XORNAL
DE
GALICIA
.
Suplemento de lecer. 13 de febreiro de 2009
2
EXIT
PORTADA
Guerra miúda
P
O PIONEIRO
Warhammer soubo conver-ter os
wargames
nun negocio moi lu-
crativo. As figuras pásanse hoxe de
xeración en xeración. Os rapaces quese inician no hobby refírense a todas
as figuras como Warhammer. Esta
marca é coma o Kleenex dos pañue-
los de papel. Existe un campionatogalego, aínda que dende algunhastendas quéixanse de que non hai unterreo neutral no que libralo
Cando o tenente Von Reisswitz ideou
en 1824 un sistema para o entrena-mento militar e a planificación es-
tratéxica do exército prusiano, nonpodía imaxinar que case dous sécu-
los despois o seu invento derivaríanunha forma de entretemento quexera millóns de euros ao ano. O xo-go do xermano incluía figuras que
representaban as unidades, mapas,
táboas de probabilidade e regras pararesolver os conflitos. Nacía o primei-
ro
wargame
ou xogo de guerra.Un iniciado na materia adverti-
rá nesta descrición unha definición
exacta do célebre xogo Warhammer,
que usa miniaturas cunha aleaciónde chumbo e estaño para librar ba-
tallas épicas nun mundo de fanta-sía heroica con escenografía feita
polos propios participantes. Pero o
mercado non está copado por este
xigante, aínda que teña o monopo-lio, e son moitas as empresas que se
van facendo un oco entre os afec-cionados máis esixentes.Entre elas atópase unha galega,
que se veu obrigada a traducir o seumanual de regras ao francés e ao in-
glés por demanda dende o estranxei-ro. Neste momento, prepárase a saída
de novos libros en polaco, italianoe alemán, xa que os países con es-tas falas son os que máis interesa-dos están no xogo. A empresa leva
o nome de Corvus Belli e comezou,
como todos os proxectos, con moi-tas ganas e poucos medios.
“Empezamos hai sete anos como
afeccionados aos xogos de rol e ás
miniaturas. Eramos só tres persoas
facendo todo, dende o deseño atéo empaquetado”, recorda Fernan-do, un dos fundadores da empresa.
Hoxe en día son once para as tres li-
ñas de figuras que fabrican e, aínda
que non se van facer millonarios coainiciativa, poden vivir dela. En 2008,
facturaron 300.000 euros.
DA HISTORIA Á SCI-FI
Entrar nun mercado monopolizado
por Games Workshop, fabricante
de Warhammer, era ben complica-
do. “A nosa formación en Empre-sariais axudou”, comenta Fernan-
do. “Estudamos o mercado e vimos
que había unha posibilidade de seintroducir con figuras de tipo his-
tórico”. Estas miniaturas teñen un
público moito máis especializado
que demanda fidelidade á Historia
para reconstruír batallas tiradas dos
seus libros preferidos, no canto defantasear con orcos e elfos.
Con eles en mente, crearon a liñade Corvus Belli, que dá nome á em-presa. Esta inclúe réplicas de celtas,cartaxineses, romanos e até dos sol-
dados que participaron na Guerrados Cen Anos. O éxito foi tal que
non tardaron en sacar adiante figu-
ras alternativas para Warhammer
UNHA EMPRESA DE CANGAS CONSEGUE COLOCAR
OS SEUS PRODUTOS NUN SECTOR MONOPOLIZADO POLA BRITÁNICA GAMES WORKSHOP
OS WARGAMESFALAN GALEGO
OS XOGOS DEGUERRA CONMINIATURAS, UNHOBBY EN ALZA
VÍCTOR PAZ MORANDEIRA.
A CORUÑAvictor.paz@xornaldegalicia.com
CORVUS BELLIENTROU NO MERCADOCON FIGURAS DE TIPOHISTÓRICO E HOXEXA FABRICATRES LIÑASDE GRANDECALIDADE,CON VENDAS ENTODA EUROPA
(Warcrow) e, logo dunproceso de catro anos,lanzaron Infinity.“Pensabamos que osxogos de ciencia-ficciónque había no mercado noneran moi realistas. Imaxina-mos como evolucionará a huma-nidade no futuro e inventamos un
mundo controlado por corporacións
no que varios blocos de poder loi-tan para controlar os recursos doplaneta”, explica Fernando.
O resultado parece excelente. An-drés, da tenda Zónula Catro en San-tiago de Compostela e organizador
de torneos, opina que “é un xogocunhas regras moi realistas, onde
non podes rebentar un tanque cunha
pistola. Ademais, resulta máis eco-
nómico e a escenografía explótasecoma en ningún outro”. Amén.
Este xogo levou os personaxes deWarhammer de grandes escenariosa enfrontamentos urbanosTamén de temática fantástica, estexogo español de marcada estéticaanime é cada vez máis popular
MORDHEIMANIMA TACTICS
A PEQUENA ESCALAMADE IN SPAIN
OS MÁIS XOGADOS N
Leave a Comment