2 abril 2004Páxina 2
EDITORIAL
O Provisional
o xornal escolar:vehículo de comunicaciónentre o centro e as familias
Como adiantabamos no titular do número anterior de
OProvisional,
no mes de decembro pasado, constituíuse oConsello Escolar Municipal coa composición marcadapola normativa vixente.Na sesión inicial, celebrada no salón de plenos doConcello, presidida polo Tenente Alcalde Francisco LuísGuerreiro, fixáronse os temas a desenvolver ó longo dastres sesións que se pretenden realizar durante este cur-so 2003-2004, sinalando como máis importantes osseguintes:- Estudio do mapa escolar para delimita-las zonas deinfluencia dos colexios de primaria e, consecuentemen-te dos institutos, á vez que se tratará sobre servicioscomo orientación, comedor e transporte.-Uso de instalacións compartidas entre o Concello eos centros de ensino; aquí tratarase con especial énfaseo uso do Colexio Lois Tobío durante o verán.-Escolarización de colectivos desfavorecidos.-Prezos do transporte escolar non obrigatorio.-Actividades extraescolares.Para levar a cabo estas accións contarase coa propostainicial de tres comisións creadas ó efecto, nas cales es-taremos presentes.
CONSELLO ESCOLARMUNICIPALPREMIOS DE NADAL
Dentro do plan de actividades de final de trimestre,coincidindo co inicio das vacacións de nadal, houbo dife-rentes concursos de engalanamento das aulas, panxo-liñas, narración, poesía, etc.O primeiro premio de engalanamento foi para a aulaB-10 de 2º de ESO B da titoría de Alicia García.Os gañadores de panxoliñas foron os alumnos de 1ºde ESO A coordinados pola profesora de Música e Titorado grupo, Sandra Casariego Guerreiro.Tamén levaron un premio de creatividade os alumnosdo grupo 2º D.
-máis fotos na páxina 5-O Director
Se acaso, unha das maiores potencialidades que podemos atopar neste xornal escolar é a utiliza-ción que vimos facendo del de cara a que sexa, ávez que un instrumento que sirva para contribuír ánormalización lingüística, pedagóxico, e de parti-cipación, unha canle aberta de comunicación coas familias. Por iso, en cada número editado, se foronincluíndo aspectos relacionados coas diferentesmodificacións dos plans de estudios, alusións ásobras e reformas realizadas nas instalacións, noti-cias relacionadas coas actividades extraescolarese complementarias, premios, estatísticas, etc., en de- finitiva, temas que consideramos de moito interese para os pais.Cremos que esta liña aberta debe continuar aíndaque somos conscientes de que debemos seguirmellorando, sobre todo no apartado de participa-ción que, áinda que é ampla, gustaríanos que au-mentase, sobre todo entre o alumnado e as propias familias ás que aproveitamos para brindárlle-la posibilidade de que fagan chegar as súas cartas,artigos, etc.para seren publicados.Temos que dicir tamén, que nos gustaría podersaír á rúa con maior frecuencia (como é sabido a periodicidade é trimestral), polo menos unha vez ómes; pero para iso atopamos moitos atrancos, undeles é a financiación: ata o de agora utilizamosbasicamente os recursos asignados ó equipo de nor-malización lingüística, pero moitas veces tivemosque recorrer a doazóns da APA, ou de empresas privadas, por ser aqueles insuficientes.Considerando, por tanto, que a existencia de "O Provisional" contribúe dun xeito importantes ámellora da comunicación entre o propio centro eas familias, polo que imos facer un esforzo porseguir neste empeño de saír á rúa, como mínimo,como facemos ata agora, unha vez ó trimestre, eintentar seguir incluíndo temas que sexan do in-terese de todos. Non é doado permanecer ininterrompidamentedez anos, - a experiencia amósanos que son moitosos xornais escolares que se comezan a editar e poucos os que sobreviven- pero por ilusión detódolos que participamos habitualmente na súa con- fección non vai quedar.
Leave a Comment