• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
Cita co Documental en Tui
Do 21 ao 25 de marzo celebrarase a terceira edición do Play-Doc, o FestivalInternacional de Documentais de Tui. A mostra da raia miñota vén sendo un encontroineludible para achegarse ao cine do real –sen dúbida, estamos ante o mellor festival dedocumentais do estado español-, un cine que vive tempos de rexurdimento efecundidade.O documental representa un espello multiple e unha encrucillada de miradasdiversas sobre o noso mundo, unha realidade global pero non uniforme. Sara García eÁngel Sánchez visionaron máis de cincocentos documentais de cincuenta e cinco países –desde Nova Zelanda a Finlandia pasando por Taiwan, India, China, Camerún, Angola,Sudáfrica, Chile, Eslovaquia ou Bélxica- para elaborar a selección que poderemoscontemplar este ano.O Play-Doc de Tui acollerá historias que constrúen pontes emocionais cosrecantos do mundo, que achegan culturas alleas, pero que esculcan na condiciónhumana para revelar o que, en definitiva, nos une. Historias agrupadas nas seccións deLongametraxes, Curtametraxes, Atlántico, Foco Galicia, Informativa e Musical, fiestrasdiversas para pezas de múltiples tendencias e estilos dese xénero movedizo –cine defronteira por definición- que chamamos Documental.Historias, poñamos por caso, como
Viaxe en sol maior 
de Georgi Lazarevski, unitinerario físico e vital, soño e balance dunha vida;
 Dando de comer aos patos
deEugenie Jansen, unha reflexión sobre a inocencia e a memoria da infancia a partir devellas filmacións caseiras;
Unha moza chamada Kai
de Kai Ling Xue, un diario íntimousando material en super-8 e 16mm;
Soños desde o abismo
de Sandra Sánchez, sobre o proceso de creación da película “De profundis” de Miguelanxo Prado con música de Nani García;
O tempo dos bullós
de Chus Domínguez, un poema audiovisual sobre ooutono nunha aldea remota do Courel;
 Pensando en soidade
de Marcos Nine, sobre esecineasta único que foi José Ernesto Díaz Noriega;
Sister in law
de Kim Longinotto eFlorence Ayisi sobre a condición feminina en Camerún a través dunha fiscal e unhaxuíza;
Traballadores do contrabando
de Víctor Coyote sobre a memoria dos tempos doestraperlo na fronteira miñota;
 A casa da nai
, un retrato abraiante dunha adolescentenunha comunidade arrasada polas drogas e a sida en Sudáfrica; ou
 Fronteiras
de RubénPardiñas, estrea do documental gañador do concurso do taller “Xpréssate” da anterior edición do Play-Doc.O Play-Doc programa diversas actividades paralelas –eso si, en estreita relaciónco universo documental -que complementan e enriquecen o festival conferíndolle unhamáis ampla dimensión cultural e, a través do taller “Maratón Avid”, mesmo formativa.Así, esta terceira edición acolle, nas rúas de Tui, unha exposición de paneis publicitarioscontra o pensamento único de Ron English, un dos artistas is fecundos domovemento
 jamming 
e pai do
agit-pop
que acompaña a exhibición na seccióninformativa do documental
 POPaganda: The art and Crimes of Ron English
dorealizador venezolano Pedro Carvajal. Salientaremos o concerto da Mostar SevdahReunion Band, un grupo de músicos extraordinarios sobre o que poderase contemplar odocumental
Sevdah: A ponte que sobreviviu
de Mira Erdevicki.E para que non falte de nada, os realizadores e productores de documentais teránocasión de manter un encontro cos expertos Catherine Buressi e Jacques Laurent sobreas tendencias e mercados do documental en Europa.
 De profundis
: unha experiencia do abismo.
A película de animación de Miguelanxo Prado, con música de Nani García, ben podería considerarse unha historia fincada nas estremas dese territorio inesgotable que éa
Odisea
de Homero: unha muller agarda por un home posuído polo engado do universo
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...