• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
 Babel 
: unha certa tendencia
A película de Alejandro G. Iñárritu vén de ser premiada co Globo de ouro ámellor película dramática de 2006. Tamén foi aclamada por algúns comentaristas comoa primeira película do século XXI. Semella que estamos ante unha película que rebordaa súa significación fílmica para dar conta do estado de cousas do mundo en quevivimos: unha película que levanta acta da globalización.Os críticos gastaron cualificativos coma “historia portentosa”, “abafadora na súacósmica emotividade” ou “envolvente e sensual posta en escena”.
 Babel 
valeuse dunhadistribución reservada ás películas de Hollywood –exhíbese en todas as multisalas do país- e, para redondear o evento, acadou o éxito de taquilla. E recoñécese, con prácticaunanimidade, que é un filme independente, mesmo cine de autor.
 Babel 
combina catro historias que se desenvolven no deserto marroquí, nafronteira de Tijuana e en Tokio para compoñer un relato que aparece estructurado, ante amirada do espectador, mediante quebras espacio-temporais, coma un puzzle narrativoque cada quen compón mentres se suceden os fragmentos. Unha disposición estructuralcoa que xa están familiarizados os coñecedores do cine de Iñárritu, concretamente dosseus filmes anteriores
 Amores perros
ou
21 gramos
que, con
 Babel 
, constitúen, en palabras do director, un tríptico de historias cruzadas.Un filme, polo tanto, no ronsel de
Vidas cruzadas
de Robert Altman,
Magnolia
de Paul Thomas Anderson,
The Station Agent 
de Tom McCarthy,
Wonderland 
deMichael Winterbottom ou
Crash
de Paul Haggis, por citar algunhas das películas producidas nos últimos quince anos e que adoptan unha estructura narrativa semellante,con distinto grao de complexidade e unidade dramática. Poucas veces esta estructuraacada esa necesaria unidade íntima co que se conta, de tal xeito que contrubúe a facer máis intensa a experiencia do espectador, poñamos por caso
Yi Yi
de Edward Yang.Así que poderiamos falar dunha certa tendencia na producción cinematográfica,que modifica sustancialmente a experiencia do espectador, privilexiando os instantes, osmomentos de alta intensidade emocional, sobre o ritmo, o desenvolvemento progresivoda emoción. E que procura o vencello temático por riba da unidade dramática. Semellaque medra a desconfianza no poder dunha historia para procurar a atención e lograr aemoción. Unha posta en escena abafadora, unha cámara nerviosa e unha montaxe queesfarela a continuidade narrativa resultan decote os recursos para cativar ao espectador.
 Babel 
vén ser o paradigma desa tendencia. Aposta polo vencellamento temáticodas historias, aínda que a súa unidade sexa máis que discutible; en palabras do seudirector,
 Babel 
convertiuse nunha película sobre o que nos une, non do que nos separa.Pero, claro, calquera película parte deste suposto: o que nos une é o que permite acomunicación, a condición humana é condición esencial para que sexa posible contar unha historia.Calquer historia é unha sinécdoque da experiencia humana: a historia que sedesenvolve no deserto marroquí contén en si mesma o mundo enteiro. ¿Qué engade ahistoria da fronteira de Tijuana ou a de Tokio? Pero o problema grave radica en que esahistoria permitía, de ter sido desenvolvida, que o espectador compartira unhaexperiencia emocional completa. Como dicía Miguel Torga, o universal é o local sen barreiras. Esquecemos que, cando de dramaturxia falamos, menos é sempre máis.
A televisión galega: a locomotora ausente.
Lembro a visión (¿utópica?) que proxectaba Carlos Velo a mediados dos oitenta,nunha das Xociviga de O Carballiño, sobre a televisión galega que daquela botaba aandar. Falaba o cineasta galego dunha TVG coma se dun espello do país se tratara,coma dun obradoiro de creación das miradas de nós sobre os noso e sobre o mundo,
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...