• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
Cinco curtas galegas de ficción no espello roto do melodrama clásico.
Achegámonos outravolta a unha escolma de curtas galegas da última colleita quecontou con axudas á producción en 2006. A Axencia Audiovisual Galega ten un dosseus eixos no apoio á producción de curtametraxes, unha iniciativa que debemosaplaudir e mesmo reclamar que se constitúa en asunto da máxima prioridade. Perotamén cómpre salientar as aúas iniciativas de difusión: por primeira vez na historia, aCinemateca Portuguesa, da man do seu director e lenda viva da cinefilia Bénard daCosta, exhibiu unha mostra de cinema galego -unha selección de curtas-, que se proxectou asemade en Coímbra e Porto.Entendemos as curtas como eido primordial de experimentación e aprendizaxe para os novos cineastas, tanto na narrativa cinematográfica como na dirección deactores, posta en escena, montaxe ou son. É dicir, tanto nos recursos da linguaxe comonos recursos humanos e económicos que se mobilizan á hora de poñer en pé unha película por curta que sexa.Así que está permitido trabucarse, mesmo resulta indispensable: son os riscos daaprendizaxe verdadeira. A producción de curtas representa unha escola que debecomplementarse coa crítica que, no canto de cualificar, debe valorar e poñer o acentonos aspectos que merecen ser gabados pero tamén no que debe ser corrixido.Suliñamos, de entrada, a especial dificultade xenérica destas cinco curtasescolmadas ao inserirse no eido do melodrama clásico como marco referencial dos seusrelatos, un espello escachado pola posmodernidade e a mestizaxe de xéneros que levaaparellado: un espello roto e difícil do cinema cando se trata de recoñecerse nel e máiscunha película curta.
 Adeus, Edrada
de Rubén Ríos/
 Amelia e as sereas
de Ghaler Jaber
 Adeus, Edrada
conta unha historia de medo rural que ten o seu motor dramáticona morte como zume nutricio dos pesadelos dun pícaro. Rubén Ríos desprega o relatonunha aldea perdida onde a penas quedan uns poucos veciños sen futuro, acorados nassúas miserias domésticas e consumidos polo desalento e a resignación. En realidade, ahistoria de medo vén sendo unha metáfora do país, e as almas perdidas unha Galicia quexa non ten sitio neste mundo. Atopámonos, pois, diante dun tema importante –a crise domundo rural- tecido cos vimbios dun conto de medo. Mágoa que estea máis enunciadoque elaborado visualmente, é dicir, ten unha existencia verbal pero non emerxe dende a posta en escena. Así, tema e historia non acaban de callar nunha construcción orgánica,e a metáfora da morte dun país resulta un envoltorio e non a cerna invisible daconstrucción do relato. Haberá que repasar a teoría do iceberg.
 Amelia e as sereas
preséntanos unha historia de malos tratos e a fantasía comoúnico ¿camiño de salvación? Pero semella que a Ghaler Jaber non lle bastaba que á súa protagonista tivera a súa ración de somantas e engádelle o acoso sexual no traballo.Demasiado para unha curta. Un exceso que procura unha xustificación literaria para undesenlace inverosímil que rebenta a credibilidade drámatica, cristalizada na ameaza tan ben encarnada por Luis Zahera. O drama non é unha cuestión de cantidade senón decalidade; non se trata de sumar, trátase de progresar. Pero, aínda así, estes erros resultan perfectamente corrixibles en próximas curtas. Máis importante para Ghaler Jaber serálibrarse dunha retórica visual efectista e relambida de mal videoclip e dos excesosmetafóricos que afogan o significado. Cómpre lembrar sempre, a modo de depurativoda mirada, que a estética non ten que ver coa beleza, senón coa verdade.
 A rosa dos ventos
de Jairo Iglesias/
 Amigos invisibles
de Pedro G. Alonso
 No corazón de
 A rosa dos ventos
latexa o abandono, o desleixo emocional dunhamuller que naufragou nos cantís do desacougo. Deducimos que así latexa o corazón rotode Rosa, a protagonista interpretada Belén Constenla. Así, racionalizamos o drama que
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...