• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
Nº 120
Luns, 23 de xuño de 200812.183DIARIO OFICIAL DE GALICIA-Agustín Pena López, secretario de Goberno doTSXG.-Asunción Barro Calle, secretaria xudicial, Cole-xio Nacional de Secretarios Xudiciais.-Ana Mª Varela Puga, secretaria xudicial, UniónProgresista de Secretarios Xudiciais.-Mª del Carmen Vázquez Zárate, secretaria xudi-cial,
Asociación Galega de Secretarios Xudiciais.
-Xosé Antón López Graña, avogado, presidente doConsello da Avogacía Galega.-Fernando Pantín Maneiros, avogado, secretario doConsello da Avogacía Galega.-José Portela Leirós, procurador, decano do Cole-xio Procuradores de Pontevedra.-Javier Carlos Sánchez García, decano do Colexiodos Procuradores da Coruña.-Román Iglesias Fernández,
Asociación de Xuícesde Paz
.-Manuel Tejada Vidal, corpo de xestión da Admi-nistración de Xustiza, Organización Sindical SPJ-USO.-Jesús Rodríguez Villares, corpo de xestión daAdministración de Xustiza, Organización SindicalUXT.-José Jaime Meilán Rois, corpo de xestión daAdministración de Xustiza, Organización SindicalCC.OO.-Manuel Díaz Mato, corpo de xestión da Adminis-tración de Xustiza, Organización Sindical CSIF.-Delmiro Durán Garrido, corpo de xestión daAdministración de Xustiza, Organización SindicalCIG.-Julio Ignacio Iglesias Redondo, profesor deDereito Civil USC.-Rafael Jimenez Asensio, profesor de DereitoConstitucional UPF.-María José López, Avogada, ex-conselleira deXustiza da Comunidade Autónoma de Andalucía,deputada do Parlamento de Andalucía.-Víctor Moreno Catena, catedrático de DereitoProcesual UCIII-Madrid.-Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medici-na Legal USC.-Santos Pastor Prieto, catedrático de EconomíaUCM.A comisión contará cun secretario/a que será desig-nado polo presidente de entre os membros desta.Cuarto.-
Funcionamento.
Para dar cumprimento do seu obxecto, a comisiónestablecerá o calendario de sesións, o método de tra-ballo e, en xeral, decidirá todos aqueles aspectosque considere necesarios para o bo fin da comisión.Así mesmo, a comisión, de entre os seus membros,poderá constituír cantos grupos de traballo ou comi-sións sectoriais considere necesario para o mellor desenvolvemento das súas tarefas.Quinto.-
 Infraestrutura e medios.
A Consellería de Presidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza será a encargada de prover osmedios materiais e persoais requiridos para desen-volver os traballos da comisión.Os membros da comisión percibirán as indemniza-cións que lles correspondan, de acordo co estableci-do no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indem-nizacións por razón de servizo ao persoal destinadona Administración autonómica de Galicia.Sexto.-
 Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súapublicación no
Diario Oficial de Galicia
.Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008.José Luis Méndez RomeuConselleiro de Presidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
 Decreto 126/2008, do 19 de xuño, poloque se establece a ordenación e o currícu-lo de bacharelato na Comunidade Autó-noma de Galicia.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu arti-go 31, determina que é competencia plena da Comu-nidade Autónoma galega o regulamento e adminis-tración do ensino en toda a súa extensión, niveis egraos, modalidades e especialidades, sen prexuízodo disposto no artigo 27 da Constitución e nas leisorgánicas que, conforme o punto primeiro do seuartigo 81, a desenvolvan.A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa-ción, no artigo 6.1 do capítulo III determina que seentende por currículo o conxunto de obxectivos,competencias básicas, contidos, métodos pedagóxi-cos e criterios de avaliación de cada unha das ensi-nanzas reguladas pola citada lei.Así mesmo, establece que lle corresponde ao Esta-do fixar cos aspectos básicos do currículo en rela-ción cos obxectivos, contidos e criterios de avalia-ción que constitúen as ensinanzas mínimas a que serefire a disposición adicional primeira, punto 2,letra c, da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, regu-ladora do dereito á educación.
 
12.184 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 120
Luns, 23 de xuño de 2008O Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro,establece a estrutura do bacharelato e fixa as súasensinanzas mínimas.A finalidade das ensinanzas mínimas é asegurar unha formación común ás alumnas e aos alumnosdentro do sistema educativo español e garantir avalidez dos títulos correspondentes, como indica oartigo 6.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación. A dita formación facilitará a continuida-de, progresión e coherencia da aprendizaxe en casode mobilidade xeográfica.A Lei orgánica de educación no artigo 6.4º docapítulo III determina que serán as administraciónseducativas as que establezan o currículo das distin-tas ensinanzas reguladas pola citada lei, do que for-marán parte os aspectos básicos anteriormente indi-cados.Os centros educativos, axentes activos no procesode ensino e aprendizaxe, desenvolverán e completa-rán, se for o caso, o currículo establecido, respon-dendo ao principio de autonomía pedagóxica, deorganización e xestión, coa finalidade de adecuarseás características e á realidade educativa de cada undeles.Os obxectivos xerais do bacharelato defínensepara o conxunto da etapa.Para cada unha das materias que constitúen ocurrículo fíxanse os obxectivos, os contidos e os cri-terios de avaliación.Neste decreto regúlase, así mesmo, a distribuciónhoraria semanal para cada unha das materias dasdistintas modalidades.De conformidade co exposto, por proposta da con-selleira de Educación e Ordenación Universitaria,no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 daLei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xuntae da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988,do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de mar-zo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia,oído o Consello Escolar de Galicia e de conformida-de co ditame do Consello Consultivo e logo de deli-beración do Consello da Xunta de Galicia, na súareunión do día dezanove de xuño de dous mil oito,
 DISPOÑO:
Artigo 1º.-
Obxecto e ámbito de aplicación
.Este decreto ten como obxecto establecer a orde-nación xeral e o currículo do bacharelato, que seráde aplicación en todos os centros docentes queimpartan estas ensinanzas no ámbito territorial daComunidade Autónoma de Galicia.Artigo 2º.-
 Principios e finalidade
.O bacharelato forma parte da educación secunda-ria, na fase postobrigatoria e ten como finalidadeproporcionarlle ao alumnado a formación, a madurezintelectual e humana, os coñecementos e habilida-des que lle permitan desenvolver funcións sociais eincorporarse á vida activa con responsabilidade ecompetencia, así como capacitarse para o acceso áeducación superior.Artigo 3º.-
Obxectivos
.O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alum-nas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:a) Exercer a cidadanía democrática, desde unhaperspectiva global, e adquirir unha conciencia cívi-ca responsable, inspirada polos valores da Constitu-ción española e do Estatuto de autonomía de Gali-cia, así como polos dereitos humanos, que fomente acorresponsabilidade na construción dunha socieda-de xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.b) Consolidar unha madurez persoal e social quelles permita actuar de maneira responsable e autó-noma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quende prever e resolver pacificamente os conflitos per-soais, familiares e sociais.c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos eoportunidades entre homes e mulleres, analizar evalorar criticamente as desigualdades existentes eimpulsar a igualdade real e a non discriminación daspersoas con discapacidade.d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e discipli-na, como condicións necesarias para aproveitar efi-cazmente as aprendizaxes e mais como medio para odesenvolvemento persoal.e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escri-ta, a lingua galega e a lingua castelá.f) Expresarse con fluidez e corrección nunha oumáis linguas estranxeiras.g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade astecnoloxías da información e da comunicación.h) Coñecer e valorar criticamente as realidades domundo contemporáneo, os seus antecedentes históri-cos e os principais factores da súa evolución. Parti-cipar de forma solidaria no desenvolvemento emellora do seu contorno social.i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnoló-xicos fundamentais e dominar as habilidades bási-cas propias da modalidade de bacharelato elixida. j) Comprender os elementos e procedementos fun-damentais dos métodos científicos e da investiga-ción. Coñecer e valorar de forma crítica a contribu-ción da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das con-dicións de vida, así como afianzar a sensibilidade eo respecto do medio natural e a ordenación susten-table do territorio, con especial referencia ao territo-rio galego.k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudesde creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo enequipo, autoconfianza e sentido crítico.
 
Nº 120
Luns, 23 de xuño de 200812.185DIARIO OFICIAL DE GALICIAl) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria,así como o sentido estético, como fontes de forma-ción e enriquecemento cultural.m) Utilizar a educación física e o deporte parafavorecer o desenvolvemento persoal e social eimpulsar condutas e hábitos saudables.n) Reforzar actitudes de respecto e de prevenciónno ámbito da seguridade viaria.o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio mate-rial e inmaterial de Galicia e contribuír á súa con-servación e mellora no contexto dun mundo globali-zado.Artigo 4º.-
 Acceso
.1. Poderá acceder ao bacharelato, en calquera dassúas modalidades, o alumnado que posúa algunhadas seguintes titulacións, de acordo cos artigos 44.1ºe 65.1º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación.a) Título de graduado en educación secundariaobrigatoria.b) Título de técnico, obtido tras cursar a formaciónprofesional de grao medio.c) Título de técnico deportivo, tras cursar as ensi-nanzas deportivas de grao medio.2. Poderá acceder aos estudos do bacharelato namodalidade de artes o alumnado que estea en pose-sión do título de técnico de artes plásticas e deseño,nos termos previstos no artigo 53.2º da Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación.Artigo 5º.-
 Estrutura
.1. O bacharelato comprende dous cursos académi-cos que poderán ser cursados polo réxime ordinarioou polo réxime de ensinanzas de persoas adultas encalquera das súas modalidades: presencial, semi-presencial ou a distancia.2. O alumnado podepermanecer cursandobacharelato no réxime ordinario, con carácter xeral,un máximo de catro anos, consecutivos ou non.3. De acordo co establecido no artigo 34.1º da Leiorgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obacharelato, cunha finalidade formativa, orientadorae propedéutica, estrutúrase en tres modalidades,que son as seguintes:-Artes.-Ciencias e tecnoloxía.-Humanidades e ciencias sociais.4. O bacharelato organizarase en materias comúns,materias de modalidade e materias optativas.5. A modalidade de artes organizarase en dúasvías, a de artes plásticas, deseño e imaxe e a de artesescénicas, música e danza.6. As modalidades de ciencias e tecnoloxía ehumanidades e ciencias sociais terán unha estruturaúnica. Non obstante, dentro de cada unha delas, aConsellería de Educación e Ordenación Universita-ria poderá fixar bloques, cun máximo de tres mate-rias, entre aquelas que configuran a modalidade res-pectiva, para o conxunto dos dous cursos.7. O alumnado, no momento da súa inscrición paracursar bacharelato, deberá optar por unha das moda-lidades.A Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria regulará as condicións en que o alumnadoque cursase o primeiro curso de bacharelato nunhamodalidade poida pasar ao segundo curso dunhamodalidade distinta.As alumnas e alumnos poderán escoller entre atotalidade das materias propias da modalidade elixi-da. A súa elección só poderá estar limitada candohaxa un número insuficiente de alumnas e alumnosde acordo cos criterios que estableza a Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria.Cando a oferta das materias quede limitada nuncentro por razóns organizativas, a Consellería deEducación e Ordenación Universitaria poderá auto-rizar que poidan ser cursadas noutro centro educati-vo no réxime ordinario ou de ensinanza de persoasadultas, en calquera das súas modalidades.8. Os centros docentes que impartan bacharelatoofrecerán, polo menos, como norma xeral, dúas dassúas modalidades.A Consellería de Educación establecerá o númeromínimo de alumnas e alumnos necesarios para poder impartir cada unha das modalidades do bacharelato,sen menoscabo do principio de equidade na ofertaeducativa.Artigo 6º.-
 Materias comúns
.1. As materias comúns do bacharelato teñen comofinalidade afondar na formación xeral do alumnado,aumentar a súa madurez intelectual e humana eavanzar naquelas competencias que favorezan aaprendizaxe ao longo da vida.As materias de lingua galega e literatura I, linguagalega e literatura II; lingua castelá e literatura I elingua castelá e literatura II; lingua estranxeira I elingua estranxeira II son materias de aprendizaxesprogresivas; requirirase a superación das de primei-ro curso para seren avaliadas as de segundo curso.2. As materias comúns do 1º curso de bacharelatoson:-Ciencias para o mundo contemporáneo.-Educación física.-Filosofía e cidadanía.-Lingua galega e literatura I.-Lingua castelá e literatura I.-Lingua estranxeira I.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...