• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • 1
    CommentGo Back
 
 
TOPONIMIA GALEGA
1
 
Τόπος
é un termo grego que significa “lugar” e
ὄνομα
( de onde deriva*onimia) significa “nome”.
Toponimia
é, polo tanto, o conxunto dos nomes de lugar,unha parte da Onomástica como a Antroponimia. O estudo da toponimia é moiinteresante xa que nos permite saber que significaba orixinalmente
Vigo
ou tratar decomprender por que se chamaba así
Ferrol
. Os topónimos veñen de moi antigo e, nonsendo os nomes das rúas das vilas, son a parte máis conservadora do idioma: por iso ostopónimos conservan información sobre o noso pasado que doutro xeito xa nonteríamos:
Cebreiro
e
Oseira
son indicios de que neses lugares houbo respectivamenteasnos bravos/acevos (??) e osos.A toponimia galega é a máis abondosa da Península, quizás pola dispersión da poboación e polo minifundio: hai quen afirma que temos máis de tres millóns detopónimos. Adóitase dividir a toponimia galega en dúas grandes etapas: antes de Romae despois de Roma, cada unha delas coas súas características propias.I. A prerromana é:
 
Menos abundante.
 
Poucas veces conectada coa lingua actual.
 
Escura no seu significado.
 
Cunha raíz pouco alterada e fácil de identificar.
 
Adoitan ser orónimos e hidrónimos.II. A posromana presenta características opostas ás mencionadas antes.Dentro de cada unha destas etapas non sempre é fácil determinar os distintosestratos. Así na etapa prerromana, canto máis lonxe esteamos de Roma, menoscomprometedora aparece a nomenclatura. Os nomes celtas que aparecen nas inscriciónslatinas están pouco estudados, pero menos se sabe aínda de lígures, ambróns e ilirios. Éconveniente, como principio de orde e método, agrupalos en series, tanto polas súasterminacións en – 
obre
/– 
ebre
(
Sillobre
,
 Alcabre
), – 
ove
(
 Lestrove
), – 
oña
/– 
oño
(
 Baroña
,
 Ledoño
), – 
año
/– 
aña
(
Meaño
,
Moraña
); como pola sílaba inicial do radical (
 Lestedo
,
 Lestido
;
Silleda
,
Silleiro
,
 Arnoia
,
 Arnego
, etc.)Despois de Roma o camiño é ben diferente e son moitas as referencias, xa que olatín é unha lingua ben estudada. Así poden formarse grupos que se refiren a formas deestablecemento humano ou tipos de poboación (
Castrelo
), á fundacións ou edificacións(
Castro, Moimenta
), a establecementos industriais (
 Fornelos
,
Telleira
), á topografía ouconfiguración do chan (
 Insua)
, á constitución do terreo (
 Lousada
), á hidrografía(
Caldas
,
 Fonsagrada
,
 Ribadavia
), á flora e cultivos (
Carballiño
,
 Freixeiro
,
 Louredo,Maceda
), á fauna e animais domésticos (
 Leboreiro
,
 Lobeira
,
Oseira
), a vías de
1
Cf. Moralejo Laso, A.,
Toponimia Gallega y Leonesa
. Santiago de Compostela, 1977; Rivas Quintas,E.,
Toponimia de Marín
. Santiago de Compostela, 1982; Cabeza Quiles, F.,
Os nomes de lugar 
. Vigo,1992; Ferro, X. et alii
 , De onte a hoxe
. Latín II BUP. Vigo, 1993; Almeida Fernandes, A. de,
Toponímia portuguesa.
Arouca, 1999; Navaza Blanco, G.,
 Fitotoponimia galega
. A Coruña, 2006; Cabeza Quiles,F.,
Toponímia de Galicia
. Vigo, 2008.
 
Departamento de Latín -2-
comunicación (
 Estrada
,
 Pontevedra
,
 Ponteceso
,
 Portela
) , a fundacións relixiosas enomes de santos (
Capela
,
 Eirexa
,
Milladoiro
,
Mosteiro
,
Santiago
), a fundadores ou propietarios de terras que deron lugar a aldeas e pobos actuais (
Marín
,
Moeche
,
Moure
),etc. Os topónimos xermánicos son, case na súa totalidade, antropónimos posesores(
Sabarís
). Os de orixe árabe son escasos e desconectados, unha vez impostos, da súaorixe.1.
 
 A Coruña
: probablemente de
Clunia
. Aparece xa na Idade Media como
Crunia
/
Curunia
. A presenza do artigo pode indicar que ata temposrecentes fose un nome común. Hai quen sostén que a orixe latina é
colonia
.2.
 
 Aciveiro
: O
ilex aquifolium
(esixe unha variante latina con
aci
- como primeiro elemento,
acicŭla
/
acucŭla
) recibe en galego as denominacións de
acevo
,
acivo
,
acevro
,
acivro
e outras formas derivadas. En portugués adenominación común é
azevinho
, en castelán é
acebo
. Os derivadosmediante o sufixo – 
ariu
poden ter valor colectivo ou representar o nomeda planta. Pode confluí na toponimía con zootopónimos derivados de*
eciferu
(<
equu feru
), cf. infra
Cebreiro
.3.
 
 A Estrada
: de (
viam
)
stratam
, nome alusivo aos diferentes “estratos, ouniveis” con que os soldados romanos construían as vías (cf. inglés
 street 
ealemán
 strasse
).4.
 
 Armenteira
: de
armentariam
e este de
armentum
“grea” ou “rabaño degando maior”.5.
 
 Astorga
: procede do lat.
Asturica Augusta,
capital da circunscriciónastúrica. Posiblemente deba a súa orixe ao acantoamento da Legio XGemina.6.
 
 Bembibre
: Posturas enfrontadas en canto a este topónimo: por unha bandaos que ven no étimo unha procedencia prerromana,
Paemeiobris
“fortalezaentre ríos” (o Bronce de Bembibre, León, fala duns
Paemeiobrigensis exgente susarrorum
), e por outra os que o fan derivar de
Bene vivere
“benvivir”, expresión latina medieval (cf. o documento de 1179 relativo á parroquia viguesa de Bembribe) que faría referencia á “bondade do terreo”(cf. infra
bonam vallem
>
 Bonaval 
)7.
 
 Bierzo
: Prerromano, de
Bergidum
( do céltico
berg
“montaña”?), conditongación do e breve tónico, proceso estraño ao galego e próximo aoastur-leonés.8.
 
 Bonaval 
: de
bonam vallem
“val bo”.9.
 
 Braga
: Palabra prerromana, era
Bracara
, convertida despois das guerrascántabras
Bracara
 
Augusta
, capital do
conventus iuridicus Bracarensis
.10.
 
Caldas/Caldelas
: derivan respectivamente de
(aquas) calidas
e do seudiminutivo
calidellas
para referirse a presenza de “augas quentes,termais”.11.
 
Cartagena
: do púnico
Cart-Hadaschat/Quart Hadast
(277 a. C.) “Cidade Nova”. Cf. as súas denominacións baixo a dominación romana – 
CarthagoNova – 
e a árabe – 
Cartadjanah –.
12.
 
Castrelo
: diminutivo de
castrum
“castro, cidade alta e fortificada”, fronteao pl.
castra
“campamento militar”.13.
 
Cebreiro
: Non se pode precisar se pertence ao mesmo tema que
aciveiro
,
acevreiro
,
acivreiro
ou é un zootopónimo de *
ecifĕru
: o medio ou hábitat
 
Departamento de Latín -3-
desta especie equina viña coincidir practicamente co desta especie vexetalcf. G. Navaza,
op. cit.
,
 s.v
.)14.
 
Celanova
: O étimo
cella
, presente na primeira parte do topónimo, tivo enlatín medieval o significado de “mosteiro” ou “dependencia” deste,ademais de seguir conservando o seu significado orixinario de “celeiros oulugares de almacenamento”. Tanto na
Cillanueva
leonesa como na
Celanova
galega existen importantes asentamentos monacais que certificana presenza de mosteiros “novos” na súa época, cenobios e incluso primitivas
celas
de anacoretas.15.
 
Cimadevila
: composto latino-romance cima (< latín
cyma
“cima”) de vila,que fai referencia a situación do lugar.16.
 
Chantada
: de
plantatam
“plantada”.17.
 
Compostela
: é un dos topónimos galegos máis discutidos, sobre todo pola posibilidade de relacionalo co sepulcro do apóstolo Santiago. Ata o s. Xnon atopamos mención dun
suburbio Compostella
, é dicir, unha parte davila que se chama así e que algúns sitúan na zona do Franco. Desde o s. XIo nome esténdese a toda a vila:
 
Carácter popular ten a súa procedencia de
campus stellae
 “campo da estrela”.
 
 No século XI-XII fálase de
compositum tellus
“terra compostaou fermosa”.
 
 No XII afírmase que
Compostella, id est bene composita
. Etamén se vincula co nome dunha muller chamada
Compostella
  presuntamente vinculada á prédica do apóstolo.
 
Foi moi aceptada a interpretación de “viliña (-
ella
) ben feita”, probablemente despois da reconstrución do s. XI.
 
O termo
compositum
tamén fai referencia a “enterrado, lugar onde está enterrado”.
 
Outros autores defenden que se trata dun étimo pre-xacobeo, xaque aparecen máis
Compostelas
por Galicia (no Bierzo haiunha
Compostilla
) e fano derivar dun composto céltico de
comboros
“cascallos” e
steel
“ferro”, algo así como “cascallalde minas e ferrerías”.De calquera xeito imponse maioritariamente a orixe latina: “¿(vila) benfeita ou terra amoreada, enterramento?”18.
 
Córdoba
: do lat.
Cordŭba
, sería esperable, pois, unha forma *Cuerva, coa perda do
ŭ
breve átono interior.
Córdoba
é, polo tanto, un semicultismo deintención probablemente eufemística. O seu significado máis probable é“outeiro cerca do río”.19.
 
Couto
: do latín
cautum
“lugar cercado”.20.
 
 Donostia
: Vila medieval fundada cara 1180 por Sancho o Sabio, debe asúa orixe a un mosteiro consagrado a San Sebastián que se atopaba no quehoxe é o barrio de El Antiguo. O nome como tal procede do latín
SanctusSebastianus
a través do euskera:
 Donasa(b)astiai
>
 Donasatia
>
 Donastia
 >
 Donostia
(cf. Koldo Mitxelena,
 Apellidos Vascos
. 1953, p. 96)21.
 
 Feáns
: do plural latino
 fenales
, derivado mediante o sufixo
-ale
de
 fenu
"herba segada e seca para alimentar o gando". Presenta na toponimía asvariantes
 Fiás
,
 Feás
,
 Fiais
e
 Feáns
.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...

Moitisimas grazas por compartires este estupendo traballo. Tamén os outros documentos que colgaches estanme a servir de moita axuda para o traballo da aula en 2º de bacharelato. Gracias de verdade, pensaches en formar parte da wiki do grupo Chiron para a selectividade en Galicia? (http://www.chironweb.org/wiki/index.p... Un saúdo. Ana M. Peña (ies as mariñas de Betanzos)

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...