You are on page 1of 1

6 >> sociales

mircoles, 23 de febrero del 2012 | la voz de la escuela

A corrupcin ao axexo
Os casos multiplcanse e crean unha inquietante alarma social
Calquera medio de comunicacin que abramos remtenos na actualidade a unha innidade de casos de corrupcin. Os nomes dos procesos acaparan os titulares de todos eles. Operacin Carioca, Campin, Pokmon, Grtel, Liceo, Fundacin Nos, caso Pallerols, caso Baltar, etctera. Parece que nos movamos nun ocano de fraude. Anda que non sexa as e esa impresin sexa a consecuencia da notoriedade que cada un dos casos alcanza pola alarma social que produce, estamos nunha situacin que xustica unha reexin sobre o fenmeno. O chamado Estado do benestar ofrece aos cidadns unha gran cantidade de servizos. Que sexa o Estado quen ofrece estes servizos ten a vantaxe de que cheguen a todas as persoas. Iso pasa actualmente con aspectos tan importantes da nosa vida como a sanidade e a educacin, s que todos os espaois temos garantido o acceso. Non hai moitos anos tias que pagar para ir ao mdico ou para asistir escola e, se non tias dieiro, s quedaba o recurso benecencia, dicir, que algun che ofrecese ese servizo como unha esmola. O mesmo pasa con outras moitas cousas como a construcin de vas de comunicacin, autoestradas, vas frreas, aeroportos, limpeza e iluminacin das cidades. O Estado responsabilzase deses recursos. Para prestar todos eses servizos, o Estado cbranos impostos e unha parte importante deses ingresos emprgaos en contratar a empresas que executen todo o necesario para prestalos. Por pr un exemplo, se o Estado quere construr unha lia de alta velocidade que nos leve desde Galicia a Madrid en tres horas, ten que contratar a varias empresas que fagan todas as obras necesarias para construr a lia, facer os tneles e viadutos, o tendido elctrico, comprar os trens... Por iso o Estado un gran contratista, o maior do pas, con gran diferenza.

PRADERO

A investigacin dos delictos de corrupcin require a incautacin e o estudo de moita documentacin

O CALDO DE CULTIVO Desta necesidade de contratar empresas dervase un gran perigo que axexa a todas as democracias do mundo. O mesmo que os particulares cando queremos comprar algo samos ra e miramos escaparates, entramos en tendas, preguntamos prezos, probamos, analizamos a calidade do produto, en denitiva, escollemos entre todas as opcins que se nos presentan a que nos convea mis, as Administracins pblicas tamn deben elixir hora de contratar entre unha variada oferta de empresas. No caso dos particulares, o proceso que se establece para convencer os compradores a publicidade. Os anuncios crbannos con promesas de mocidade e beleza eternas, xitos sen n e enormes vantaxes para convencernos da conveniencia de

comprar un produto. Pero no caso da contratacin pblica as empresas poden tratar de seducir a quen teen a responsabilidade de decidir sobre a seleccin mediante toda clase de ddivas entregadas baixo corda, e iso a corrupcin. Os polticos e os funcionarios responsables das contratacins son quen estn expostos tentacin e as empresas son, con frecuencia, as tentadoras. Canto maior o volume de contratacin dunha Administracin, mis grave o risco de corrupcin. Os Estados democrticos que prestan cantidades inxentes de servizos sofren grandes riscos de corrupcin. Por iso os procesos de contratacin estn rexidos por leis moi minuciosas que pretenden evitar ese risco. As consecuencias mis graves da corrupcin son o aumento dos custos dos servizos ou a diminucin da sa calidade, as

como o atentado contra a libre competencia e a igualdade de oportunidades das empresas. En Espaa existen esas leis e son estritas e minuciosas. Na maior parte dos casos conseguen o seu obxectivo e os procesos de contratacin son xustos e transparentes, pero sempre hai algun que se pasa de listo e atopa o medio de burlar as normas. O importante estar alerta e que as institucins encargadas da vixilancia sexan capaces de detectar eses casos. En realidade o que est a ocorrer con todos eses procesos famosos, que estn a ser investigados e xulgados porque foron descubertos. Iso quere dicir que o sistema est a funcionar e que a sociedade se est defendendo contra os abusos duns cantos.

> Fernando Pariente

A tipificacin dos delictos


Na informacin dos medios aparecen conceptos e termos xurdicos que non sempre sabemos con exactitude que significan. Vexamos algns deles para entender mellor de que se acusa en cada caso. MALVERSACIN DE FONDOS PBLICOS. a utilizacin dun dieiro destinado a un fin para outra cousa. Supoamos que o orzamento municipal fixa unha partida de 50.000 euros para bolsas de comedor escolar, pero o alcalde decide investilos na compra dun coche para a alcalda. Iso un delito de malversacin de fondos. Aditano cometer os polticos ou os funcionarios, anda que non sempre, porque o que define o delito que os fondos sexan pblicos e hai persoas privadas que poden manexar fondos pblicos provenientes, por exemplo, de subvencins. Unha oenegu, por exemplo, que gastase o dieiro para outra cousa distinta de para o que solicitou o dieiro. PREVARICACIN. a adopcin por parte dunha persoa con autoridade e no exercicio do seu cargo dunha resolucin ou fallo inxusto nun proceso administrativo con coecemento e conciencia da sa inxustiza. Este delito, xa que logo, s o pode cometer unha persoa pertencente Administracin pblica, sexa poltico ou sexa funcionario. Cometerao un xuz que ditase unha resolucin inxusta sabendo que o . Tamn o delito tpico da adxudicacin dun contrato cando se adxudica a unha empresa que presente unha oferta que cumpre peor que outra as condicins previstas no concurso pblico. SUBORNO. a aceptacin dun dieiro a cambio dunha colaboracin para conseguir algo. Con frecuencia o obxecto da colaboracin non constite ningn delito: pode ser acelerar unha tramitacin, evitar unha denuncia, priorizar unha empresa na adxudicacin dun contrato... E o suborno pode ser en dieiro ou en especie. O suborno pasivo cando o suxeito do suborno simplemente recbeo. activo cando a iniciativa parte del e esixe que se lle entregue o suborno para actuar en consecuencia. En ambos os casos trtase dun delito, anda que vare o grao de gravidade das penas impostas por el. s veces non resulta sinxelo establecer a fronteira entre o que poida considerarse un agasallo socialmente aceptable e o un suborno en especie. Por iso conveniente aplicar o sentido comn e fuxir dos extremos entre unha concepcin talib da xustiza e unha manga ancha compracente co delito. TRFICO DE INFLUENCIAS. a utilizacin do prestixio persoal que se deriva dun cargo pblico para obter favores ou vantaxes. O que habitualmente chamamos recomendacin pode converterse nun delito cando o que recibe a presin perde a liberdade de negarse a cumprir os desexos do solicitante. Se, ademais, aparecen polo medio ameazas, o delito convrtese en extorsin.

> ACTIVIDADES
1. Realizade un seguimento
dos principais casos de corrupcin que aparecen nos medios de comunicacin. Reflectdeo sobre un mapa de Espaa.

2. Recollede toda a informacin


que atopedes sobre o caso mis prximo ao voso centro escolar. Observade que os medios de comunicacin non presentan todos os datos, que falan de presuntos culpables, que, de cando en vez, indican que obrigada a presuncin de inocencia e que tamn advirten de que o procedemento est suxeito ao segredo do sumario. Investigade que significan eses conceptos e cal , en consecuencia, a actitude que debemos adoptar os cidadns en relacin con estas informacins.

You might also like