Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Save to My Library
Look up keyword
Like this
8Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
Manifesto pola plena soberanía nacional

Manifesto pola plena soberanía nacional

Ratings: (0)|Views: 635|Likes:
Published by Filipe Diez

Manifesto pola plena soberanía nacional convocando á manifestación nacional do 3 de marzo de 2013.

Manifesto pola plena soberanía nacional convocando á manifestación nacional do 3 de marzo de 2013.

More info:

Published by: Filipe Diez on Feb 21, 2013
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

09/17/2013

pdf

text

original

 
MANIFESTACIÓN NACIONAL - 3 DE MARZO
 
 ÁS 12H DESDE A ALAMEDA DE COMPOSTELA
Organizacións convocantesBloque Nacionalista Galego (BNG)
 –
Coordenadora Constituinte do ProjectoIndependentista (CCPI)
 –
Confederación Intersindical Galega (CIG)
 –
Central ObreiraGalega (COG)
 –
Federación Rural Galega (FRUGA)
 –
Movemento pola Base (MpB)
 –
 Nós-Unidade Popular (Nós-UP)
 –
Agir
 –
Assembleia da Mocidade Independentista (AMI)
 –
Briga
 –
Comités
 –
Galiza Nova (GN)
 –
Isca!
 –
Liga Estudantil Galega (LEG)
MANIFESTO
Herdeiras e herdeiros da esperanza de Celso Emilio, erguemos a voz nun tempo escuropara convocar a sociedade galega, a esa inmensa maioría social traballadora, a unharesposta de dignidade e loita para enfrontar o tempo da devastación social e cultural,política e económica, que están a provocar as políticas do capitalismo ultraliberal nonoso país, Galiza.Esta convocatoria quere sinalar como responsábeis os gobernos-títere que atendensubmisos ás imposicións dos mercados capitalistas e dos especuladores, grandesempresarios e defraudadores en prexuízo do acervo de dereitos económicos, sociais eculturais e das liberdades políticas que precisamos as galegas e galegos parapodermos exercer a nosa condición de cidadanía social. Ese complexo de dereitos eliberdades constitúen os alicerces do outro país que arelamos, ceibe do complexo deviolencias estruturais que en todos os eidos da vida social feren as condicións materiaisde vida da inmensa maioría traballadora do país.O réxime político da 2ª Restauración esmorece provocando unha violenta destruciónsocial, económica e cultural sobre o noso pobo, cuxa maioría traballadora contempla adestrución de emprego e o crecemento do paro, desa Galiza que xa ten máis de350.000 persoas sen traballo e que contempla como a mocidade ten como único futuroemigrar; a voadura dos sectores produtivos estratéxicos do país, do naval aoagrogandeiro pasando polo esganamento da investigación e o desenvolvemento; aprivatización e espolio do aforro galego que se quere entregar ao gran capitalfinanceiro; a degradación e privatización dos servizos públicos educativos, sanitarios,sociais e mesmo da xustiza; o roubo e escándalo dunha corrupción funcional ásrelacións sociais de produción capitalistas; o emprego do goberno autonómico paradestruír a nosa lingua e cultura; ou o incremento continuado da represión policial,xudicial e carceraria, como estamos a ver, contra aqueles movementos sociais,sindicais e políticos que rexeitan este réxime. E como corolario desas agresións, omedo, a pobreza, a precariedade social, a dor e angustia e incluso os suicidios.
 
Denunciamos un réxime político e de acumulación de capital que amortalla vidas,esperanzas e mesmo cadáveres para atesourar moedas, cobiza e egoísmos.Un réxime onde os sectores máis conservadores gañan tempo nunha das súas batallasmáis mediáticas: a eliminación de dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Esteataque contra o dereito a decidir sobre a reprodución non é accidental e está marcadapola ofensiva contra os dereitos conquistados polas mulleres nos últimos anos. Aocuestionar a sabedoría das mulleres para decidiren sobre seus corpos e criminalizaraquelas que non queren ser nais, as posicións antiabortistas reforzan o seu papel comonais e esposas no ámbito doméstico.Estamos diante dun modelo político e social que mete auga por todos os lados e doque nada se pode agardar, porque foi protexido de calquera tipo de mudanza e rexeitamesmo discutir. A súa lexitimidade do punto de vista político está cada día máisdeteriorada e só lles fica o recurso permanente á represión para enfrontar as lexítimasdemandas do pobo.Só nos deixan un camiño para as transformacións que as persoas precisamos: AMUDANZA DE SISTEMA.Os señores de negro, coa complicidade do gran capital, impoñen o secuestro dosdereitos fundamentais do noso pobo: económicos, sociais, lingüísticos e nacionais;utilizando a Constitución de 1978 como útil ferramenta ao servizo dos intereses dunhapoderosa minoría oligárquica empeñada, en nome da ilexítima débeda e da
 “
unidadede mercado
” 
, na precarización e españolización definitivas de Galiza.Estamos perante un momento decisivo para configurarmos o futuro: o vello está amorrer e aínda non agromou o novo. Todos os días afrontamos unha loita decisivaentre o poder económico de banqueiros, especuladores e grandes empresarios quecontan coa complicidade dos partidos do réxime, e nós, a maioría do pobo traballadorna defensa dunhas condicións de vida dignas. Esa loita require da suma de forzas eesforzos partillados para construírmos un futuro distinto e mellor para o noso pobo;pobo que se achega a esa loita necesaria cos
 “
poderes da fouce i-os poderes da frol/os poderes do traballo, do pranto e do pan
” 
, á loita xerminal que aventurou o verso deLorenzo Varela.Facemos un chamado ancorado na razón emancipatoria á cidadanía consciente destepaís e ao conxunto das forzas sociais e políticas e ao sindicalismo de clase do país, aesa inmensa maioría que vive do seu traballo, a se mobilizar nunha primeira acciónpública que afirme a determinación e vontade de producir de xeito compartido un novomarco político, social e cultural, que acubille a toda a sociedade galega e permita odespregue de todas as capacidades e potencias que posuímos e que se atopan hoxeen día lastradas por un réxime político e social esgotado e que non é quen de garantircondicións de vida digna á maioría da sociedade, condenando á pobreza a máis demedio millóns de galegas e galegos.

You're Reading a Free Preview

Download
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->