You are on page 1of 7

O DRAMA EN ROMA

I. ORIXES.

Os gregos atoparon a orixe do drama na danza. Para eles danza incluía toda clase de
movemento rítmico significativo. Entre os pobos primitivos danzar é unha actividade
colectiva: unha tribo sinte e necesidade frecuente de enfrontarse cos seus inimigos, a
enfermidade, a fame. Así xorden as danzas guerreiras, as destinadas á promover a caza
e a agricultura, á esconxurar aos demos da enfermidade, etc. Para os homes do campo
o acontecemento máis importante e feliz do ano tiña lugar ao rematar a colleita. Os
romanos, ao remate desta, celebraban a burla fescennina: dous rústicos coas caras
ocultas por caretas de cortiza competían en inxuriarse para grande ledicia dos alí
presentes. Nestes versos fesceninos atoparon os romanos o xerme do seu propio
drama.

A orixe do nome fescenino era un enigma para os romanos, e tamén o é para nós.
Algúns fano derivar de Fescennium, cidade da Etruria, e outros de fascinum, o
membro viril, considerado como un signo máxico. Os etruscos exerceron unha
inmensa influencia sobre o desenvolvemento das representacións escénicas en Roma,
e considérase que a vinculación entre drama primitivo e maxia reprodutiva reflíctese
no emprego do falo na Comedia Antiga grega.

Outro punto importante a ter en conta é o das diversas clases de espectáculos que os
romanos incluían baixo o título de ludi, "xogos": representacións teatrais, combates
gladiatorios, loita contra as feras e carreiras circenses. Estas actividades tiñan moito en
común:

• efectuábanse a miúdo nos mesmos edificios;


• público, en xeral, acudía a presencialos coa mesma
expectativa de divertimento e estremecemento.

As primeiras representacións circenses das que temos noticia, foron as dadas por
Rómulo. Pero é máis certa probablemente a tradición que nos di que o Circus
Maximus foi construído por Tarquinio o Antigo, o primeiro dos reis etruscos de
Roma. Cando chegaba setembro, toda a poboación romana podía asistir sen
preocupacións aos ludi Romani no Circo. Os gastos eran sufragados polo Estado e os
maxistrados que presidían os xogos.

Tito Livio (Ab Urbe Condita, VII, 2) conta que no ano 364/3 a.C.un pánico
supersticioso, debido á unha peste, inspirou o desexo de celebrar uns xogos dunha
maneira especial para calmar a cólera celeste. Importáronse bailaríns. Actores nativos
afeccionados trataron de combinar a danza etrusca decorativa coa burla e a mímica dos
versos fesceninos, e así desenvolveuse un novo tipo de representación consistente en
danza, xogos verbais e cancións acompañados á frauta. Este espectáculo mixto que
Livio describe como satura ou mestura, deixou axiña de ser improvisada: os actores
profesionais chamábanse histriones (palabra etrusca que significa "bailaríns") e
O drama en Roma

continuaron durante certo tempo entretendo a Roma cos seus espectáculos teatrais
(ludi scaenici).

Outra nova contribución chegou de Campania, onde tivera popularidade unha farsa
rústica, representada por varios personaxes enmascarados (fabula atellana). A
colonización alcanzara na época antiga as costas de Campania, e desde moito antes da
introdución do drama escrito en Roma, o contacto con cidades como Nápoles, puido
contribuír a familiarizar polo menos a algúns romanos coas representacións teatrais
gregas, especialmente as de natureza popular como a farsa.

Pódese afirmar que , antes do comezo da literatura latina, Roma estaba familiarizada
con representacións escénicas de algunha clase. Livio descríbeas como saturae ou
mestura de diálogo e canto. Nada sobreviviu destas primitivas composicións teatrais.
A palabra mestura só constitúe a descrición de Livio, non un título.

Ao estalar a guerra con Cartago (264 a.C.), os romanos estableceron o seu centro de
operacións na Magna Grecia. Durante vinte anos realizaron campañas militares en
Sicilia e durante este tempo tiveron a oportunidade de familiarizarse co drama e teatro
gregos. No ano 240 a.C. nos ludi Romani, o público asistiu a representación dunha
obra grega en tradución latina. Tanto esta como a tradución eran obra de Livio
Andrónico a quen a tradición vinculaba con Tarento.

II. CARACTERIZACIÓN DOS XÉNEROS TEATRAIS POLOS LATINOS.

O teatro latino abarca os dous xéneros típicos, traxedia e comedia, comprendendo


unha serie de subxéneros:

1. Xénero tráxico:
1.1. Tragoedia: a traxedia sen outra cualificación, para referirse ás pezas de
argumento mítico, tomadas polos latinos do teatro grego.
1.2. Praetexta: obra de argumento nacional, baseada na lenda ou historia
romana.

2. Xénero cómico:
2.1. Palliata: peza inspirada na Comedia Nova grega, con ambiente e temática
propias do mundo heleno.
2.2. Togata: comedia de temática semellante á anterior, pero con ambiente
romano ou itálico.
2.3. Atellana: obra de temática elemental e popular, de ambientación itálica.
2.4. Mimo: peza na que ao diálogo engádeselle como elemento esencial a
representación mímica con un tipo de temática non especialmente diferente das
tres clases anteriores, pero con un tratamento da mesma un tanto especial.

Este esquema complícase un pouco cando, lendo os autores latinos, descóbrese que
non existe este acordo unánime que presentan os autores modernos.

3. Caracterización por medio de elementos accesorios á representación escénica.


3.1. Pola vestimenta dos personaxes: Tres adxectivos derivados do tipo de
vestimenta, acompañando ao substantivo fabula, empréganse como termo

2
O drama en Roma

diferenciador de tres subxéneros dramáticos, un tráxico e dous cómicos, que


caracterizan dúas realidades importantes:
3.1.1. ambientación grega ou latina do argumento: Tragoedia/praetexta //
palliata/togata;
3.1.2. ambientación social dentro das pezas de argumento latino: praetexta
-- personaxes de rango equiparable ao senatorial --// togata -- clases inferiores
--.

3.2. Polo calzado dos personaxes: Dous nomes de calzado utilizado polos
actores nas representacións teatrais tiveron trascendencia fundamental na
caracterización dos xéneros tráxico e cómico: soccus e cothurnus. O soccus,
especie de zapatilla de piso baixo, era o calzado habitual dos actores da comedia;
o cothurnus é o calzado con plataforma alta, utilizado xa polos actores tráxicos
gregos. Tamén aparece o termo crepida, sandalia grega, como sinónimo de
palliata.

III. A COMEDIA.

O primitivo tipo de comedia que se dá en Roma é a palliata, nome tomada da


vestimenta típica grega, ou pallium. As características da palliata coinciden cos da
Comedia Nova , que florece en Grecia no século IV a.C., pero o mesmo tempo
conserva os carácteres da satura dramática tradicional. Os autores gregos máis
importantes foron Menandro, Dífilo, Filemón e Demófilo.

Os temas da Comedia Nova reflicten un helenismo decadente. O tema do amor


afastado de toda complicación psicolóxica, ocupa o primeiro plano: mozos libertinos
namorados dunha cortesá ou doncela pobre, intrigas, etc. Os autores latinos trataron de
conservar unha atmosfera grega para non ofenderen o gusto romano.

Os personaxes son tamén gregos: pai vello, cutre e rosmón; leno avarento; escravo
cínico e enredante; nai indulxente; parásito lambón e adulador; soldado baduante, etc.
Un elemento importante na Comedia Nova era o Prólogo, porque daba ao público a
necesaria información sobre a acción dramática. Plauto emprega os prólogos para
serviren de explicación da peza, pero tamén --como Terencio-- para acadar a atención
do público. Unhas veces no prólogo é un deus o que relata os antecedentes da obra;
outras, é un personaxe da comedia quen fai este relato e noutros casos recórrese á unha
alegoría abstracta, a figura do Prologus. O prólogo ten a súa réplica no epílogo, que
remata cunha exhortación ao aplauso, recollida xeralmente coa forma plaudite.

A acción ten lugar en Grecia, xeralmente en Atenas. Isto parece ser debido ao feito
de que en Roma era aínda bastante perigoso na época de Plauto e Terencio situar a
trama na cidade para evitar conflitos de carácter social e político (Cf. o caso de
Nevio).

Nos autores latinos, sobre todo Plauto, música e canto aparecen en primeiro plano.
Estas comedias teñen unha parte dialogada, diuerbia, en senarios iámbicos con
acompañamento musical e outra máis ou menos lírica, cantica, en setenarios trocaicos,
que se recitaban e cantaban ao son da música por un cantor acompañado dun frautista.

3
O drama en Roma

PLAUTO

1. BIOGRAFÍA

Posuímos poucos datos da vida de Plauto. Mesmo o seu nome foi e segue sendo
obxecto de discusión. Durante moito tempo chamóuselle M. Accius Plautus, pero
despois da descuberta do palimpsesto Ambrosiano, o nome Titi Macci Plauti, tal
como aparece ao final das comedias Casina e Epidicus, fixo rexeitar a primeira
denominación. O cognomen de Plauto, que é a única parte do seu nome que está fóra
de toda sospeita, parece tratarse dun antigo alcuño. Plautus era o nome dun can de
orellas grandes e colgantes. Sen embargo debe terse en conta outra consideración,
segundo a cal Plauti (pronunciado dialectalmente Ploti) era o nome que se daba en
Umbria a quen tiña os pes planos e, precisamente, por padecer este defecto seríalle
aplicado ao escritor.

Sabemos que Plauto naceu en Sassina ou Sarsina, cidade importante da Umbria


setentrional cerca dos Apeninos, mais non coñecemos con exactitude a data do seu
nacemento. Considérase que non debeu acontecer máis alá do 251 a.C., pero tampouco
é un dato moi preciso. Plauto debeu vivir en Roma desde cedo, onde aprendería o latín
e entraría en contacto co grego literario. Crese que ao chegar á mocidade, Plauto
ingresou como actor nunha compañía de comediantes. Máis tarde converteuse no xefe
do grupo e por último no seu empresario; ao mesmo tempo comezou a escribir
comedias imitadas da Comedia Nova grega.

A información de que dispoñemos para estudar este período da vida de Plauto,


subministróunola Aulo Xelio (Noctes Atticae, II, 3,14). Poderíamos fixar a época dos
maiores éxitos do noso autor uns quince anos despois da representación das primeiras
obras de Nevio, que tivo lugar no ano 235 a.C. Parece ser que tivo problemas
financeiros e veuse na obriga de traballar cun panadeiro. A data da súa morte
aconteceu no ano 184 a.C.: é dicir cando Plauto contaba arredor de setenta anos.

2. ACTIVIDADE TEATRAL

Ao ser Plauto o organizador das representacións, todo o traballo caía enriba del: era
a un tempo director da compañía, arquitecto, escenógrafo, rexedor, decorador; todo o
que fai falta para pór en escena unha obra. O seu mérito reside no feito de que puidese
escribir unhas comedias tan brillantes, creando para elas unha lingua propia,
introducindo a miúdo característica romanas nos seus modelos gregos, para que o
público nunca se sentise estraño.

O inmenso éxito do que gozou no seu tempo fixo que circulasen en Roma baixo o
seu nome 130 comedias, as máis delas, apócrifas. Por medio de Aulo Xelio coñecemos
os nomes dos filólogos que fixeron a primeira selección. Pero é Varrón nas súas
biografías De comoediis Plautinis e Quaestionum Plautinarum libri quinque quen
fixou a lista das comedias que nos transmitiron os manuscritos. Varrón, baseándose en
traballos anteriores e estudando el mesmo os costumes, talento e estilo plautinos,
elaborou tres listas:

1. Obras que eran universalmente coñecidas como plautinas.


2. As que el, baseándose no estilo, cría plautinas.

4
O drama en Roma

3. Obras que, a pesar de ser atribuídas por algúns a Plauto, eran na súa
opinión doutros autores.

Na primeira lista, que incluía as chamadas Varronianae fabulae, hai 21 obras, que
clasificadas por orde alfabética son: Amphitruo, Asinaria, Aulularia, Bacchides,
Captiui, Casina, Cistelaria, Curculio, Epidicus, Menaechmi, Mercator, Miles
Gloriosus, Mostelaria, Persa, Poenelus, Pseudolus, Rudens, Stichus, Trinummus,
Truculentus, Vidularia. Esta orde foi aceptada polos escritores modernos, xa que é
imposible unha clasificación cronolóxicas das mesmas. Parece evidente que, aparte
destas, houbo outras auténticas de Plauto que non chegaron ata nós ( Commorientes,
Colax).

Coa posible excepción do Mercator, as obras que conservamos parecen


suficientemente homoxéneas en estilo como para afirmar que a lista de Varrón é, en
xeral, digna de confianza, e mostran que o seu autor era esencialmente un home de
teatro que se preocupaba pouco de política, filosofía, arte literaria e fixábase en
cambio como tarefa, gañarse o favor da masa mediante obras que apelaban ao sentido
do gracioso, o seu interese na intriga e ao pracer que lle producían a música, o ritmo e
a retórica.

Plauto e os seus modelos

As vinte e unha comedias conservadas pertencen todas ao tipo das chamadas


fabulae palliatae, que eran adaptacións de orixinais da comedia grega. A pesar dos
problemas que plantexan, pódese afirmar que a inmensa maioría das comedias de
Plauto proveñen dos modelos da Comedia Nova. Amphitruo, Persa e Poenelus serían
as únicas excepcións. Dentro dos autores da Comedia Nova, Plauto acude
prioritariamente aos tres grandes: Menandro, Filemón e Dífilo, que en conxunto
proporciónanlle entre 10 e 13 orixinais aproximadamente. De calquera xeito, Plauto,
aínda que manexa material tomado de fontes gregas, reelaborou este con mestría e
orixinalidade. Plauto adoptou o seu modelo con grande liberdade: se ben a trama é
substancialmente a mesma, varía, ás veces profundamente, o seu tratamento.

O problema da contaminatio

Tecnicamente enténdese por contaminación o método de composición de comedias


consistente ben en fundir nunha obra latina dous ou máis orixinais gregos ou ben
inserir na adaptación dun modelo escenas tomadas dun segundo ou terceiro orixinal.

O uso polos cómicos latinos deste procedemento está documentado por Terencio.
Hoxe en día a teoría da contaminación ten pouco creto e tan so se admite
unanimemente a inserción de algunhas escenas procedentes dunha fonte distinta da
principal.

Principais personaxes da comedia plautina.

1. Personaxes masculinos:

* O mozo (adulescens): sofre aventuras amorosas na procura dunha rapaza ou


cortesá. Mantense nun segundo ou terceiro plano.

5
O drama en Roma

* O vello (senex): o tipo habitual en Plauto é o pai severo e rigoroso, colérico,


agarrado, que ten como misión ser estafado e burlado.
* O escravo (servus): é o rei da comedia plautina. O seu tipo máis
característico é o do escravo astuto (servus callidus), hábil, mentireiro, sen
escrúpulo, disposto á todo para axudar ao seu amo.

2. Personaxes femininos:

Aparecen, polo xeral, relegados a un discreto segundo plano, ou, tamén, non
aparecen en escena. Destacan a moza amada (virgo, puella, meretrix) e a nai ou
esposa (uxor, matrona). Ao seu lado móvense unha serie de personaxes secundarios
entre os que podemos destacar ás escravas (anus, ancilla, nutrix), ás lenas, etc.

3. Personaxes menores:

* O parásito: gracioso por excelencia, que soporta calquera humillación para


poder comer. É unha das creacións máis orixinais de Plauto xunto co escravo.
* O soldado: os soldados plautinos son vaidosos e fanfarróns: pregoan os seus
éxitos amorosos, as súas fazañas militares, que nunca existiron a non ser na súa
imaxinación.
* O leno: o seu vicio principal é a cobiza, pero tamén son desleais, crueis, duros
de corazón, etc.

Lingua e estilo

A lingua xunto co metro e a música é, sen dúbida, o elemento máis característico e


orixinal do teatro de Plauto. Xa para os antigos un primeiro mérito da lingua de Plauto
era a propia lingua empregada, que representaba o máis puro latín de Roma, unha
lingua coa virtudes de proprietas, latinitas e elegantia.

Respecto ao grao de evolución no que se atopa esta lingua con relación ao latín
clásico, na estrutura fonética e gramatical hai moi poucas diferenzas entre a lingua de
Plauto e o latín clásico e pode afirmarse que o sistema fonético e gramatical xa está
fixado.
Características máis importantes:
I. Influencias coloquiais:
1. Abundancia de fórmulas típicas da conversación (saúdo, despedida, súplica,
etc.)
2. Frecuencia de interxeccións, exclamacións, fórmulas de xuramento e
maldición, etc.
3. Abundancia de diminutivos para expresar moitas veces simpatía, afecto ou
ás veces para conseguir efectos cómicos.
4. Esaxeracións e redundancias de todo tipo.
5. Sintacticamente é frecuente a uso da elipse, da parataxe, da sintaxe
relaxada, produto da rapidez e espontaneidade do diálogo.
6. Importancia do caudal léxico latino en diversos campos (engano, humor,
etc.)
7. Abundante uso de palabras gregas, reflexo do alto grao de penetración da
lingua grega entre as clases populares de Roma.

6
O drama en Roma

II. Recursos retóricos comúns á antiga prosa e poesía latina:


* Exuberancia do vocabulario: palabras agrupadas en grupos binarios,
ternarios, etc.
* Uso frecuente de aliteracións, asonancia de diversos tipos, figuras
etimolóxicas, homoteleuto...

III. Recursos cómicos baseados na linguaxe:


* Creación de palabras: compostos e derivados cómicos como os nomes
propios e de personaxes.
* Xogos de palabras. frases imprevistas, chistes, etc..

Metro e música

Ademais da lingua, a característica máis destacada das comedias de Plauto é a


natureza musical das mesmas, baseada nunha variada e rica polimetría. Nunha
comedia plautina ( e romana en xeral) ás partes faladas (diverbia) sumábanse outras,
moi numerosas, recitadas con acompañamento musical (cantica) e abundantes
escenas cantadas ao son da música (mutatis modis cantica ou cantica propiamente
ditos).

Nas partes faladas o senario iámbico (o trímetro iámbico dos gregos) é o único
verso utilizado. Na parte recitada o verso máis utilizado é o setenario trocaico (uersus
quadratus), o favorito de Plauto, de carácter popular, no que existía coincidencia de
ictus e acento. Outros versos desta parte son moito menos utilizados: octonario
trocaico, setenario iámbico, octonario iámbico.

As partes líricas ou cantica propiamente ditos están compostos por sistemas de


versos variados, da que forman parte, ademais de diversos versos iámbicos e trocaicos,
versos créticos, báquicos, anapésticos, etc...

AMPHITRUO

É a única, non so das comedias plautinas, senón da Comedia Nova grega en xeral,
de tema mitolóxico, xa que trata burlescamente o tema do nacemento de Hércules,
froito das relacións clandestinas de Xúpiter con Alcmena, muller do xeneral tebano
Anfitrión.

O Anfitrión é un dos exemplos máis evidentes de comedia de equívoco, na que a


confusión producida entre dúas parellas de dobres é o verdadeiro motor da acción. En
canto a estrutura da obra, é realmente estraño o feito de que entre a noite de amor de
Xúpiter con Alcmena e o nacemento de Hércules medien tan so unhas poucas horas.
Parece ser que isto se atopaba xa no modelo grego seguido por Plauto, aínda que nada
seguro se pode afirmar.

En canto a datación da obra, resulta difícil dar unha data precisa: as propostas son
moi diferentes segundo os investigadores – 206, 201, 188, 186, ... –.

You might also like