns obxectivos claros, convoque en solitario concentraciónsrachando coa unidade sindical para antes da vindeira xuntanza da Mesa Negociadora?. É esta unhaestratéxia só en Galiza ou en todo o estado español?. Que obxectivos persigue?. É pola defensa doconvénio ou para lavar a imaxe propia e xustificarse diante dos seus afiliados e enganar novamente aosector?. Que din diante desta convocatória xa feita pola UGT os sindicatos CCOO e USO?. Van participar?.A CIG, desde logo, non participa en actos folclóricos que rachan a unidade do sector. Moidesesperados e moi negro deben velo algúns cando xa perden as formas de tal xeito. Está claro que coConvénio Estatal non imos a ningures, e vai sendo hora de tomar a iniciativa, cos pés na Terra, e defenderaquí, o noso.Por este motivo, desde a CIG
imos comezar xa a loita por un Convenio Galego de SeguridadeDigno e con Dereitos
, convocando a todos os traballadores do sector a unha
concentración nacionalde início de campaña para o vindeiro martes 20 de xaneiro ás 11:30 horas na Praza doToural, en Santiago de Compostela
. Esta convocatória é aberta a todos os sindicatos que se queiransumar, agardando poder coincidir agora ou no futuro por quen aposte pola única saida viable que a dia dehoxe temos.Compañeiros, compañeiras, a loita comeza.
Leave a Comment