• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
 
Notas para un debate inexistente (pero inaprazable) sobre o cinema galego
Advírtese no país un confuso mar de fondo onde se mesturan problemasconceptuais, criterios de axudas á producción cinematográfica e cuestións de políticaaudiovisual. Mágoa que o denominador común das diferencias e carraxes que asomannos medios teña máis que ver coa asignación dos recursos públicos que coas ideas. Velaía razón fundamental para que a encrucillada que estamos a vivir resulte un ermo nocanto de propiciar unha reflexión fértil sobre os horizontes do cinema galego. Ou se sequere, sobre o cinema sen adxectivos. Porque, se dende aquí falamos, que outro cinema pode ser. Quen sabe se haberá debate, pero seguro que hai cabreo no audiovisual galego.Dicía Miguel Torga que o universal era o local sen paredes. Para que o debatesexa posible haberá que derrubar primeiro os valos que pechan as parroquias, e mesmofamilias, do cinema deste país e crebar a mirada ensimesmada sobre o propio embigo;rescatar as ideas das liortas electorais e dos repartos competenciais, resitualas no eido da política –é dicir, da acción transformadora da situación existente- e procurar unha fiestra pola que as miradas de aquí poidan aportar unha imaxe do mundo que poidamoscompartir máis alá de nós. Estas coordenadas metodolóxicas veñen sendo instrumentosimprescindibles para que unha reflexión sobre o cinema resultara productiva neste país.Só dende a reflexión vai ser posible un pacto entre os distintos ámbitos do sector audiovisual con vistas a enxergar a producción cinematográfica sen fronteiras e abertaaos horizontes. Dende aquí, máis alá.Estas páxinas queren achegar de vagar un bosquexo con vistas a rozar o eido de bouza conceptual. Imos entón coa cerna que enguedella a lea Consorcio/AxenciaAudiovisual Galega, ou se se quere Consellería de Presidencia/Consellería de Cultura:¿de que falamos cando falamos do cinema galego? Vaiamos por partes. Primeiro unhacuestión meramente operativa: a definición de “película galega” –daí nace o incomodo-non ten que ver cunha cuestión teórica, nin sequera ideolóxica, senón coa necesidade deconcretar os criterios que guían a asignación de recursos públicos –limitados- á producción cinematográfica. Trátase, en resumidas contas, dun baremo; podería haber outros, decidiuse ese. E trátase, obviamente, dunha decisión política, discutible perolexítima. Unha decisión que marca un antes e un despois, e daí o cabreo. Antes edurante anos, as productoras galegas –as que se definen a si mesmas como “grandes”-cortaban o bacallao; agora, as comisións independentes deciden que proxectos recibenaxudas nas distintas convocatorias (desenvolvemento de proxectos, producción,curtametraxes…). Outravolta, decisións discutibles pero transparentes: o dito, un antes eun despois. Así que o reconcomio non ten que ver cunha definición restrictiva do que éunha película galega, senón con que agora autores individuais e outras productoras –asque as autodenominadas “grandes” chaman “pequenas” (pode resultar cómico pero asíé)- tamén poden acceder en igualdade de condicións aos recursos públicos. Enton ¿deque falamos cando falamos do cinema galego? Supoño que ese será un obxecto dediscusión inesgotable, aínda que de dubidosa rendabilidade teórica. Por iso mesmo,convén optar por unha definición operativa de película galega con vistas a concretar oscriterios con vistas ás convocatoria de axudas á producción audiovisual. ¿Seríadesexable un consenso sobre eses criterios? Efectivamente, pero ese consenso deberáemerxer, se chega o caso, dunha reflexión máis ampla, no eido das ideas, sobre ocinema.¿E de que cabe debatir sobre o cinema galego? Velaquí algunhas das cuestiónsque conviría poñer enriba da mesa:-¿Cómo mellorar a formación cinematográfica? Resulta lamentable que fagamoscoma se o cinema nacera nos oitenta: a ignorancia é un fracaso e un lastre. ¿Cómogarantir unha mellora significativa na formación profesional nos oficios do cinema?
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...