You are on page 1of 6

A LÍRICA LATINA

I. CONSIDERACIÓNS EN TORNO Á LÍRICA LATINA

Ao abordar o estudio da lírica latina faise indispensable a previa consideración


das formas líricas gregas, que, como noutros tantos casos, constitúen a base e a esencia
das formas que logo desenvolveron os romanos.
Os límites do lírico varían considerablemente segundo se aplique o criterio dos
propios gregos ou o noso criterio actual1. No primeiro caso o terreo redúcese as formas
do canto monódico e do canto coral. En cambio, o campo amplíase se, á hora de
clasificar as obras poéticas gregas, aplicamos o noso actual concepto de lírica. As
formas da poesía helénica máis ou menos próximas a nosa moderna concepción da lírica
son:
1. O iambo: unha invectiva persoal, de posibles orixes relixiosas, elevado ao
plano literario por Arquíloco.
2. A elexía: xénero de contido heteroxéneo, pero de forma métrica rigorosamente
fixa.
3. O epigrama: de forma idéntica á elexía pasou a xénero literario despois
dunhas orixes epigráficas e votivas.

As formas literarias do canto monódico e do canto coral constitúen o auténtico


núcleo de composicións líricas para a antiga perceptiva. A diferenza entre ambas reside
máis na forma que no contido: a extensión, metro, lingua (a lírica tradicional exprésase
normalmente no propio dialecto do poeta) son diferentes, pero os temas son moitas
veces comúns. Danse diversos tipos de cantos rituais relacionados co culto a unha
divindade ou con calquera cerimonia sociorelixiosa (himno, treno, epitalamio, etc..).
Danse tmén outro tipo de cantos dedicados aos homes (encomio, epinicio, etc..), cantos
de guerra e cantos relacionados con outros aspectos da vida humana (cantos para
banquetes, de tema erótico, eloxios de amigo, etc...).

Moitas destas formas líricas literarias tomáronas os romanos dos gregos:


* En Roma a elexía mantén a súa forma, pero tamén vai fixar ata certo punto o
seu contido e a súa actitude psicolóxica. Esta fixación non vai ser outra que un
xiro cara o interior, cara o íntimo (cf. Catulo, Tibulo, Propercio).
* Á corrosiva agudeza como liña xeral do epigrama se lle engadiu máis tarde
outro tipo de temas que o colocaron máis cerca do íntimo e do cordial: o erótico,
o amoroso, a amizade. Temos, polo tanto, outro xénero que nas mans dos
romanos sufriu unha dobre aproximación cara o lírico: na súa forma, por ter
utilizado versos líricos ou moi próximos aos líricos; no seu contido e actitude,
polo seu achegamento ao delicado, ao refinado.

1
O termo "lírica" como tal tecnicismo da crítica literaria, co que se designa un tipo concreto de poesía,
parece ter sido empregado por primeira vez na época helenística, aínda que nun sentido ben distinto do
actual. O seu significado foi entón máis concreto e material, máis próximo ao orixinario valor
etimolóxico: lírica era aquela poesía que se cantaba ao acompañamento da lira.
* O iambo convértese en algo moi persoal as mans de Horacio, ata o punto de
que as veces aproxímase frecuentemente as Odas, tanto pola temática como pola
actitude mental e forma de expresión. Falta, polo tanto, o ataque desenfreado dos
antigos iambos contra persoas concretas.
* A poesía bucólica (cf. Virxilio) é tamén algo que cae dentro do ámbito do que
podemos chamar lírica.
Neste percorrido chegamos agora as composicións máis propiamente líricas, é
dicir, aquelas que entroncan directamente eos nove poetas do canon grego2. Ocupan un
ligar importantísimo pola súa extraordinaria calidade os catro libros de Carmina
horacianos3.

Horacio é quen soubo adaptar de forma total en Roma a poesía dos líricos
gregos. El designa a súa poesía expresamente como aeolium carmen, cun criterio
basicamente métrico, xa que o seu modelo non son so os líricos de Lesbos, senón tamén
Anacreonte, Baquílides e Píndaro. Os romanos, ao igual que os gregos, conceden á
forma na caracterización dos xéneros unha importancia maior que na actualidade (lírica,
epigrama, iambicum genus, ...):

* Os gregos seguían unha caracterización extralingüística, ou mellor dito,


etimolóxica, xa que agrupaban baixo tal denominación aquelas composicións
poéticas destinadas ao canto acompañado da lira4.

* Os romanos continúan mantendo o mesmo concepto e definición do xénero


lírico. Agora ben, a lírica en Roma xa non foi un xénero destinado ao canto, pero
segue mantendo aquelas formas métricas que entre os gregos tiveron os poemas
destinados nun primeiro momento ao canto acompañado da lira. Pasouse dun
concepto puramente etimolóxico a un concepto predominantemente métrico.

Estas formas métricas son os chamados versos eólicos5, empregándose tamén


outros versos non propiamente líricos. Cando estes versos dáctilos, iámbicos, xónicos,
etc., se empregan nun contexto lírico, tínguense claramente das características máis
destacadas de aqueles outros versos máis propiamente líricos: diminúen neles
enormemente as substitucións e resolucións, tenden a fixarse outros elementos rítmicos
como as cesuras ou a métrica verbal e chega a impoñerse as veces o isosilabismo.

Fronte a esta caracterización maioritariamente formal da lírica no mundo clásico,


as modernas concepcións definen o xénero lírico máis polo fondo que pola forma.

2
No canon dos nove poetas líricos os alexandrinos incluirán os mestres da lírica monódica – Alceo, Safo
e Anacreonte –, con poetas coráis – Alcmán, Estesícoro,Íbico, Simónides, Baquílides e Píndaro –.
3
A palabra carmen non significa só "canción" ou " poema", senón tamén "proverbio", " fórmula de
encantamento" ou "feitizo", " fórmula de xuramento" ou "de contrato" ou " de precepto legal " ou "de
declaración de guerra". En suma, carmen é toda aquela expresión na que a lingua está sometida a uns
patróns rítmicos, a unhas cadencias, expresións nos que mediante unha serie de repeticións, aliteracións,
rimas, asonancias, distribucións de cantidades ou de acentos, etc., as palabras cobran unha nova vida.
4
Tratábase certamente de creacións nas que se supoñía como acompañamento un instrumento de corda (
λύρα, φόρμιξ, κίθαρις ), xa só, xa con frauta.
5
Comportaban un número fxo de sílabas: os versos agrúpanse en estrofas, sendo as máis usuais a sáfica,
a alcaica e as asclepiadeas A e B, todas elas de composición tetrástica. A unidade superior é a estrofa, non
o verso; son absolutamente regulares, polo tanto, os encabalgamentos interversais. Algúns nomes de
versos: hendecasílabo falecio, gliconio, ferecracio, priapeo, asclepiadeo, alcaico, sáfico, ...

Departamento de Latín - 2 -
II. Q. HORATIUS FLACCUS

Nado a finais doa 65 a.C. en Venusia nos confíns de Lucania e Apulia, marcha a
Roma co seu pai fuxindo da educación provinciana da súa rexión. Máis tarde realiza
unha viaxe a Atenas, probablemente no ano 45. En Atenas Horacio cumpriu, sen dúbida
os seus obxectivos: estudou filosofía, ampliou os seus coñecementos de lingua e
literatura gregas, e incluso lanzouse a escribir os seus primeiros poemas en grego.
Enrolouse no exército de Bruto no ano 446. Tras a derrota que supuxo a batalla de
Filipos no ano 42 perde o patrimonio familiar, tendo que pensar na maneira de ganarse a
vida.

Sendo membro do collegium scribarum comezou a escribir poesías que lograron


un rápido éxito: por recomendación de Virxilio e Vario entrou no círculo de Mecenas.
Desde que coñeceu a Mecenas no ano 39, Horacio dedicouse plenamente á poesía e ao
ocio privado. A súa vida vólvese pobre no que se refire a acontecementos relevantes. As
súas obras foron aparecendo sucesivamente: no ano 35 aparece o primeiro libro de
Sátiras; no 30, o libro II desta obra e o libro dos Epodos; no 23 os tres primeiros libros
de Odas ou Carmina; no 20 o libro I das Epístolas; no 17 foi composto e executado o
Carmen Saeculare ou Canto dos Séculos; no 15 publicouse o libro II das Epístolas ; e
no 13, finalmente, o libro IV das Odas.

A morte sorprendeuno o 27 de novembro do ano 8 a. C., so uns meses despois de


que morrera Mecenas, nomeou publicamente a Augusto herdeiro seu. A súa vida
desenvólvese ao longo de 57 anos, a finais do primeiro século a. C, época conflitiva que
marca a transición da República ao Imperio, época de guerras civís prolongadas e dunha
paz que viña a encher por completo as ansias dos cidadáns. O mundo antigo parece
acadar entón, coa fusión do espírito grego e co xenio práctico romano, unha especie de
madurez, de acabamento, de plenitude.
* Iambi (Epodos) : teñen a súa orixe na primitiva época grega. Naquel mundo,
política e economicamente inquedo, constitúen a forma normal de invectiva
tanto política como persoal. O seu mestre foi Arquíloco de Paros (VII a. C.). O
iambicum genus convértese nas mans de Horacio nunha forma moi persoal. os
gramáticos déronlle a colección o nome de Epodos porque na maioría das
composicións un verso máis breve (epodo) segue a outro máis longo.
Nos Sermones (Sátiras) Horacio entra en competencia con Lucilio, a
quen admiraba de tal xeito que isto non lle impedía critícalo severamente. Como
materia satírica a crítica social ( adulterio, captación de herdanzas, etc.) pasa a
segundo termo fronte a predicación filosófico-popular. As diatribas cínicas
(tamén chamadas Sermones) estaban presentes nos ollos de Horacio como os
Sermones de Lucilio. Os Iambi e o Lib. I dos Sermones aparecen claramente
dedicados a Mecenas.
* Cando Horacio publica no ano 23 a. C tres libros de cancións, Carmina, que
se denominan Odas, era plenamente consciente de que conquistaba novas terras
para a literatura latina. Designa a súa poesía como aeolium carmen para se
referir primeiramente a forma métrica. As súas obras representan a lírica grega
en case toda a súa extensión: son modelos seus Píndaro, Baquílides, Anacreonte,
Alceo e Safo. Polo que sabemos, moitas odas carecen dun determinado modelo
6
Despois do asasinato de César no ano 44, Bruto chegou a Atenas onde obtivo os favores de mozos
republicanos entre os que se contaba Horacio, encontrándose de repente convertido nun tribuno militar.

Departamento de Latín - 3 -
grego, son creacións libres dentro dun estilo tradicional. De Safo non ten máis
que as formas das estrofas; de Alceo tomou frecuentemente temas, como a Oda
a República, I, 14.
A orde das poesías non é cronolóxico, predomina o principio da variación
temática e métrica. Pero onde Horacio se comunica máis inmediatamente é nas
poesías sobre a amizade, como na pregaría pola boa viaxe de Virxilio (1,3), así
como nalgunhas das Odas a Mecenas (1,20).
A mitoloxía non so ocupa un lugar nos seus poemas con motivos lendarios,
senón tamén nas odas que deron pe a algúns sucesos históricos.
* Ante a falta do éxito esperado, Horacio abandona a alta poesía e emprende de
novo o camiño dos Sermones filosofantes. Deste xeito entre 23-30 compón o
primeiro libro de Epístolas. Todas as vinte cartas teñen o seu destinatario, polo
que se presentan como dirixidas a persoas determinadas (cf. a carta a Tibulo, 4, e
a Mecenas, 7). No libro II desta obra, á que se lle agrega a Cartas ao aos Pisóns
ou Ars Poetica, Horacio expresa as súas reflexións sobre a composición poética.
Por experiencia persoal insta ao estudio dos exemplaria graeca, á tarefa de
limar, ao coidado da unidade artística, proporción da linguaxe, motivos e
caracterizacións.
* O libro IV das Odas (17-13 a. C) amósanos a Horacio na súa madurez, aínda
que avellentado e resignado.

O LIRISMO HORACIANO

As Odas son poesía lírica no seu sentido máis estrito: seguen o modelo de Alceo,
Safo, Anacreonte e Píndaro, que escribiron poemas para ser cantados e, incluso,
danzados ao ritmo da lira; constitúen un tipo poético predominantemente de bendición e
eloxio, vinculado a uns temas bastantes determinados, como son os cantos aos deuses, o
encomio dos heroes e deportistas, o amor, o vino e os praceres do banquete.
Formalmente a lírica pura caracterizábase polo emprego dunha métrica especial, a
chamada eólico-coriámbica, porque foi utilizada polos poetas eolios Alceo e Safo, e
porque o seu pe básico era o coriambo.

Os Epodos, en cambio, non pertencen estritamente ao que os antigos chamaban


lírica: estas composicións non se cantaban antigamente ao son da lira. Por outra banda,
o seu contido, ao revés que nas Odas, caracterízase fundamentalmente por comportar
unha maldición contra alguén ou contra algo (as veces este elemento crítico queda moi
en segundo plano - cf. Epodo II, Beatus ille). O creador deste xénero poético é o poeta
grego Arquíloco de Paros (VII a. C.). Tamén pioneiro no xénero foi Hiponacte de Éfeso
(VI a. C.). Pola métrica tamén se diferencian os Epodos das Odas, xa que usan o iambo
como pé fundamental: de ai que iambo sexa así mesmo o nome do xénero e que aos
propios Epodos horacianos se lles coñeza tamén polo título de Iambos.

Deste xeito, aínda que na Odas e nos Epodos encontramos con certa frecuencia a
manifestación subxectiva das cousas, que a teoría moderna esixe como requisito
necesario para que exista poesía lírica, ese subxectivismo, sen embargo, non é o
elemento principal e definitorio do xénero. É a forma métrica, son uns temas
tradicionais os que na Antigüidade danlle a un poema a entidade de lírico. O
subxectivismo si que chegou a ser factor característico doutros xéneros como o
epigrama amoroso e a elexía, que no mundo clásico tiveron fronteiras ata certo punto

Departamento de Latín - 4 -
ben definidas coa lírica, a pesar de que para a teoría moderna sexan subxéneros líricos
sen máis.

Na conformación do lirismo de Horacio tamén hai que ter en conta que non so
era herdeiro da antiga poesía grega, senón tamén do alexandrinismo e da súa versión
romana, o neoterismo7. Para perfilar mellor o lirismo horaciano hai que situar ao autor
nesta poética neotérica que opoñía dous grandes conxuntos de obras en verso: o da
Musa grauis (epopea e traxedia) e o da Musa tenuis (epigrama, epilio, elexía, lírica), e
que este último era o que os alexandrinos e neotéricos propugnaban, enfrontando o seu
estilo refinado e os seus temas de ámbito máis privado á ampla verbosidade da epopea
homérica, as súas grandes dimensións, aos seus personaxes heroicos e sublimes como
os da traxedia.

CUESTIÓNS TEMÁTICAS E FORMAIS

1. Ocupa unha parte considerable o eloxio a Augusto, o seu recoñecemento como


salvador de Roma e o reflexo do seu programa político e das súas proxectadas reformas
morais e relixiosas: as seis primeiras odas do lib. III, coñecidas como romanas; o
Carmen saeculare para ser cantado publicamente na solemne cerimonia dos xogos
seculares do ,ano 17 a. C. Responde este a intención de Augusto de restaurar os vellos
cultos e os vellos costumes.
2. O tema da amizade: moitos dos poemas nacen como consello ou confidencia a algúns
dos seus amigos, especialmente a Mecenas, reflexa así o poeta o ambiente de
camaradería na que se movían aqueles homes cultos.
3. O tema erótico, con herdanza da antiga lírica e do epigrama alexandrino, toma un
papel relevante na súa poesía, destaca o enganoso, efímero e prexudicial do amor, os
seus efectos pasivizantes, os celos, as traizóns,etc.
4. O tema do viño, herdanza de Alceo e moi especialmente de Anacreonte, está presente
na súa obra. Ao lado do viño acostuman a aparecer dous elementos que son signo da
ocasión simposíaca: o perfume e as coroas de flores (I,19,14-15,-II,3,13-16,...).
Multiplícanse os nomes de diferentes caldos(Falerno, Masio,...).
5. Inscricións filosóficas e morais, maiormente epicúreas, aínda que tamén con
elementos traídos do estoicismo: distanciamento da vida pública para retirarse á vida
campestre, postura horaciana ante a morte, en resumo o carpe diem horaciano (Carm.
1,11; 11,3,13-16; 111,8,27-28,...).
6. Presenza da mitoloxía segundo dúas modalidades de uso: como argumento do poema
e como simple exemplo.
7. Reflexión sobre o mesmo feito literario.

PERVIVENCIA DE HORACIO

Na mesma Antigüidade tíñao en grande estima Quintiliano, xuíz de escritores.


Observamos a súa influencia en Ovidio, Séneca, Persio, Xuvenal, Marcial, ...
Únicamente na Idade Media a súa presenza, especialmente no que se refire á lírica,
escurece un tanto fronte ao prestixio de Virxilio e Ovidio. As Odas e Epodos tiveron,
efectivamente, menor vixencia no Medievo que as Sátiras.

7
Hai quen cita un presunto antineoterismo horaciano baseándose nas constantes burlas que fai Horacio
nas súas Sátiras dun poeta chamado Furio, e que se identificou na Antigüidade co poeta Furio Bibáculo,
amigo de Catulo.

Departamento de Latín - 5 -
A resurrección do poeta romano comeza no Renacemento cando humanistas
italianos (Poliziano) e poetas españois (Garcilaso, Frai Luís de León, etc.) imitárono con
auténtica devoción; agora, ao contrario de Idade Media, é a súa obra lírica a que goza de
maior consideración.

No século XIX a influencia de Horacio pervive máis nas literaturas como a


rumana ou a húngara, ou, por motivos políticos, na literatura de nacións americanas. No
presente século, Horacio e o clasicismo, en xeral, ten vixencia esporádica,como un
elemento máis de tradición, pero conserva algo do seu prestixio singular.

Departamento de Latín - 6 -

You might also like