/  4
 
Lingua Galega ESO Curso 2007-2008Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
UNHA REFLEXIÓN DA MOCIDADE ARREDOR DA LINGUA
Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou decastelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta aogalego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguascruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestiónsociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración dahistoria que tivo o galego como lingua oficial. Xente de menos de30 anos que medrou aprendendo galego na escola e escoitándoo naTVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias eopinións desta xeración son clave para entender o estado actual dalingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións demáis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representanoutros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Mozos e mozas do país falan sobre a lingua coas súas palabras e dunha xeito distendido. Escoitalos,contrastar ideas e entender diferentes puntos de vista sobre un tema tan complexo é o paso previopara a túa propia reflexión. Expona seguindo cada un dos 7 apartados en que agrupamos asintervencións (para refrescarche a memoria, reproducimos parte delas).1.- Falo galego porque...
- María Seijo (1989), de Outeiro de Rei, e os seus compañeiros/as do IES Castro Ribeiras de Lea (TerraCha)- María Seijo:
Eu normalmente falo en galego porque me educaron en galego… e agora non me cambioao castelán porque non me interesa, non me gusta tampouco
- Belén:
 Desde sempre porque os meus pais falan galego, toda a miña familia fala en galego, desdesempre
. (...)
 Non falo castelán porque non fai falta tendo outro, o noso, non creo que faga falta falalo.
- Tania:
 Nós temos a sorte de ter unha lingua propia, porque non se ha falar?
- Membro de 6PM:
Fun bilingüe toda a miña vida.
 - Roli (1986, estudante) e os seus amigos da Coruña:- Roli:
Yo hablo castellano porque estoy acostumbrado a hablar castellano desde pequeño. Mis padres hablan castellano. Incluso mis abuelos hablan castellano. Tengo un conocimiento
(degalego)
total pero no es la lengua que utilizo normalmente.
- Amigos de Roli:
Yo en la aldea hablo gallego. Yo también. Yo en el bar si me hablan en gallegohablo gallego. Yo cuando estoy de coña
.
Yo ni eso, yo no hablo nunca en gallego. Yo si veo unhombre mayor en gallego le hablo en gallego… igual.
 - Carlos (1987):
 Mis padres pensaron que lo mejor para mi era que hablara castellano.(…): Mis padres lo hablan pero yo no porque con mis amigos hablo en castellano, en clase (…) Yo estoyorgulloso de tener idioma propio, no todo el mundo tiene idioma propio. Es más de valorar hablar gallego que no hablarlo, una persona que habla gallego es una persona que siente más suidentidad que una persona que no lo habla. En Galicia y hablando castellano… hombre, está bienque lo hables con un madrileño, con uno de Castilla pero vas a Cataluña y hablan catalán entreellos, no hablan español; vas al País Vasco y hablan en vasco, no hablan español. Teníamos queutilizar el gallego pero no lo utilizamos, así nos va, siempre estamos en la cola de todo.
- Nadadora, do Grove, banda punteira de pop. Cantan en español porque é a lingua do estado, ten máisproxección, pero tamén o fan en galego.
É o noso idioma, dá moi ben co POP e mesmo lles gusta aos fansde fóra que nos piden as letras e nos animan a cantar máis en galego. Agora hai moitos grupos pop queapostan polo galego.
 
Lingua Galega ESO Curso 2007-2008Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
2.- Os prexuízos sobre o galego
- María Seijo:
Eu creo que
(se fala máis castelán)
por darse a máis. Falas en castelán e xa dás unnivelazo, a min non me parece ben
.- Tania:
Eu penso que tampouco é eso, penso que é máis unha moda. A xente que vive na cidade e falatodo o mundo castelán.. tamén tendes a falalo. A xente que xa foi educada desde pequena en castelán,vale, paréceme normal, é moi fácil que siga falando castelán na súa vida pero tampouco fan nunca nada por valerse do idioma que temos porque é algo que é noso e aínda non o utilizamos. (...) O castelántampouco o desprezo. É outro idioma e vou sabelo porque che pode facer falta moitas veces... da mesma forma que aprendes o inglés. Outro idioma.
- Anaír:
Porque nós
(a diferenza dos pais)
ao ter como asignatura galego temos máis seguridadeexpresándonos nel. Meus pais cando van a Lugo cambian o idioma nunha tenda.
(a ela dinlle na casa)
Fala en castelán porque has ter máis saídas, porque non señas burro que se falas galego... Non ovaloran.
 - Lara (Marín, 1985):
Os nosos pais foron criados na idea de que falaba galego quen era menos, quentiña menos recursos económicos, quen tiña menos cultura (...) Hai aínda moita xente que pensa que ogalego só o fala a xente que vén do monte ou os intelectualillos.
- Martín Wu (The Homens):
Eu ata podo entender ata certo punto que a xeración dos meus pais tivesealgún reparo pola situación da que viñan e á hora de ensinarlles aos seu fillos a falarfixérono encastelán. Non o entendo tanto en xente que son da miña idade, que son galego-falantes, que “a sus hijosles hablan en castellano”.
- Rapaces da Coruña:
 No lo hablamos pero no estamos en contra es simplemente la costumbre.
 
Está biensaberlo, hablarlo.
 - Rapazas no botellón da Praza do Humor da Coruña:
 Na Coruña non se fala moito, hai quen o fala é por ideoloxía. (...) Hai amigos que falan galego pero no instituto non o falan e non sei por qué. Falancastelán, non sei por qué. Eu vexo a xente que fala galego pero a min non me sae, eu non tiven aeducación de moita xente. (…) Non se fala pola moda, a moda é falar en castelán. A Coruña vai así e non podemos cambiala. Non estamos no valor de cambiala, é que non podemos, máis quixeramos. O papeldos adolescentes, os da nosa xeración, non colaboramos con iso… Valorámolo e, cando vexo alguén que fala galego, eu quédome mirando e digo “Ole, Ole”.
 - Varios: (se falas galego) e
s do monte, que es cerrado, que es nacionalista. Es do Bloque. Os que teñenacento “cerrado” son de “pueblo, pueblo”. O que fala galego é “raro”, si, é raro.
- Xocas, de The Homens:
 Hai roles sociais para os dous idiomas.
- Amigo de Fernando:
Para ligar en español… ás veces en galego, que sempre dá un puntiño.
 - Os compañeiros de balomán de Andrés (Bueu):
 As rapazas falan castelán, é máis pijo. O castelán é máis útil.
- The Homens:
O galego está máis asociado á música para o folclore ou para a reinvindicación.
 - Guillem (1981, catalán):
Por que me falan en castelán?
(no bar cando pide algo en galego e ven que noné galego)
 
Lingua Galega ESO Curso 2007-2008Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
3.- O galego normativo
-
O galego normativo é un tanto artificioso
.- Tania: di que o galego, polas súas circunstancias históricas, tivoque recuperar o tempo perdido.
Paréceme normal, como moitosoutros idiomas.-
Anaír:
Se unha persoa ten que aprender galego hai que ter un tipode galego.
 - Outra moza:
Precisas dunha lingua culta, unha variedadeestándar 
.- Membro de 6PM:
engorroso, con cambios cada certo tempo. Isonon creo que beneficie moito.
 - Rapazas:
Tamén tes que tender a recuperar certas palabras que están perdidas... por exemplo, “por exemplo”. Antes dicía “viernes”, agora digo “venres”.
 - Xocas (The Homens): defende un achegamento a portugués por unha cuestión económica. Para el, a integraciónna Lusofonía só traería vantaxes no mundo laboral, á hora de saír ao mundo, non en van
é a 4ª ou 5ª lingua en falantes
.- Fer:
 A norma do castelán é artificiosa. Ninguén en Castela distingue o CD do CI, ninguén fai os parrticipios en –ado. O mesmo pasa co galego.
 - Amigo de Fer:
 Ás veces parece portugués máis que galego
.
4.- Falo galego dende hai tres meses: o valor dos neofalantes.
- Fernando Trigo (1984, estudante de Físicas) está orgulloso do paso dado:
É un proceso gradual, aínda fala cos pais en castelán pero ese é un reto que pensa dar en breve. Non é vergoña, non é delicto. Sei que son neofalante,sei que non teño boa fonética... pero polo menos dei o paso, estou orgulloso.
 - Pablo (1984):
a miña historia lingüística co galego comeza hai tres meses que é cando falo. Ata o ano pasado practicamente falaba castelán con todo o mundo e desde ese momento empecei a cambiar por razóns persoais.
Recoñece que é moi difícil e está en transición cara ao monolingüismo:
Cos amigos aínda fala en castelán. Estounun ano de transición. Quería no 2008 falar completamente en galego. Ser monolongüe. Pero é moi difícil, teloque ir plantexando por obxectivos.
- Lara:
é algo que nunca entendín moi ben porque na miña casa os meus pais sempre falaron en galego; senembargo eu e mais as miñas curmáns falabamos en castelán (...) E con 16 anos dixen “bah, e por que teño que falar así a medias?” E empecei a falar só en galego. E chegaron os típicos choques. A única rapaza que falabagalego en todo o instituto era eu.
5.- Os dereitos dos galego-falantes.Hai conflito lingüístico?
- Pablo:
 Non hai, cada un fala o que quere, o castelán non está imposto imposto... está imposto polos medios demaniera sibilina….
 - Martín WU: Se non houbese conflito
non estaradess facendo este documental! Algo hai.
- Xocas:
o máis fácil é falar en castelán, está socialmente ben visto. Falar galego marca socialmente, tenconnotacións negativas ou pexorativas.
- Gerardo:
O galego en Galiza é unha lingua de segunda. Podes vivir perfectamente en español pero non engalego.
- Membro de Nadadora:
Que hai en galego? Non hai nada. Nin os menús, nin os carteis... todo está en castelán.
- Fer:
a ciencia está en castelán.
 

Share & Embed

More from this user

Recent Readcasters

Add a Comment

Characters: ...