Welcome to Scribd. Sign in or start your free trial to enjoy unlimited e-books, audiobooks & documents.Find out more
Download
Standard view
Full view
of .
Look up keyword
Like this
1Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
Primavera Negra

Primavera Negra

Ratings:
(0)
|Views: 75|Likes:
Published by infofelipop5060

More info:

Published by: infofelipop5060 on Feb 25, 2009
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

01/29/2013

pdf

text

original

 
PRIMAVERA NEGRA 
http://18rodas.blogspot.com/
Non sei a quen lle escoitei que o máis interesante do poprock hispano da década dos oitenta era o que se facía naperiferia. Tal vez sexa algo esaxerado, pero non deixa deter certo sentido. Como proba a favor teriamos a PrimaveraNegra, que chegaban dende Lleida da man de Javier Baró,un persoalísimo cantautor rock que fundía o mellor do folkrock americano máis literario cun curioso gusto polo popnacional dos 60 e a imaxinería da súa terra de orixe.
 
 Nado en 1954 as súas primeiras inquedanzas musicais teñen que ver cofolk de feito no ano 73 entra en Camps de Cotó, grupo de cancióntradicional catalana. A finais dos setenta Xavier Baró participa endiversos proxectos musicais sendo Tagomago o máis representativodesa época. No grupo coincide con Domingo Espax (Mingo, morto o anopasado) que se convertirá en compañeiro inseparable. Tagomago sódeixan unha maqueta, "Zoo frío", pero serve para reorientar os gustos deBaró achegándose a outras fontes coma o rock. Primavera Negra xurdendesa evolución e debutan en 1984 cun primeirosingle "Colonos de Marte" e "Placeres" editado poloselo Acuarius e con portada do debuxante Maxdentro dunha serie titulada Rock & Comic. Nesamesma colección sairon Avikultores Modernos eAcolla. Na contraportada díse
clararmente Primavera Negra é Javier Baró que se fai acompañar de músicos da súa cidade, Lérida. El nombre viene de una novela de Henry Miller 
. "Colonos de Marte" é atípica canción desa época con certo toque modernillo mentras que"Placeres" xa se achega máis ao posterior son da banda.O selo madrileño Twins decide gravarlles un disco e o resultado é un MiniLp de seis temas "Primavera Negra" que serápublicado en 1985 xa cunha formación estable naque están Baró á voz e guitarra e Mingo na bateríaxunto a Artur Mercé na outra guitarra e QuimRamón ao baixo. A producción foi de ManoloGarcía e Quimi Portet que fixeron un traballomediocre non sei se por falta de recursos doestudio ou polos seus propios gustos. O mellor dodisco creo que está na cara A que se abre coaprimeira versión de "En la autopista" que ten un toque absolutamentedistinto á que posteriormente gravarían en "Flores Encendidas". "Ecos deR&R" é unha boa canción desperdiciada cunha guitarra que case non seescoita e "Radio Peggy Sue" un dos grandes momentos da banda. Dacara B non está mal ¿Dónde están los santos" pero que segue tendo oproblema da producción.Ese mesmo ano a banda publica un single con"Bajo el Sol" de Juan e Junior á que lle dan un toquerockabilly e incluso lle cambian unha fraseconvertindo o melifluo "no olvidare jamás que mebesaste bajo el sol" por algo máis acorde costempos "no olvidare jamás que te metí mano bajo elsol". De cara B utilizan unha nova versión de "RadioPeggy Sue" moito mellor que a editada no Mini Lp.
 
 A aventura con Twins remata despois dese single e haberá que esperarun par de anos para ver o que será o seu mellor traballo "FloresEncendidas" editado por La Rosa Records, o mesmo selo onde empezouo noso Magín Blanco con La Rosa, estaban claramente predestinados."Flores encendidas" é publicado no ano 87 e a primeira diferencianotable e que Baró está implicado na producción do mesmo en compa ñade Enrique Lindo. O son cru de estudio barato realza a visión poética dunBaró inasequible ao desalento. As cancións aparecen enriquecidas conmáis matices por exemplo os que proporciona o violín de Carlos Justenalgún momentos ou polas achegamentos máis folk-rock. A peza queabre o disco "Madrugada" é a miña favorita aíndaque a nova versión de "En la Autopsita" é taméngañadora. Outros temas destacados son "FloresEncendidas", a peza máis longa composta polabanda e o bonito instrumental que pecha a cara A"Hotel Invierno". Na cara B hai un par de versións"En El Castell" de Sisa, daquela esquecido polomundo do rock español e unha adaptación aocastelán do "If Dogs Run Free" de Dylan que transforman en "Si losperros son libres" pero a máis interesante é "La Ciudad Tambor" quetamén sería editada como segundo single do Lp e que contén na súacara B un tema inédito "Algo Entre Los Dos" que se convertiría no últimoeditado pola banda. Fala Xavier Baró:
“En aquellos entonces, yo tenía intención de lanzarme ya a la aventura en solitario, pero Mingo me insistió y, tras la disolución de Primavera Negra, llegó Tormentos” 
.O único Lp de Los Tormentos "Guitarra e Carretera" foi editado porJustine en 1989. De novo Baró: "Esta banda sacó un disco pero tuvopoco tiempo de vida en los albores de los noventa.La idea que tenía era la de seguir haciendorock’n’roll juntos terapia y divertimento”. Carezo dedatos da gravación, producción e formación porquea copia que teño non ten encarte. "Guitarra yCarretera" ten un son máis rock e agora que oescoito de fondo mentras escribo isto case meparece o mellor de todos. Na cara A están moi ben"Vértigo" e o country rock "Tenemos que irnos". O resto deixase oirincluída a versión de "Brand New Cadillac" de Vince Taylor vía GatosNegros. A cara B ten grandes momentos como a macarrada casi heavy"En la Tormenta" cunha boa soleada, a peza que da título ao disco, o hitsingle super pop e pegadizo "En el reino de la melodías" cuns ventos moibonitos para rematar cunha nova versión mellorada de "Ecos deRock´N´Roll" aparecida no Mini Lp.

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->