• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
MANIFESTO ELECTORAL PARA UN NOVO FUTURO DE GALICIA
 Estas serán as miñas principais liñas de goberno: 1.Chegou o momento de que a loita contra AS CRISES e contra a ameaza de DECADENCIACOMO COMUNIDADE serán as nosas prioridades irrenunciables. E dicimos, AS CRISES ENPLURAL, Porque témos unha crise económica, pero tamén POLÍTICA. . Porque no transfondo dacrise económica latexan as carencias de responsabilidade e unidade política. Esta crise non só é financeira, senón tamén de base productiva e requirirá de. austeridade nas institucións públicas,. reestructuración da estructura económica,. cambios nas prioridades do gasto público,. reformas estructurais en educación e formación profesional,. alixeiramento da carga impositiva das familias,. acordos entre administración e forzas sociais,. defensa dos dereitos financieiros de Galicia fronte ao Estado que está privilexiando áscomunidades españolas máis poboadas e desenvolvidas,. potenciación das infraestructuras arteriais galegas,. reforzo da competitividade de todos os sectores de actividade económica. e un espírito decidido de gañar a credibilidade da poboación para levantalo ánimo, sumar forzas,recuperar a confianza nos gobernantes e protagonizar unha grande e exemplar recuperaciónhistórica.Estamos preparados para afrontar todos os desafíos. 2.CHEGOU O MOMENTO DE SUPERAR OS ANTAGONISMOS E DUALISMOSIDEOLÓXICOS. NON SEGUIREMOS NINGUNHA LIÑA DIRECTRIZ IDEOLÓXICA QUEPREXUZGUE A ANÁLISE OBXECTIVA, REFLEXIVA E CONSECUENTE DOS PROBLEMAS.Vivimos no século XXI, enfrontámonos a problemas radicalmente novos, non podemos confiarnosen visións que sustitúan o esforzo e a análise concreta de cada proxecto, iniciativa ou problema.Somos unha forza humanista e galeguista, que mira a Galicia como unha sociedade aberta, dexentes libres e iguais; en dereitos e deberes. Esa é a nosa forza. As ideas, opinións e ideoloxías, soncompoñentes propios das persoas e grupos que forman a sociedade.Pero non deben ser liñas de demarcación insalvables, murallas para o entendemento, factores dedivisión irreparable.A crise actual tennos demostrado que temos que REFUNDAR O SECTOR PÚBLICO e temos queIMPULSAR AO SECTOR PRIVADO PARA QUE SE RENOVE E REXENERE moitas das súas pautas de acción. Requerimos de cambios xerais en tódalas esferas da nosa sociedade. Nonafrontaremos as crises sen unha conciencia xeral da necesidade de cambios serios, reflexivos e profundos en todas as súas facetas. 3.Chegou o momento da igualdade real, de que a muller ocupe o papel que lle corresponde, e iso
 
tamén como necesidades ética, socioeconómica e cultural dunha sociedade que ten na muller á súacolumna vertebral.4.Chegou o momento dunha NOVA COHESIÓN INTERXENERACIONAL, de respecto, afecto ecoidado recíproco entre os galegos de distintas idades. Entre avós, pais e fillos; entre mozos, adultose maiores.Os maiores foron a base do que temos acadado; os adultos son os que o continuaron e preservaron;os mozos son os que o desenvolverán no futuro. Debemos vernos na continuidade real da historia,sentirnos responsables do futuro; e pensar nos galegos que aínda non naceron. Deixarlles unha terra,unha sociedade, da que poidan sentirse orgullosos.O noso exemplo debe ser o noso mellor legado. 5.CHEGOU O MOMENTO DE RECOÑECER QUE TODOS SOMOS NECESARIOS E TODOSSOMOS IMPRESCINDIBLES.Todos somos necesarios e todos somos imprescindibles. E como esta é unha verdade elemental, haique facer unha POLÍTICA ECONÓMICA PARA TODOS, QUE RECOÑEZA A NOSASUSTANCIAL COMPLEMENTARIEDADE.Recoñecer a interdependencia socioeconómica, o noso vivir e traballar comúns, require acoherencia da seriedade, da competencia, da profesionalidade pública. Hai que atender a todos cunPLAN CONXUNTO, cun PROGRAMA GLOBAL DE ESTABILIDADE E RECUPERACIÓN.O Partido Popular soubo facelo, tivo a valentía para facelo en 1.996 cando se dicía que a criseinternacional era un problema xeral insalvable. Volveremos asumir o desafío e EN 2.009GALICIA, SERÁ EXEMPLO DE COMO DEBEN ATENDERSE OS INTERESES DE TODOS 6.CHEGOU O MOMENTO RECUPERAR O SENTIDO FECUNDO DAS LEIS, DAS NORMASXUSTAS, DAS REGRAS DA CONVIVENCIA. Son o gran capital que permite erixirnos ensociedade civilizada. Unha sociedade libre é unha sociedade de cidadáns cumpridores da lei, e a leié a verdadeira salvagarda da seguridade colectiva. AS LEIS CONSTITÚEN UN GRAN CAPITALCOMÚN.E os políticos, os responsables das institucións, debemos dar exemplo, ser a vangarda do bocomportamento legal, do exemplar funcionamento dos gobernos do pobo. 7.CHEGOU O MOMENTO DE RENOVAR O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA.CONVERTER AOS 90.000 EMPREGADOS PÚBLICOS GALEGOS nunha das palancasfundamentais da acción pública, da dinamización, do estímulo a tódolos cambios non é unha proposta utópica; é o imperativo máis realista que se debe propoñer un goberno cuxo brazodeliberativo, técnico, reflexivo, público e actuante, desenvólvese a través das persoas que forman ocorpo de servidores públicos. 8.CHEGOU O MOMENTO DO IDIOMA GALEGO COMO MOSTRA DA NOSA RIQUEZA,sinal de identidade e medio de conversación, de comunicación e expresión do noso talento. Temosque amalo e usalo como medio de integración, respecto e deferencia. NUNCA UTILIZALO COMOARMA DE IMPOSICIÓN, NIN FOMENTALO POLA FORZA, NIN CONSENTIR A SÚAPROHIBICIÓN OU MENOSPREZO. Non podemos permitirnos que a nosa principal referencia identitaria se convirta no medio de
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...