• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
O concursante
, un filme marxista de Rodrigo Cortés
Lembroume a Eisenstein e o seu proxecto de facer unha película sobre
O capital 
de Carlos Marx, contame o meu amigo Manolo González a propósito de
Oconcursante
, a primeira longametraxe do ourensán Rodrigo Cortés producido polocineasta coruñés Xavier Villaverde. E abofé que a fasquía ensaística do filme remite aaquela idea nunca materializada do mestre soviético. Mágoa que probablemente, candose poida ler esta reseña, a película xa teña desaparecido dos cines, aínda que sempre poderemos botar man do dvd. Pero vaiamos de vagar.
O concursante
conta a historia dun profesor de historia da economía que gañade tres millóns de euros nun concurso televisivo e acaba esmagado por semellantemorea de cartos. É un dicir. Efectivamente, porque a historia é inseparable do seudiscurso fílmico onde estoupa a narrativa liñal, conviven distintos xéneros e formatos, erebenta as costuras do relato nunha hemorraxia audiovisual imparable e torrencial,como a prosa arrebatada de Carlos Marx cando quería poñer, negro sobre branco, astripas do modo de producción capitalista para mellor entendelo e, xa que logo,combatilo.O filme de Rodrigo Cortés podería definirse coma un ensaio fílmico sobre acirculación do diñeiro, é dicir, sobre a creación dunha realidade virtual, ese mundo noque vivimos -o reino da usura-, ese que nos convirte en meros concursantes dunhaficción, monicreques dun universo de signos -unha hiperinflación de imaxes- que velano baleiro de significados no que se asentan. Como diría Zizek, benvidos ao deserto doreal. Por iso,
O concursante
ten máis que ver con textos como
O ano que tampouco fixemos a Revolución
do colectivo Todoazen que ás películas que adoitan aparecer nasnosas carteleiras.Cando falamos do carácter ensaístico do filme de Rodrigo Cortés, referímonos áforma do discurso pero tamén ao sentido de tentativa de esculcar na opacidade daglobalización que formula o noso mundo. E se pensan que estamos ante unha obraaburrida, nada máis lonxe da realidade. Todo o contrario, trátase dunha película que lleofrece ao espectador unha experiencia audiovisual intensa –espídica, conceptúa o seudirector-, cargada de enerxía, cunha rara vontade de estilo a través dunha montaxeabraiante e salferida por doses de humor máis ben negro. Un raro artefacto fímicodotado de intelixencia crítica. Os noventa minutos que dura o filme –un brillanteexercicio de síntese- pasan nun tris; o tempo, literalmente, voa.Compre salientar o traballo dos actores que consevan a figura sen ficar abafadosna ardentía audiovisual do filme, particularmente reconforta recuperar a un espléndidoLuis Zahera; sempre resulta gratificante atopar a elocuente sobriedade de Chete Lera;goréntanos rescatar a presenza, incomprensiblemente escasa no cine español, deMiriam de Maeztu; e, como non, a composición do protagonista da man de LeonardoSbaraglia. En fin, non podemos máis que valorar o alento, mimo, respecto e talento conque Xavier Villaverde cuidou a película de Rodrigo Cortés, valores que a penas custaimaxinar canto sustentan a producción.Sería de desexar que este filme represente unha promesa, e non unha illa, duncinema alentado pola paixón, liberado dos corsés canónicos e cunha ollada propia. Nonse perdan
O concursante
. O deserto do real ben merece unha viaxe a través dunhamirada intelixente dotada de humor e desbordante de talento.
 A lenda do tempo
, un filme imprescindible de Isaki Lacuesta
Hai uns anos viaxei por primeira vez á illa de San Fernando perseguindo algoque sabía que era imposible de atopar: o fantasma do mítico cantaor Camarón de la Isla.Como era previsible, do meu admirado Camarón non atopei máis que as pegadas da súa
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...