Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Save to My Library
Look up keyword
Like this
0Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
Emenda de devolución aos Orzamentos 2013: AGE.

Emenda de devolución aos Orzamentos 2013: AGE.

Ratings: (0)|Views: 1 |Likes:
Emenda de devolución aos Orzamentos de 2013.
Emenda de devolución aos Orzamentos de 2013.

More info:

Published by: Anova Irmandade Nacionalista on Feb 25, 2013
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

02/25/2013

pdf

text

original

 
 
Á Mesa do ParlamentoO Grupo Parlamentar da ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EU-ANOVA)
, ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da Cámara,apresenta a seguinte
emenda á totalidade, de devolución, dos OrzamentosXerais da Comunidade Autónoma para o ano 2013.
I. O Proxecto de Orzamentos para 2013 marca un novo chanzo na traxectoriadescendente do 'camiño cara o inferno' encetada en 2009 polo anterior goberno doPP encabezado polo mesmo Presidente actual. Dende aquela, o goberno da Xuntade Galiza anda a aplicar de xeito dogmático e contumaz unha política orzamentariadrásticamente restritiva, que agudiza o grave proceso de recesión no que estamosinmersos, no canto de utilizar o instrumental orzamentario para unha estratexia anti-cíclica compensatoria da tendencia contractiva da demanda agregada, estimuladorada recuperación do gasto social e, portanto, reactivadora do proceso de xeración doproduto agregado de bens e servizos na base económica da sociedade galega -quedebera ser o o bxectivo primordial da política macroeconómica de calquer gobernoresponsábelmente actuante ao servizo da maioría social nun contexto de GrandeDepresión como a que está a padecer o conxunto da UE, e maiormente os paísesda sua periferia, da que Galiza forma parte.Dende o 2009, o orzamento da Xunta de Galiza tense reducido nun 26% entermos nominais, que equival a máis do 35% en euros constantes: en só catro anosperdemos máis de un de cada tres euros dos recursos orzamentarios di spoñíbeisinicialmente para finanzar os servizos públicos e sociais, o investimento naeconomía real, a xeración e promoción de emprego, a formación de CSB, a cultura,o meio ambiente -en suma, o benestar do común cidadán, que é a razón de ser da
Digitally signed by RexistroEntradaDate: 2013.01.16 17:19:36 +01:00Reason: 2199Location: Parlamento de Galicia
Signature Not Verified
 
 
existencia dun goberno democrático. Para este ano 2013, os recursos orzamentariosdispoñíbeis van estar por baixo dos que tiñamos no ano 2000: un retroceso aosníveis de 13 anos atrás. As consecuencias en só catro anos son evidentes: caída do PIB (en máis dun4%); ascenso incontinente do desemprego (rondaremos un 21% cuns 300.000parados, boa parte diles sen subsidio ningún, e o 50% no paro xuvenil); rebroteagudizado da emigración de xente moza (nomeadamente a máis cualificada) conefectos letais nunha demografía gravemente senescente e cun movemento naturalregresivo; demouca reiterada e mercantilización progresiva da sanidade, o ensino eos servizos públicos, sociais e culturais; desnutrición até a anemia da investigacióncientífica; exterminio do campesiñado e a xente mariñeira; degradación dosecosistemas agrarios e mariños. Son só algunhas mostras incontestábeis dosefectos devastadores dun modelo irracional e anti-social de política macroeconómicae de criterios de obtención e asignación de recursos públicos.2. Mais, perante esas nefastas consecuencias evidentes, o goberno galego,no canto de tentar rectificar, reincide, impertérrito, na sua teimuda condutaorzamentaria pro-cíclica, e mesmo exacerba as medidas restritivas e auténticasdemoucas en eidos que precisamente deberan considerarse prioritarios naasignación de recursos financeiros públicos disque tan escasos. Se a cifra globaldos orzamentos se reduce nun 7% (10% en termos reais), o investimento cai nun11% en termos nominais: os gastos de capital dos capítulos VI e VII só acadan os1.362 millóns de euros, a cifra máis baixa en termos constantes dos últimos vinteanos. Se o 'recorte' global dos orzamentos suma uns 655 millóns, o do ensino e asanidade ascende a uns 290, ou sexa, cáseque a metade (44%) do total: pero aXunta afirma que estes son os orzamentos 'máis sociais' da historia -débese referir ásocialización das malversacións financeiras e das millonarias evasións fiscais dos
 
 
máis ricos, magnánimamente amnistiadas. Se os cidadáns vítimas dosdesafiuzamentos por impago de usurarias e impagábeis hipotecas fican sen teito, ogasto orzamentario en vivenda, para compensar, cai na metade (45%). Se as redescívicas e as xentes que labouran na cultura xa están condeados á miseria ou atraballaren gratuitamente (poisque, para este poder, xa se sabe que os artistas eactivistas culturais viven do ár, como as 'plantas do aire') os orzamentos aínda llesreducen o ousíxeno nunha cuarta parte (24%). Se boa parte dos servizos deasistencia social fóranlles botados ás costas aos concellos, as transferenciasredúcenselles por riba agora en nada menos que dous terzos (66%). Se o paro sedispara e -reiterámolo- cada vez é meirande a porción dos parados que non recibensubsidio ningún, o orzamento para promoción do emprego, no conxunto dos oitoprogramas nos que se veiculiza, redúcese na 'irrelevante' proporción do 41%: aintermediación laboral nun 62%; o fomento da ocupación nun 68%; os servizos deemprego nun 86%; a promoción estrita nun 52% -e, naturalmente, os pouco máis deun centenar de orientadores laborais arestora existentes, iles, todos e todas á rua,porque están de sobro: se non se vai xerar emprego, para qué van comprir orientadores. Ademáis, xa dixo o Ministerio da Verdade orwellián ocupante de SanCaetano que istes son os orzamentos máis sociais da historia, e quen tente dicir oumesmo demostrar o contrario será reo de herexía e condeado á fogueira por 'demagogo'.3. Pois, pesia todo, o GP da Alernativa Galega de Esquerda (AGE) ousaafirmar que estes orzamentos son antisociais. 'Item máis': AGE afirma que o actual,e o precedente tamén, goberno do PP na Xunta de Galiza convirte a políticaorzamentaria -combinada co raquitismo regresivo do seu manexo dos escasostrebellos fiscais autónomamente dispoñíbeis, e máis coa sua sumisa asunción doaberrante modelo de finanzamento autonómico- nun instrumento de espólio dacidadanía do común ao servizo e en proveito dunha oligarquía depredadora e dos

You're Reading a Free Preview

Download
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->