18 marzo 2005Páxina 2
EDITORIAL
Agora que esperamos cambios lexislativos, e por se non se recollentodas as nosas expectativas, sería moi útil para calquera de nós quenos centraramos cada quen no seu círculo de influencia, nas cousasque podemos mellorar dentro do noso alcance diario, como fai oequipo de persoas deste Instituto que organizadamente traballan nadetección das áreas de mellora necesarias para o aumento do prestixioa longo prazo da nosa organización, en beneficio da mellora conti-nua do noso sistema de ensinanza e traballando para consolidar, unano máis, a certificación de calidade que acadamos tres institutos públicos da Comunidade Autónoma, e pola que están a traballar uns trinta centros máis.É polo que nos concederon tamén o premio ás mellores actuaciónsde calidade en educación 2003-04, con outros catro centros a nivelde todo o Estado Español. Hai miles de cousas que podemos facer no noso posto de traballosen necesidade de pensar en asuntos que non se atopan ó nosoalcance, aínda que non dubido que algúns dos profesionais da nosaorganización terían capacidades de sobra para desenvolverse nunnivel de decisión superior. Dedicándonos a traballar dentro do noso círculo de influencia podemos acadar os maiores niveis de satisfacción co noso servicio ásociedade e tamén satisfacer as expectativas dos alumnos ós queensinamos. Como afondamos máis aló do que chegan a regular esnormativas xerais e como o facemos para satisfacción de todos,necesariamente se ampliará o noso círculo de influencia, sendo esteampliado cada vez que conquistamos unha nova maneira de facer mellor as cousas de cada día. Nas pasadas semanas celebramos as nosas auditorías internas quenos serviron para detectar áreas de mellora. Nestas auditorías parti-ciparon, como auditores e auditados, a terceira parte do persoal donoso Instituto, dando mostras dunha profesionalidade excelente edentro dun clima de normalidade que só posúen as melloresorganizacións.A partir desta valiosa información debemos de actuar con acciónsque nos permitan mellorar pequenas cousas que estabamosdescoidando sen darnos conta.Gracias dende aquí a todos os profesores que traballaron dende o primeiro intre convencidos do noso éxito e gracias tamén ós que fixeron o esforzo de integrarse vencendo inercias e pasando por encima das súas propias conviccións para dar un paso integrador en favor da nosa colectividade.O seguinte paso do noso sistema debe ir ampliándose na direcciónde mellorar a convivencia dos alumnos atendendo a mellorar arelación entre persoas, entre grupos e entre profesores e alumnos, a fin de que os alumnos se mostren máis receptivos e polo tanto sexamáis doado impartir as clases por parte dos profesores e ó mesmotempo se atopen mais motivados os alumnos a recibilas.Unha importante área de mellora na que traballar é a detección eresolución de pequenos conflictos dos alumnos. Debe ser posiblechegar a acordos con eles para mellorar a situación sen necesidadede tomar medidas maiores. Cando se ten que chegar á expulsión dunalumno é que xa se rompeu a comunicación e pode que se estea aromper os poucos fíos de conexión que a este lle unían á clase,dalgunha maneira o sistema educativo falla. Isto non quere dicir quechegado o caso non dispoñamos de ferramentas regulamentarias para a aplicar, por iso se están estudiando melloras de regula-mentación interior que concreten as accións a desenvolver a partir de faltas cometidas polos alumnos.Espero que os alumnos nos fagan chegar propostas sobre como podemos entre todos mellorar temas como a limpeza do recinto, oalto nivel de ruído que provocan nos corredores os alumnos antes deentrar na clase, ou as agresións ó mobiliario.Eu penso que entre todos podemos mellorar sen castigar. Que así sexa.
Celebrando o San Xoán Bosco
O Director: Juan J. Pardo
O Provisional
Rúa: Misericordia, 58 * 27850 - VIVEIRO (Lugo)Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06 Móbil: 696.25.76.13
E-mail: ies.maria.sarmiento@edu.xunta.es http://www.iesmariasarmiento.net
Impreso, en papel reciclado, nos talleres de PUBLILARMagazos - Viveiro * Depósito Legal: LU-402-94Viveiro, 18 de marzo de 2005
ANO XII, NÚMERO 32
TIRADA 900 EXEMPLARESDISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e profesores:820 exemplares, por correo a antigos profesores, institucións,centros e medios de comunicación: 80
SUBVENCIONA:
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DOIES MARÍA SARMIENTO
O Provisional
O persoal xubilado do IES María Sarmiento celebrou o patrónSan Xoan Bosco o pasado 31 de xaneiro, como é habitual,despois de oír misa oficiada na capela da Residencia Betania.Na foto podemos ver a Generoso Martínez Míguez e José VeigaCandia, ámbolos dous xubilados no IES Perdoudo de Burela, logode estaren destinados no noso centro, xunto con Humberto delRío Vieira
(de esquerda a dereita na parte superior).
Abaixo, na mesma orde, están: Ramón Barro Gómez, EnriquePérez García, Isabel Cruz Chaves, Olga Rúa Trigo, Modesto PrietoChao, Emilio Casariego Carballés, José Antonio Chao Batán, ÁngelRodríguez Vázquez, Pedro Álvarez Expósito, Andrés GarcíaVázquez e Amado Aguiar Aguiar.
COLABORAN NESTE NÚMERO ALUMNOS:
Antía Yáñez, Jesús Rivera Lamelas, Adrián Míguez,Marta Ladra, Sandra García, Ariana González Ana Belén Dablanca, Pablo Escourido
PROFESORES:
Xosé Cabana Cabana, Manuel A. Alonso López-LeitónTeresa Escudero, José Mª Leal López,Gema Rena Monteserín
PERSOAL NON DOCENTE:
Javier Caneda, José López Peña
PROFESORES DOUTROS CENTROS:
Cándido Dacosta Lago
COORDINACIÓN E MAQUETACIÓN:
Néstor Timiraos Labaen
Leave a Comment