• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
 
RETÓRICA E ORATORIA ROMANAS
I. CUESTIÓNS TÉCNICAS
1. Definición e partes
A definición máis ampla de retórica é a que da Quintiliano como
ars bene dicendi
e
bene dicendi scientia
. A retórica oponse á gramática, que se define como
scientia recteloquendi
. Diferéncianse polas súas
virtutes
: a virtude da gramática é a corrección (
recte
),a da retórica é o
bene
, que afecta non só á parte técnica do discurso, senón tamén áscalidades morais do orador.A definición xeral de
ars bene dicendi
é limitada por algúns teóricos en sentidoespecializado e nunha dobre dirección: 1.- en canto ao campo de aplicación do discurso e2.- en canto a súa finalidade:1.- O campo de aplicación queda limitado mediante a ordenación dodiscurso ás materias de interese xeral, que nos proporcionan a vida pública eas súas condicións políticas e morais.3.- A finalidade do discurso queda circunscrita ao determinarse que odiscurso ten como fin o convencemento, a persuasión do oínte.
2. División da Retórica
 Na ensinanza da retórica tense por costume dividir esta en tres partes:
de arte, deartifice, de opere:
 *
de artifice
: trata do orador e das súas calidades:-
ingenium
: creatividade que necesita ser dirixida; a súa actividade consistena
inventio
 -
iudicium
: dirixe a creatividade, vela polo decoro interno; debeharmonizar co
ingenium
.-
consilium
: observancia do decoro en relación có público; afecta aactividade do discurso.
* de opere
: é a obra realizada polo orador de acordo cos principios da arte.*
de arte
: é a máis importante das tres partes. Segue o proceso de formación daobra, tendo como punto de partida a materia prima da obra, recorrendo etapassucesivas ata acadar o estado de madureza. As regras que fixan a sucesión destasetapas constitúen o capítulo
de arte
.Toda obra de arte por medio da palabra (
opus
) consta de dous elementos:
res
, ousíntese do contido de ideas ou pensamentos; e
verba
, ou formulación desta síntese polalinguaxe.1.
Materia artis
: chámase
materia artis rethoricae
o conxunto de todos os
 
 
 Departamento de Latín - 2
 
 posibles obxectos dun discurso, é dicir, a
res
en xeral. Á cuestión de se tal materia éou non limitada dánselle dúas respostas: a minimalista e a maximalista.2. División da materia: os tres xéneros aristotélicos. A retórica escolar distingue tresxéneros aristotélicos, sempre con dúas funcións:2.1. O xénero xudicial (
genus iudiciale
): coas funcións da acusación e dadefensa, ten como caso modelo o discurso dun avogado ante o tribunal.2.2. O xénero deliberativo (
genus deliberativum)
: coas funcións deconsello e disuasión, ten como modelo o discurso do representante dun partido político diante da asemblea do pobo.2.3. O xénero epidíctico (
genus demonstrativum
): coas funcións degabanza e reproche, ten como caso modelo o discurso solemne dun orador.
3. Teoría da elaboración do discurso
Os dous elementos constitutivos (
res
e
verba
) e as cinco fases de elaboración que selles aplican, atópanse ao servizo do
ad persuadendum accommodate dicere
. O
persuadere
pode dividirse en tres graos de persuasión:
docere, delectare, movere
.1.
Inventio
: é o descubrimento das ideas.2.
Dispositio
: é a elección e a ordenación favorables no discurso concreto dos pensamentos de que dispón o orador, das formas lingüísticas e artísticas.3.
Elocutio
: é a expresión lingüística dos pensamentos atopados na
inventio
.4.
Memoria
: aprender de memoria o discurso.5.
Pronuntiatio
: manter o discurso coa voz e os xestos acompañantes.Partes do discurso(sobre todo xudicial):1. Parte inicial:
exordium, proemium.
Debe orientar a atención, a disposiciónreceptiva e a benevolencia dos xuíces cara o asunto.2. O núcleo do asunto:
propositio
máis
rationes
.2.1.
propositio
: ten por función comunicar o obxectivo da proba dodiscurso.2.2.
argumentatio
: ten a función de levar a cabo as probas. A parte da
argumentatio
que refuta a argumentación do contrario chámase
refutatio
.3. A parte final,
peroratio
, corresponde á
conclusio
e recolle o demostrado na
argumentatio
. Ten dúas funcións:* conseguir o establecemento do grao de certeza;* provocar efectos favorables á parte, que debe impulsar ao xuíz a emitir unfallo favorable.
 
 
 Departamento de Latín - 3
 
II. A CUESTIÓN LITERARIA
1. A oratoria romana anterior a Cicerón.
A oratoria romana anterior ao s. II a.C. é practicamente descoñecida. Cicerón(
Brutus
) reseña uns cantos nomes máis ou menos fiables entre os que destaca Apio Claudioo Cego, que no ano 280 pronunciou un vibrante discurso ante o Senado para que nonfirmase unha paz que el consideraba desfavorable para os romanos.A cabalo entre os séculos III e II viviron os primeiros oradores dos que temos algúntestemuño, directo ou indirecto, de discursos realmente pronunciados.Todos estes discursos pertencían ao xénero das
laudationes funebres
, discursos que acostumaban pronunciar nosfunerais as persoas máis achegadas ao finado e que se conservaban nos arquivos familiares:Q. Fabio Máximo, Q. Cecilio Metelo, L. Emilio Paulo. No século II a oratoria romana vaise consolidar. Non hai dúbida de que con estaconsolidación ten moito que ver a influencia grega. Ao terminar o s. III, co final da 2ªguerra púnica, os romanos dominan xa toda a cunca occidental do Mediterráneo. Entónvolven os seus ollos cara á parte oriental para proseguir a súa expansión. Tres fitosrealmente importantes poden subliñarse a este respecto:1. A guerra contra Filipo V de Macedonia.2. A guerra contra o seu sucesor Perseo, derrotado na batalla de Pidna (168).3. No 146, tras a conquista de Corinto, Grecia convértese en provinciaromana.Á marcha militar de Roma sobre Grecia correspóndelle unha contramarcha cultural deGrecia sobre Roma.A oratoria romana deste século ten os seus principais valedores en dúas figurastotalmente opostas en mentalidade e formación: Catón e Escipión Emiliano. Catónrepresenta a conciencia moral do seu tempo. Cicerón tiña máis de 150 discursos deste ecompárao con Lisias. A concepción moral da oratoria de Catón plásmase na súa definicióndo orador como
uir bonus dicendi peritus.
Escipión e o seu círculo representan aimpregnación da cultura romana pola grega. Pero non son menos romanos que Catón. Aoratoria de Escipión é fina, elegante. Entre os fragmentos conservados destacan os de tonmoral. Íntimo amigo de Escipión é G. Lelio, a quen Cicerón considera superior enelocuencia, e que pronunciou un sentido discurso á morte de Escipión.Outros nomes importantes dentro da oratoria da época son Ser. Sulpicio Galba,Tiberio e Caio Graco. De finais de século son M. Antonio e L. Licinio Craso. Estes dousoradores deixan o terreo sementado para que poida xurdir a figura de Cicerón.
2. CICERÓN e o seu entorno.
Desde a época dos Gracos, Roma, que tivera a mirada posta no exterior, ve remexer no seu interior e cobrar forza progresiva unha serie de problemas sociais e políticos, quevan culminar no século I coa desaparición da República: denúncianse ante o pobo intrigas e proxectos revolucionarios, ambicións de poder e casos de traizón á patria. Expóñense anteos tribunais acusacións de suborno, concusión, etc. A opinión pública apaixonase e empurraaos oradores, que coidan a súa preparación ao máximo. Por outra banda, o
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...