• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
 Hotel Tívoli 
de Antón Reixa: unha de
 gallegos
.
Presuntamente estamos ante unha película que conta unha morea de historias,enfiadas por un acendedor que vai de man en man, de Lisboa a Bos Aires pasando por Londres ou Greoenlandia. Seica se nos propón unha imaxe global, planetaria se sequere, do que representa ser galego; unha visión caleidoscópica da nosa identidade en plan mundial. Iso si, quérese transmitir de forma desenfadada, lixeiriña, sen fonduras,con moito humor, unha comedia babélica, faltaría máis.Pois non hai tal.
 Hotel Tívoli
non conta historias, presenta situacións, anécdotas,ocorrencias sen dramatizar, chocalleiras, salferidas por flashbacks –pretendidamentenaifs ou cómicos- pero que resultan impresentables, e algún mesmo tramposo. A película, por chamarlle algo, estáncase cada dez minutos para espetarnos –que noncontarnos- a historia dun
 gallego
co aquel de que somos a mar de particulares e, xa postos, de parecernos a alguén, seica nos parecémonos coma dúas gotas de auga aosinnuits, eses esquimós que todo o comparten mesmo a propia muller: patético.Salientaremos que no último episodio atopámonos coa a única escea con valor cinematográfico de todo ese
 Hotel Tívoli
, unha escea –a da porteña e o alemán noavión- luxada por un inserto caloteiro, pero seica non nos ían dar o gusto a quen, por certo, pagou a súa entrada e tiña dereito a un algo de emoción, e axiña esfarelan asespectativas coa visita turística por Bos Aires e do resto mellor nin falar.
 Hotel Tívoli
inaugura un novo xénero na cinematografía galega, o xénero das
 gallegadas
 –¿lembrades as españoladas?-. Supoño que xa temos un cinemanormalizado. Agora xa só falta o cinema pornográfico.
O neno de barro
de Jorge Algora: un
 serial killer 
arxentino.
A primeira dificultade para abordar este filme deriva do desconcerto que producea estratexia publicitaria en relación coa estratexia narrativa elixida para contar unhahistoria basada en feitos reais acontecidos en Bos Aires en 1912, unha cadea deasasinatos de pícaros cometidos polo
 Petiso Orejudo
, un nome que provocaba arrepío cosó pronuncialo. Un material cobizoso para a crónica negra daqueles tempos nos queArxentina representaba unha terra de promisión e da que Bos Aires constituía o porto dearribada para os pobres e perseguidos de Europa. En todo o material publicitario da película identifícase ao asasino, mesmo o
logline
do cartel –“a maldade ten dez anos”-apunta na dirección dun relato centrado na figura do
 serial killer 
, pero
O neno de barro
escolle unha estratexia narrativa propia máis ben dun filme de “sexto sentido” queresulta desconcertante.A película de Jorge Algora
 
adopta como punto de vista predominante o dun pícaro que experimenta as visións dos asasinatos no momento en que se cometen: “Vexo polos ollos do asasino” - unha regra de xogo, por certo, violentada na resolución domisterio da identidade do
 serial killer 
-. Unha experiencia paranormal que o convertiráen sospeitoso dos crímenes e que nos situaría, polo tanto, ante unha película ao redor dunha historia de falso culpable. Unha estratexia que gañaría en carga dramática se oespectador tivera claro quen é o verdadeiro culpable e se nos permitira acceder ao seu punto de vista. Pero tampouco se quere prescindir do thriller policial -a caza doasasino- cun comisario supostamente obsesionado coa resolución do caso nin domelodrama social. Así, a dirección do relato dilúese e o espectador non sabe que película está vendo: a desorientación, unida á indefinición dos personaxes, conducemáis ben cedo ao desinterese. Mágoa.
 Senescencia
: Ignacio Pardo en carne viva.
Dende o pasado 3 de maio podemos percorrer no CGAC de Santiago deCompostela a última mostra da obra de Ignacio Pardo, un dos grandes cineastasexperimentais do noso tempo. Logo de crear algunhas das obras seminais das artes da
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...