• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
Crónica do Play-Doc 2007: o ano de
Voyage en sol majeur.
III edición do Festival Internacional de Documentais de Tui
Rompía a primavera na raia miñota e a fronteira, durante séculos terra deninguén, transformábase nunha encrucillada fértil para todos aqueles que esculcan avida cunha cámara para agasallarnos cun espello no que reflectirnos, revelándonos isoque de máis noso levamos dentro, e para compartir unha experiencia que nos fai máishumanos, xa que logo, máis próximos á humanidade encarnada nos personaxes reaisque poboaron a pantalla que era Tui do 21 ao 25 de marzo.Chamamos a atención desde estás páxinas no número anterior sobre o Play-Docde Tui e a cita ineludible que representa para os cinéfilos e afeccionados ao cinemadocumental –cinema da vida, en palabras do meu amigo, o filósofo Ricardo Costas,fervente amador da encrucillada tudense e que inspirou máis dun destes párrafos- peroesta edición superou todas as expectativas, por máis que Sara García e Anxo Sánchez,os directores do festival, teñen demostrado abondo nas anteriores a calidade da mostrae o cobizoso das actividades complementarias.Sete mil espectadores facían colas na procura das entradas, enchían a sala sesióntras sesión e día tras día, acollían os filmes con aplausos, participaban animadamentenos coloquios cos cineastas e improvisaban tertulias no bar, no vestíbulo, na entrada ounos arredores da sede do Play-Doc para comentar as películas que acababan de ver.Moitos deses asistentes son xa espectadores fieis do festival e, en palabras de AnxoSánchez, demostran un ollo crítico cada ano máis afiado, cada edición máis entendido.E remataban a xornada nos concertos e aínda polas rúas da cidade nas noitebrascinéfilas, como fillos da escuridade do cinema. Rúas convertidas este ano en soporte da“liberación” de paneis publicitarios subvertidos por Ron English, un artista da cultura
 jamming 
e pai do
agit-pop
, e creados especialmente para o Play-Doc.Esta atmósfera que envolve o festival tudense, transforma ao público enverdadeiro protagonista e fai posible recuperar o ritual de ir ao cine e sentirse partícipedunha experiencia comunitaria na sala escura, depende en gran medida da dedicación,alegría e amabilidade con que se entregan os voluntarios do equipo de producción paraque os espectadores e asistentes ás diversas actividades do Play-Doc disfruten daatención que merecen en cada momento. Por máis que resulte inxusto personalizar,compre que salientemos ao coordinador Pablo Comesaña, un tipo deses que se nonexistise habería que inventalo. Como tributo ao traballo incansable dos voluntarios dofestival garda un os programas de cada edición, para conservar os nomes dos quemerecen ser recordados. Nesta edición 2007 destacaremos a espléndida selección de filmes que puidemoscontemplar. Para empezar, poñeremos o foco sobre a producción sudafricana
Themother’s house
de Francois Verster, unha mirada abraiante e conmovedora sobre unhaadolescente precoz no post-apartheid que vive unha historia complexa, inzada de ira eodio, pero contada con intimidade, sutileza e tenrura. Tampouco queremos esquecer a producción portuguesa
 Ainda há pastores?
de Jorge Pelicano que gardará a memoriadun mundo que desaparece, o dos pastores da Serra da Estrela, unha historia contadadesde o corazón. Deixaron tamén a súa pegada propia pezas como
The intimacy of  strangers
de Eva Weber,
 Eendjes Voeren
de Eugenie Jansen e
 A girl named Kai
de KaiLing Xue.O documental galego tivo unha representación máis que salientable, síntoma dunrexurdimento esperanzador. Destacamos, de momento,
 Bs.As.
, a obra de Alberte Pagánque reflexiona sobre emigración galega a Arxentina a través das fotografías familiares ea memoria dos lazos que vencellan as dúas polas da árbore atlántica do noso país; e
 
Soños desde o abismo
de Sandra Sánchez, un documental que respira coa delicadeza esensibilidade que caracteriza á cineasta que, desta vez, explora os universos deMiguelanxo Prado e Nani García e a súa plasmación na longametraxe de animación
 De Profundis
, un poema visual preñado polo imaxinario de mar.Os profesionais do audiovisual galego tamén tiveron o seu punto de encontro,moderado por Enrique Nicanor, para analizar, reflexionar e debatir as tendencias,financiación e mercados do documental europeo con expertos como Catherine Buresi,Jacques Laurent e Linda Beath. Un encontro este que serviu para estrear a transmisión por vídeoconferencia a través do Teutubo TV na web da Axencia Audiovisual Galegaque apoiaba esta actividade, como tamén o Obradoiro Avid do Play-Doc. É de esperar que este encontro acade en próxima edicións unha participación máis ampla da profesión audiovisual galega, particularmente dos productores, que este ano, conhonrosas excepcións, graduáronse en absentismo. No Play-Doc vivimos algúns deses momentos que perdurarán na nosa memoria,que nos lembrarán este ano 2007 no que estreamos a primavera en Tui, abeirados por unfeixe primoroso de documentais e na compaña dos bos e xenerosos, dos amadores dasluces e as sombras, dos que traballan por soerguer o cine deste país, cadanseu no seu, poñamos por caso Manolo González, Sandra Sánchez, Beatriz del Monte, Enrique Nicanor, Xurxo González, Víctor Coyote, Jorge e Pepe Coira, Fernanda del Nido,Susana Fernández, Alfonso Pato, Camilo Franco ou Óscar Losada; ou que o aman con paixón como Ánxeles García ou Isabel Armesto. Imos, entón, con eses momentosmemorables.Para este cronista, o documental de Georgi Lazarevski,
Voyage en sol majeur 
(Francia, 2006) foi o filme do festival, esa película pola que moitos dos que vivimosestas xornadas recordaremos esta III edición, mesmo este ano. Custa crer que, en poucomenos dunha hora, poidan debullarse os temas cruciais da existencia da man dunviolinista de noventa anos, xordo para a música, que viaxa a Marrocos co seu neto -ocineasta que nos trae este retrato tenro e vivo do seu avó-, unha viaxe soñada durantecorenta anos, a última viaxe. O filme convértese así nun alfabeto da vida, nunhagramática da emoción para conxugar as palabras primordiais: a morte, o amor, o medo,a música… Un retrato que nos retrata, un espectáculo íntimo, un corazón espido: todoiso é
Voyage en sol majeur 
. Palabras maiores esta película leve, preñada de humor,enfiada de pequenos momentos reveladores, manancial dunha corrente emocional quenos abrangue pero non nos abafa. A xoia segreda que Ánxel e Sara nos tiñan reservada.Como din os irmáns arraianos portugueses, obrigado.Hai momentos que únicamente poden acontecer nun festival a pequena escala – referímonos ao ámbito físico, non á categoría fílmica- e a propósito dunha película queimplica de xeito directo e inmediato aos espectadores que a contemplan, unhaimplicación que racha as distancias críticas e que creba o virtual coa enerxía do real,coas manchas con que a vida e a memoria luxan felizmente por veces a pantalla. Iso foio que aconteceu no coloquio que seguiu á proxección de
Traballadores do contrabando
(Galicia, 2007), o documental para televisión de Víctor Coyote. Imos por partes. A película recupera a memoria dos arraianos miñotos -de Arbo a A Garda, río abaixo- quefixeron do contrabando un modo de vida na dura postguerra civil española. Unhahistoria viva ata hai ben pouco, moi ben documentada e contada a través dos relatosorais dos seus protagonistas, pisqueiros –a palabra contrabando era tabú, chamábanlle
 pisco
- como Zé da casa da Mata, Carolina Alves, Aurelio Domingues, Ignacio Gago oua Isaura das illas. Xentiña que sabía moito de
aghua
, que lía o destino no aire, comodicen eles; que nos ensinan un vocabulario dun tempo ido:
cordear 
-unha técnica para pasar mercadorías-,
batela
–a barca propia do contrabando nos tramos de Arbo e As
 
 Neves-,
carneiros
–os emigrantes ilegais portugueses-… En resumidas contas, unha peza urxente –pola idade dos protagonistas- e necesaria. Víctor Coyote levou con el á proxección a algúns dos
traballadores do contrabando
do seu documental e mantiveronun animado e, por momentos, apaixoado coloquio cos espectadores. Aí acadou a película o seu verdadeiro clímax cando un dos asistentes, un policía, testemuñou que,gracias á penicilina que pasaban os contrabandistas, curou da tuberculose e salvou avida. Ese recoñecemento público arrincou unha ovación dos espectadores, unha emotivahomenaxe aos heroes da raia. Ese sábado, Víctor non podía dar un paso por Tui sen quealguén se lle achegara cunha historia que engadir ao relato interminable do contrabandono Miño.Goréntalle a un sentir ese lóstrego, é un dicir, cando se descubre unha mirada propia, un punto de vista persoal, un ollo cinematográfico para capturar ese anaco devida, ese momento revelador, a verdade decantada en imaxes e sons, o cine, enresumidas contas, nunha moza ou un mozo que empezan. Un ten presenciado algúnsdeses intres decisivos, chamadas de atención para seguir a andaina dun futuro cineasta.Pois ben, no maratón Play-Avid.doc participaron os finalistas do concurso de proxectosque convoca o festival e gravaron material sobre o tema da fronteira para montar pezasde cinco minutos. Unha desas pezas foi un plano secuencia, enmarcado con dousfundidos negros, capturado nun posto dunha feira arraiana, moi probablemente enValença, cuns acuarios en primeiro termo, a presencia dos transeúntes do outro lado eunha banda sonora de voces galegas, portuguesas… Unha peza que brincaba, como boacontrabandista, por riba da prescripción da montaxe para devolvernos cinco minutos devida na fronteira: unha imaxe encadrada por un cineasta con potencia metafórica nocurso do tempo. Ese cineasta chámase Eloy Enciso: saúdamos os seus primeiros e promisorios pasos e estaremos atentos a proxectos, como
 Picnic
que, cando se lean estas páxinas, xa terá estreado.E non poderiamos pechar este ronsel de momentos privilexiados, máis aíndatratándose dun festival que sente unha especial predilección polo documental musical ecoida dos concertos con que culminan as xornadas, sen referirnos a esa noite memorablee irrepetible para os que puidemos disfrutar do concerto dunha formación excepcional, a
Mostar Sevdah Reunion
. Uns virtuosos do estilo musical tradicional bosníaco, o
 sevdah
,que se remonta máis de trescentos anos no folclore balcánico, e que vén a significar coma unha mestura de amor, desexo e éxtase. Transmiten de contado a emoción quelatexa na cerna de cada tema: migas de luz sobre un fondo escuro, a noitebra do perdido.¿Que outra cousa pode un cantar co corazón na man? Esta edición do Play-Doc serálembrada tamén por este concerto inolvidable. Cando a xentiña que colmara deemocións a súa alma para unha boa tempada descubría a algún dos músicos da
Mostar Svdah Reunion
, rompía a aplaudir como tributo a quen trouxera a Tui un don que nonhai diñeiro que o pague.O xurado internacional desta edición estivo integrado por Ana Isabel SantosStrinberg –membro da Asociación Portuguesa de Documentais-, Dominique Abel – actriz e cineasta francesa-, Santiago Talavera –realizador e docente sevillano-, GoranRadovanovic –cineasta de Belgrado, gañador do premio á mellor longametraxe na Iedición do Play-Doc- e presidido por Pepe Coira –historiador, guionista e productor galego-. Este foi o palmarés da III edición do Festival Internacional de Documentais deTui:- Premio á mellor curtametraxe documental,
ex–aequo
:
 A girl named Kai
(Canadá,2005) de Kai Ling Xue e
 I want to be a pilot 
(México-España, 2006) de DiegoQuemada-Díez.- Premio Atlántico:
 Ainda há pastores?
(Portugal, 2006) de Jorge Pelicano.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...