• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
4ª edición do Play-Doc: cinema en carne viva.
Do 12 ao 16 de marzo celebrouse en Tui, un ano máis, o Play-Doc, o IV FestivalInternacional de Documentais cunha selección cobizosa e abarcable de filmes a corazónaberto que, sen fuxir do risco, acadou unha extraordinaria resposta do público: velaíeses seis mil espectadores que constitúen o aval máis elocuente dunha mostra que, sendeixar de constituir un milagre arraiano, semella xa definitivamente consolidada. OPlay-Doc é xa unha cita inesquecible co documental, un punto de encontro para oscineastas, unha celebración para os cinéfilos, unha encrucillada miñota co cinema davida e, non menos importante, un espacio de civilización e goce para os tudenses.Sara García e Ángel Sánchez, os directores do Play-Doc, pretenden combinar namostra de Tui –e abofé que o logran- un panorama amplo dos documentais que se producen no mundo –de Polonia a México, pasando por Suecia, Brasil, Romanía ouIsrael- cunha fasquía emocional poderosa, facilitar o encontro dos cineastas co públicoque non se conforma con asistir as proxeccións senón que devece por preguntar edebatir, e prolongar o alento do festival máis alá dos filmes para impregnar as rúas e ashoras coa atmósfera que se desprende das pantallas latexantes de vida. Coma escribiuPepe Coira na presentación do Play-Doc, “aparecen aquí e alá tipos admirables que sedan parado a escoitar e ver e nos dan contado algo de nós mesmos para que nosentendamos, o que se coñece coa expresn redundante de cine documental”.Efectivamente, Sara e Ángel acollen a ese tipo que foi quen de ver e a nós que procuramos un último refuxio para recoñecermos na pantalla. E claro, ten razón PepeCoira cando suliña a redundancia, sendo a cámara o que é, e o cinema como é, que outracousa pode ser se non documental? Pero ese debate é outra historia.Cómpre agora a historia enfiada polos filmes presentados no Play-Doc, coma
O papel non pode envolver a brasa
(2006) do cineasta camboiano Rithy Panh, que seachega á dolorosa experiencia das mozas sometidas á explotación sexual nas rúas dePhnom Penh mediante unha cámara que se introduce na intimidade das súas vidas, ataos recantos onde se amasan a desesperación e os soños, a culpa e a inocencia, aviolencia e a morte. Un filme que acada os momentos máis elocuentes cando se afastadas súas protagonistas para navegar río arriba, cara ás nacentes da memoria, botandoman dos dibuxos e xoguetes infantís ou das casiñas de bonecas; en resumidas contas,cando a forza da sicdoque empurra a imaxinacn do espectador á cerna daexperiencia vital das mozas camboianas, cando a película respira e invita a mirar dentro,máis alá da pantalla. “Os pobres somos culpables de non ter estudios, de exercer a prostitución, de padecer a sida. Os pobres só podemos ser culpables”, así conclúe unhadas mozas ao final da película, un bucle temático que ben podería aplicarse a boa partedas obras seleccionadas este ano de entre máis de seiscentos filmes presentados.O filme de Rithy Panh permite afondar na reflexión debullada polo meu amigo easiduo do Play-Doc, o filósofo Ricardo Costas, a propósito da distancia xusta pararexistrar o dolor. De ruada noitebra despois das sesións do Play-Doc, comparaba estefilme co romanés
 Non te enfades, pero…
(Nu te supara, dar…,2007) de Adina Pintilie,que se achega ás horas interminables e aos xestos codificados dun ritual case sagradodos recluídos nun manicomio que procuran acadar un universo lóxico e autosuficiente,un sentido vital se cadra, e faino elixindo encuadres que dotan de solemnidade osmomentos máis humildes –cambiar unha pedras de lugar, barrer unhas escaleiras ou percorrer unha e outra vez o patio-, permitindo que os planos respiren e deixando marxe para que a mirada do espectador xermine no curso do tempo. A medio camiño entre axeometría e a intuición, entre o ollo e a vida, velaí –comentaba o meu amigo- a eleccióndecisiva do cineasta, a estratexía última no territorio comanche onde se xoga odocumental en tanto que interpretación do mundo visible con vistas –oportuna
 
redundancia- a revelar o invisible. “Eloxio da distancia” poderiamos titular ocomentario de Ricardo Costas.O Play-Doc permitiulle aos espectadores reencontrarse con Georgi Lazarevsky, oautor da marabillosa
Viaxe en sol maior 
que o ano pasado conmoveu o Festival, nestaedición con
O Xardín de Jad 
(2007) lévanos a unha residencia de vellos no leste deXerusalén onde a construcción do muro ameaza con aíllalos definitivamente do mundo pero tamén onde atopamos a resistencia ao abandono definitivo da man do humor e damemoria. Unha mirada dotada de sensibilidade nun filme que debulla delicadamente ahistoria cun tempo que permite respirar o arrecendo dunha experiencia e prepara osmomentos onde a emoción achega o espectador ao que acontece na pantalla con esetravelling interior do que falaba Serge Daney. De Israel chégounos tamén
 Hotel 9estrelas
(2006), o documental de Ido Harr que, cámara en man, achéganos á duraexperiencia dos traballadores palestinos ilegais na construcción, unha situación queviven milleiros de palestinos dos territorios ocupados. Pola súa banda,
Septiembres
(2007) de Carles Bosch tráenos as historia de amor vívidas e vividas por presos, catrohomes e catro mulleres, achegándonos á intimidade das súas celas ao longo dun ano,unha visión do cárcere pespuntada de cartas, ausencias, perdas, separación e fráxilesesperanzas que remiten en último termo a fondas e remotas experiencias poéticas queecoan nesta película. Na sección correspondente aos documentais galegos cómpre destacar 
 Pic-nic
(2006) de Eloy Enciso un filme que basa os seus efectos no dispositivo ideado pararegistrar momentos da vida unha praia do Mediterráneo durante o mes de agosto quedoutro xeito pasarían desapercibidos para a cámara, un dispositivo debedor tamén dotempo que o cineasta lle adica a que o visible calle nunhas imaxes que destilan o latexodo trancorrer desolado, salferido por momentos reveladores que non sería esaxeradocualificar de epifanías.
 LT22 Radio La Colifata
(2007) de Carlos Larrondo achéganos aexperiencia dos internos dun psiquiátrico de Bos Aires que producen diariamente o programa “A radio dos tolos”, unha canle expresiva de excéntrica e mesmo poéticalucidez; mágoa que por momentos o filme derive cara un cosmpolitismo fóra de lugar,cara unha reivindicación da suposta xenialidade inherente á tolemia ou bote man dunhaestrela mediática (por moi antisistema que se presente) coma se non fose abondo coaexperiencia dos propios personaxes, unha decisión probablemente imposta ao cineasta.Entre as novidades desta edición do Play-Doc cómpre salientar, ademais dasección informativa adicada á violencia de xénero, os documentais de animación. Pezascomo a producción belga
Yves
(2006) de Joost Jansen ou a sueca
¡Nunca como a primeira vez!
(2005) de Jonas Odell demostran a apertura do cinema documental paraabordar novas formas de experimentación e de expresión, hibridando rexistro do real eabstracción figurativa dun xeito emocionante. Entre as constantes, os documentais demúsica vencellados aos concertos no Metropol, un dos sinais de identidade do Play-Doce unha das actividades paralelas máis exitosas. Este ano debemos suliñar 
 Jimmy Rosenberg: o pai, o fillo e o talento
(2006) de Jeroen Berkvens, un filme sobre ese prodixio que estaba chamado a ser o sucesor do lendario Django Reinhardt, e que tivo oseu colofón no cálido concerto de The Rosenberg Trio. Pero, comprensiblemente, aapoteose musical do festival chegou da man de Siniestro Total que presentaron odocumental sobre a súa trayectoria,
Que parezca un accidente
(Mikel Clemente, 2007)e colmaron as expectativas do público que encheu a rebordar o concerto.Pero esta edición do Play-Doc tivo na triloxía de Lech Kowalski,
 A fabulosaarte de sobrevivir 
– 
 East of Paradise
(2005),
On Hitler Highway
(2002) e
The Boot  Factory
(2000)- a súa aportación fundamental, permitindo aos espectadores achegarse áobra dun deses cineastas proscritos e insobornables, e polo mesmo, imprescindibles.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...