You are on page 1of 8

OllOs deaula

Revista para as familias do alumnado

ANO I - N 2 Novembro 2012

A entrevista co profesorado Revlidas: para que poden servir? O Consello Escolar

ltima semana de novembro, eleccins ao Consello Escolar. Non esquezas participar.

Un informe do Consello de Europa critica a reducin do galego no ensino. Pdese ver en http://ir.gl/12a733

30 de novembro e 1 e 2 de decembro. Feira da cultura galega en Pontevedra www.culturgal.com

Encontros dixitais dos Axuxeres. Este mes en Cambados, Bueu, Soutomaior, Mos, Cuntis, Santiago, Laln, Silleda, Foz, Burela e Ferrol. Toda a informacin en www.xunta.es/ linguagalega/os_encontros_ teatrais

Esta revista est editada pola CGENDL. Recomndallela aos teus coecidos/as. Poden atopala en www. coordinadoraendl.org

Xa se pode descargar o navegador Firefox 16 en galego

A preguntaPARA QUE PODEN SERVIR AS REVLIDAS?

Responde: Lois Ferrads


[Decano da Facultade de Ciencias da Educacin da Universidade de Santiago]

Estas revlidas servirn para seleccionar, para decidir quen poder facer certos estudos e quen deber repetir curso. Tamn servirn para comparar os resultados entre os distintos centros (sen ter en conta nin as circunstancias do contexto, nin os medios persoais e materiais dispoibles). Con este conxunto de probas pretndese aguilloar o esforzo dos estudantes e dos centros por acadar e reflectir mellores resultados sobre aspectos parciais da educacin. Constiten unha forma moi efectiva de control do currculo cara sa maior homoxeneizacin e recentralizacin, que redundar nunha maior desprofesionalizacin da docencia; o profesorado perder capacidade para tomar decisins sobre priorizacin de obxectivos, contidos e metodoloxa. Contaminarn elementos clave: desde o sentido da avaliacin continua, pasando polo currculo -no que previsiblemente todo o que non se avale se ver desvalorizado- e no que as novas esixencias poden derivar na memorizacin e repeticin de contidos por parte dos estudantes, deixando marxe aspectos relacionados co traballo colaborador e coa creatividade, empobrecendo e acomodando as metodoloxas docentes a estas finalidades. posible que estas probas as apliquen empresas privadas, pois o anteproxecto non establece o carcter pblico dos axentes externos que farn a valoracin das probas. Servirn, finalmente, para que academias ou pasantas particulares que preparen para as revlidas fagan o seu negocio conta das familias.

O tema
Unha das mellores maneiras de axudar aos nosos fillos/as mantendo contacto cos seus profesores/as. Neste mes son moitas as familias que teen o primeiro encontro co titor/a; por iso nos pareceu oportuno ofrecer algunhas claves para mellorar a eficacia destas reunins.

A entrevista co profesorado
1- aconsellable unha entrevista trimestral co titor/a. En circunstancias normais conveniente acudir ao centro unha vez por avaliacin, non s para facer seguimento da evolucin do neno/a e cooperar co profesorado, senn tamn para que o noso fillo/a sinta que centro e familia estn coordinados. 2- A entrevista debe desenvolverse no centro educativo e concertarse previamente. En ocasins atopamos os profesores/as na ra, no supermercado e aproveitamos para preguntarlles como vai o noso fillo/a. Nin eses son os lugares axeitados, nin as entrevistas improvisadas son eficaces. A reunin hai que concertala previamente, para que o profesor/a poida preparala e para que, no caso dos titores/ as, tean tempo de falar co resto do profesorado e as recadar a informacin que nos van transmitir.

3- Hai que ir dispostos a intercambiar informacin. Non aconsellable ocultarlles informacin aos profesores/as. Negar os problemas ou non querer ver as dificultades vai impedir unha solucin adecuada. Debemos facer, pois, unha anlise realista sobre o noso fillo/a. Para iso aconsellable falar con el/ela antes da reunin: ver como se atopa dentro do grupo, preguntarlle se ten dificultades, pero tamn observar os seus hbitos de traballo, valorar o seu rendemento, reflexionar sobre as sas relacins sociais

4- Debemos acudir dispostos a asumir compromisos. Hai persoas con tendencia a delegar a educacin dos seus fillos/as nos outros. Ningun mellor ca outro na educacin, todos somos necesarios, pero cada quen ten que asumir a sa funcin, e a dos pais/nais a de ser pais/nais.

5- A reunin non se debe centrar unicamente no acadmico. Hai aspectos que son tan importantes como as notas e que moitas veces non son abordados nas reunins. o caso da situacin anmica do neno/a, a relacin cos compaeiros/as ou co profesorado, a integracin no centro

6- Hai que evitar culpabilizar os profesores/as ou facerlles reproches. Anda nos momentos de maior desencontro, hai que centrarse en atopar puntos de colaboracin entre o centro e a familia, iso vai ser sempre o mellor para o neno/a. Cando a entrevista sexa por algunha cuestin conflitiva, hai que asegurarse ben dos feitos e calmarse antes de acudir ao centro.

7- Despois da reunin fale co seu fillo/a. Transmtalle as cousas positivas e as dificultades das que falaron. Comunquelle os acordos aos que chegou co titor/a ou co profesor/a e a data na que quedaron de volverse a ver para revisalos. 8- E recorde sempre: a entrevista eficaz aquela na que se chega a acordos entre familia e profesor/a, se decide como se vai facer para conseguilos e se establece unha data para ver se o acordado se est cumprindo.

Palabras do ensino
Lines Salgado

novembro celebraranse {Consello escolar} A finais do mes derenovar os consellos as eleccins para escolares dos centros. Pero, que e para que vale un consello escolar? Todos os membros da comunidade escolar (profesorado, pais e nais, alumnado, persoal de administracin e servizos e representantes do concello) poden participar na xestin do centro ao que pertencen a travs do Consello Escolar. unha especie de mini-parlamento das escolas, ao que todos podemos levar propostas e suxestins a travs dos nosos representantes. Por iso se di del que un rgano colexiado, non unipersoal, xa que est integrado por un nmero variable de membros. As atribucins que ten asignadas un consello escolar son moi diversas: establece as lias xerais do proxecto educativo do centro; elixe o director/a e pode revogar o seu mandato; aproba o regulamento interno; sanciona as condutas graves do alumnado; aproba os orzamentos e analiza o funcionamento xeral do centro e os seus resultados acadmicos. Realmente, nada se pode facer nun centro escolar sen contar coa aprobacin do Consello Escolar. Por iso deberiamos aproveitalo e facer un uso real e dinmico del.

Gracia Santorum

CADENCIAS
Para or
A caza do ghazafello Un CD que acompaa o libro deste ttulo (da Editorial Xerais), que se pode escoitar cando o narrador nolo pide -a msica forma parte da trama, facndoa avanzar- ou en calquera outro momento (ideal para o coche), xa que os sete temas que forman o conxunto son amenos, pracenteiros e variados e teen entidade independente. As poderemos escoitar a Ugia Pedreira, Pulpio Viascn, Cata Prado, Antn Reixa, Teruca, Xurxo Souto... Vaia, non son s as mellores voces do noso panorama musical, senn que ademais ten ritmo bailongo.

Conto cinco sentidos Os Conto cinco sentidos de Jos Campanari, con ilustracins de Simona Mulazzani, son cinco librios da editorial OQO para os mis pequenos/as da familia, aqueles/as que agardan cada da or un conto da boca dalgn dos seus maiores, algo tan sinxelo e necesario dende os primeiros das de vida. Cunhas ilustracins que falan por si soas, estes libros achegan unha ollada inocente dende a que o beb descobre sensorial, emocional e afectivamente o mundo, acompaado en todo momento polos seus paps e os seus avs. Un paseo pola Corua Aproveitemos que A Corua nos ofrece os mellores museos de Ciencias de Galicia, e dos mellores de Espaa. Un da completo aprendendo e gozando no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxa, a Casa das Ciencias, o Domus e o Acuario. Descubrir o ceo con outros ollos, achegarse actualidade cientfica, aprender mis sobre o noso corpo, mirar o ocano como o Capitn Nemo, coecer especies marias e mesmo saborear a riqueza da nosa costa, xunto coa observacin de miles de obxectos cientficos, enchern de ledicia e cultura os nosos ollos.

Para ler

Para facer

Da lingua

Mellor en equipo

No nmero anterior, nesta mesma pxina, diciamos que, nos ltimos anos, en Galicia o debate sobre o ensino non xirara ao redor do pedagxico, senn do lingstico, e explicabamos que a controversia foi tal que xerou unha especie de tornado que arrasou todos os acordos. No centro desa treboada foron situados, por veces, e sen que eles o pretendesen, os Equipos de Normalizacin Lingstica (hoxe chamados Equipos de Dinamizacin da Lingua Galega). O seu traballo foi posto en cuestin, e algunha xente incluso se atreveu a propoer a sa desaparicin. O que desgraciadamente non se dica nese debate que detrs da vida cultural dos colexios e institutos est, en moitas ocasins, o traballo calado e constante dos equipos de normalizacin. Detrs da edicin de blogs, dos encontros con escritores/as, do saman, de centos de concursos, das obras de teatro, da revista escolar ou desta mesma revista que ests a ler agora, est o esforzo xeneroso de moito profesorado, alumnado e persoal dos centros. E que os equipos veen sendo, dende a sa creacin no curso 19901991, moito mis ca un rgano destinado promocin da nosa lingua. Grazas a eles en Galicia hai moito tempo que se fai aprendizaxe cooperativa (s veces incluso sen ser conscientes diso), que ciclos e/ou departamentos traballan de maneira coordinada, que o alumnado ten ocasin de desenvolver competencias activas Por iso nestes tempos de titulares e mensaxes simples hai que, como tamn diciamos no nmero anterior, reflexionar sobre estas cousas e pensar cales son os intereses que se agochan detrs destes debates.

You might also like