• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
A ÉPICA LATINA: VIRXILIOI.INTRODUCIÓN
1.Características xerais do xénero épico.A épica é unha narración heroica en verso e constitúe unha das primeirasmanifestacións literarias dunha civilización. No poema épico trátanse as fazañas dunheroe, individual ou colectivo, baseándose nunha serie de materiais reais oulendarios que conforman o legado de tradicións orais dun pobo.A misión da poesía épica consiste en lembrar tales acontecementos expoñendounha acción en todas as súas fases, con todos os caracteres que realzan a súagrandeza, con todas as complicacións e aventuras que se derivan da acción do heroe.Representa, polo tanto, unha narración de carácter obxectivo e a súa finalidadeesencial tense definido como
a persecución da honra a través do risco
1
.Ese mundo irreal amósasenos como independente do propio poeta gracias a queé cantado segundo un ritmo regular, un recitado mecánico e segundo a uniformidadeda palabra. Toda a poesía narrativa oral posúe trazos comúns e a épica oral presentaunha elevada proporción de analoxías aínda en pobos moi diferentes entre si: ascircunstancias básicas de composición e difusión oral entre un auditorio popular tenden a producir idénticos resultados en calquera sitio onde se producen.2.Clases de poemas épicos.Podemos distinguir na poesía épica dúas categorías: a narración épica primitivaou
épica heroica
e o poema épico propiamente dito ou
épica culta
.
2.1.
A primeira fórmana aqueles poemas dirixidos a unha audiencia popular,compostos, en liñas xerais, de xeito oral e que eran recitados a modo desalmodia, frecuentemente con algún acompañamento musical. Nelesreflectíase o mundo dun pobo particular e tiña primordialmente un fin decarácter 
mimético
. Neste sentido todas as epopeas primitivas ofrécennosunha imaxe dun espírito nacional, reflectido na vida doméstica, noscostumes e relacións sociais, na guerra e na paz, etc.O heroe, como representante de toda unha civilización e de todo un pobo,constituía o arquetipo a imitar. A épica mellor coñecida de moitos pobossitúa a narración nunha idade heroica, probablemente moi remota. A esta primeira categoría de poemas épicos pertencen os antigos poemas épicosorientais, como o
Gilgamés
asiriobabilónico, o
Mahàbhàrata
e o
 Ramayana
indios e a
 Ilíada
e a
Odisea
homéricas en Grecia, constituíndo estes dousúltimos o punto de arranque da nosa tradición épica.
1
 
.Bowra
 , Heroic Poetry
, Londres, 1952, páx. 5.
 
2.2.A épica culta, ao contrario que a heroica, é obra de elevada meditación, de profundo estudio e, aínda que comparte algunhas características coa poesíaheroica, poucos son, en cambio, os trazos estilísticos comúns. A diferenciaesencial entre a poesía culta e a heroica non se sitúa tanto na parte do autor ou do tema, senón que hai que buscala máis ben no que se refire ao públicoe á tradición literaria na que os poetas se atopan mergullados.O poema épico propiamente dito é obra dun autor individual, conscientedas súas intencións e dos recursos da súa arte e que, ademais,
inventa
otema. Coa a épica culta a epopea convertese de oral en escrita, de tradicionalen culta, de colectiva en individual. A esta segunda categoría pertence o poema épico por excelencia:
 A Eneida
de Virxilio.
II.ÉPICA PRIMITIVA
Xa que non podemos constatar a existencia de poemas épicos ásemellanza da
 Ilíada
e da
Odisea
, os mesmos autores romanos falan, en certasocasións, de poemas dedicados a salientar as fazañas dos seus antepasados:serían as antigas
laudationes
a persoas ilustres. Constatamos tamén a existenciados antigos
carmina conuiualia
, cantados nos banquetes ao son da música e quese caracterizaban pola alternancia e mestura de historia e lenda. No caso romano atopamos imitación, adaptación, reelaboración, xa quetodo o literario estaba creado xa polos gregos.Os romanos preferiron a épica,tipo de historia, propia de pobos guerreiros e conquistadores. Con esteafervoamento épico harmonízase perfectamente a afección historiográfica. Épicae historiografía son as dúas vertentes dunha mesma liña que leva a eloxiar o pasado de Roma, amante de conservar o
mos maiorum
.Por outra banda a exaltación dun período heroico no que Roma puxera enxogo o seu destino fronte a Cartago, axudounos a concibir unha materia caseheroica, e, tamén, contemporánea e tratala cun sentimento de patriotismoautoritario.1.Livio Andronico (s. III a.C.).A literatura latina ábrese practicamente cunha tradución da
Odisea
deHomero (c. 240 a.C.). Livio Andronico quixo difundir en Roma esta obrano tradicional verso saturnio. Constitúe a primeira mostra de tradución poética, salvando problemas importantes como o da adaptación dohexámetro grego ao saturnio latino.Poucos son os fragmentos que se nos conservan, pero deles infíreseque Livio
traduce
a obra grega dándolle unha marca peculiar. O carácter romano da
Odisea
de Andronico afírmase na reelaboración do texto, naimportancia concedida ao que impresionaba aos latinos; ás xenealoxías, áhumanización, etc.
 Departamento de latín - 2 -
 
2.Nevio (270? –200?).Escolle para a súa epopea o
 Bellum Poenicum
, obra de vellez e escritano verso saturnio, un tema nacional e contemporáneo, a primeira guerra púnica, na que el participara nas ringleiras do exército romano. A estetema engadíaselle a lenda de Eneas: chegada de Eneas ao Lacio, atempestade, etc.O
 Bellum Poenicum
non tiña divisións en libros, era aínda unhaespecie de
carmen conuiuale
. É posible que Nevio utilizara fonteshistóricas (Q. Fabio Píctor, ...), pero o mérito indiscutible de Nevio é o deter iniciado un novo tipo de épica, fundamento dunha tradición que se vaimanter ate o final de Antigüidade.3.Ennio (239-169)Ennio ensaiou nos seus
 Annales
a adaptación da épica á lingualatina e deixou abertos os carreiros polos que camiñaría a épica posterior en Roma. Aplícase a un tipo de épica histórica e consegueasimilar a historia de Roma a perfecta obra dos gregos.Os
 Annales
de Ennio son unha réplica aos
 Annales Maximi
e á
 Ilíada
de Homero e esta conxunción vai establecer os principios daépica futura. O poema cantaba en 18 libros (a penas chegaron ate nos628 versos, moitos deles fragmentarios) a historia de Roma desde asúa fundación ate a época do autor. Para isto remóntase ás orixestroianas de Roma.Un dos maiores esforzos que tiveron que afrontar os primeirosescritores latinos foi o de poñer en marcha unha lingua literaria latina,e nesta obra de Ennio, unha lingua épica. Ademais Ennio vaisubstituír o saturnio polo hexámetro adoptado dos modelos gregos,avance crucial na evolución da poesía latina.Os
 Annales
convertéronse na epopea nacional dos romanos econtinuaron a selo ata que Virxilio creou a súa
 Eneida
, froito dunnovo espírito histórico e artístico.
III.A ÉPICA CLÁSICA.
1.
O
clasicismo
da época de Augusto.O período entre o comezo de Virxilio e a morte de Ovidio foi unha época deextraordinaria creatividade literaria, sen precedentes en Roma. Probablementeningún outro medio século na historia do mundo presenciou a publicación nunha soacidade de tantas obras mestras incuestionables. Virxilio, Horacio e Ovidio elevaronao seu punto máis alto os xéneros poéticos maiores: a épica, a lírica, a elexía, a pastoril, a didáctica, a sátira. Na prosa sobrevive en parte unha empresamonumental, a historia de Livio
 Ab Urbe Condita
, para manter os canons
 Departamento de latín - 3 -
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...