You are on page 1of 2

V CERTAME DE RELATO “A CARAMIÑA”

Bases

Participantes: alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio e Post-


obrigatorio que curse estudos no presente ano académico 2008/2009
na comarca da Barbanza (A Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia,
Lousame e Porto do Son).

1. Categorías

 Categoría Gamela: alumnado de 1º e 2º da ESO


 Categoría Dorna: alumnado de 3º e 4º da ESO
 Categoría Paquebote: alumnado de Bacharelato e Ciclos
Formativos.

2. Modalidade: relato curto de intriga escrito en lingua galega.

3. Extensión máxima: cinco folios.

4. Presentación: os aspirantes enviarán orixinal e catro copias da obra,


que ha de ser orixinal, inédita e non premiada noutros concursos.
Presentarase en tamaño folio DIN A4, con tipo de letra Arial, tamaño
11, a dobre espazo, impresos por unha soa cara, debidamente
grampadas ou encadernadas. En cada traballo figurará un
pseudónimo ou lema en lugar do nome real do autor, así como a
categoría en que concursa. Os datos persoais (nome, idade, enderezo,
teléfono, curso e centro onde cursa estudos) deberán ser introducidos
nun sobre pechado que acompañará os traballos, e levará escrito no
exterior o pseudónimo e o título da obra.

V Concurso de relato breve de misterio “A Caramiña”


I.E.S. da Pobra do Caramiñal 2008/2009
5. Prazo e lugar de entrega: a data límite de presentación das obras
será o mércores 1 de abril de 2009, e han de ser enviadas ao seguinte
enderezo:
Concurso literario A Camariña
I.E.S. de A Pobra do Caramiñal
Xobre-Maño, s/n
15 940 A Pobra do Caramiñal.

6. Premios: a contía dos premios será:


 Categoría Gamela: 150 euros.
 Categoría Dorna: 180 euros
 Categoría Paquebote: 200 euros

7. O Xurado estará constituído por cinco membros da Comunidade


Escolar do I.E.S. da Pobra do Caramiñal. Se na opinión do xurado a
calidade das obras así o requerise, poderán outorgarse accésit ou
deixar os premios desertos. Correspóndelle ó Xurado a interpretación
das presentes bases, as cales, xunto co fallo, serán inapelables.

8. O fallo darase a coñecer dentro dos actos da Semana Cultural que


terán lugar no I.E.S. de A Pobra do Caramiñal, concretamente o venres
3 de abril de 2009. Os relatos gañadores publicaranse na revista A
Tabarra dixital (http://atabarradixital.blogaliza.org).

V Concurso de relato breve de misterio “A Caramiña”


I.E.S. da Pobra do Caramiñal 2008/2009

You might also like