You are on page 1of 2

UNIDADE DIDÁCTICA Nº 5 : Debuxo de Obxectos. Proporcionalidade e Escalas.

1.- Inserción da Unidade no Currículo.- Segundo o Decreto 233/2.002 de 6 de Xuño corresponde o


Bloque II. Técnicas de expresión e comunicación gráfica e o VIII. Actitudes, valores e normas. Tamén
co Bloque V. Tecnoloxías da información.

2.- Contexto.- IES de Centro Urbano, con ESO, Bacharel e EPA, diúrno e nocturno. 2º ESO, 25
alumnos, 2 repetidores, 3 inmigrantes hispanos.

3.- Xustificación da Unidade Didáctica.- Contribúe a que os alumnos acaden os obxectivos de


etapa: 3, 4 e 7. Impártese no 1º trimestre en 5 sesións. Xustifícase pola necesidade de empreñar as
técnicas de representación para expresar ideas e como linguaxe universal de comunicación da
tecnoloxía. Considero que esta U.D. debe ser tratada de forma independente porque o alumnado
presenta dificultades na representación no referente ás proporcións dos debuxos, planos,
bosquexos…

4.- Obxectivos específicos


1) Expresar ideas técnicas a través de gráficos e debuxos.
2) Utilizar programas de deseño gráfico para expresar ideas.
3) Representar diferentes obxectos nun mesmo espazo, mantendo a proporcionalidade.
4) Saber seleccionar a escala adecuada aos obxectos a representar.
5) Valorar a importancia do debuxo como modo de expresión e comunicación na área de
tecnoloxía.

5.- Contidos
1) Soportes e instrumentos de debuxo.
2) Proporcionalidade. Escalas. Selección de escala.
3) Programa de tratamento de imaxes. Aplicación Paint.
4) Aplicación da proporcionalidade a debuxos de diferente tamaño.
5) Valoración da expresión gráfica como modo de comunicación.
6) Gusto pola limpeza e orde na presentación dos traballos.

6.- Actividades

Nº ACTIVIDADES SESIÓNS RECURSOS


1 Exposición, mostra e análise de soportes (láminas, folios, papel 1
pautado, papel vexetal), tamaños (A4, A3, A2) e intrumentos de Útiles
debuxo (lápices -H13, 2H, 3H-, lápices de cores, rotuladores, debuxo
gomas, compás, regra, escuadra, cartabón, transportador de Papel
ángulos, escalímetro). Anotación no caderno das ideas clave Caderno
(ángulos).
3 Representación de obxectos: a tamaño real (bolígrafo), a escala 0,5
metade (libro), a escala dobre (goma de borrar) escribindo a
escala ao lado dos debuxos 1:1, 1:2, 2:1.
4 Representación de obxectos seleccionando a escala: encerado, 1 Obxectos
mesa profesora, porta, ventá. Parafuso, cravo, chincheta, clip, Folios
martelo, serra, formón. As medidas grandes aportoas eu, as brancos
pequenas tómanas os alumnos. Poñer a escala aos debuxos. Útiles de
2 Realización tríades de debuxo de obxectos de diferente tamaño 1 debuxo
nun mesmo espazo (a man alzada): armario taller, libro, goma.
Banco traballo, martelo, cravo. Taburete, trade, parafuso.
5 Explicación das principias funcións do Paint. 0,5 Aula inf.
6 Debuxar con Paint dous obxectos nun mesmo espazo, mantendo 1 Aula inf.
proporcionalidade. Debuxos a escoller polo alumno/a.
7 Proba escrita xunto coas 2 unidaddes didácticas seguintes, onde
avaliarei os obxectivos desta unidade.

Total sesións 5

7.- Metodoloxía.- Aplico os principios propostos na programación:


Ppio. de Motivación: Ponse de manifesto ao presentarlles obxectos manipulables, o feito de ter que
representalos anímaos moito (Act. 2,3,4). Tamén se senten moi motivados ao debuxar co ordenador.
Decaen ante a dificultade de manter as proporcións que lles esixo. Ahí é cando teño que aplicar o:
Ppio de Individualización, animando a intentalo de novo e a que participen nas titorías especiais.
Ppio de Anticipación, dase de forma automática grazas á experiencia que teñen pola área de EP e V.
Ppio de Actividade Selectiva: está presente en tódalas actividades polo seu carácter práctico. Utilizo
o Método Expositivo e tempo breve na introducción da unidade didáctica e na Act.5 (uso do Paint).

8.- Interdisciplinariedade.-
Moi relacionada coa área de EP e V en case tódalas actividades.

9.- Temas transversais.-


Pouca transversalidade, aínda que se pode incidir na Ed. Ambiental no aspecto de non desperdiciar
papel.

10.- Atención a Diversidade.-


Actividades de Reforzo: Repetición de exercicios: proporcionalidade e escalas (especialmente 1:2 e
2:1) con novas propostas. Uso de titorías.
Actividades de Ampliación: Representación de obxectos a escalas algo máis complexas: 2/3, 3/4.
Presentar un mapa e adiviñar a distancia entre localidades.

11.- Criterios de Avaliación


1) Comprender adecuadamente os conceptos de escala.
2) Representar obxectos mantendo a proporcionalidade.
3) Presentar os debuxos con orde e limpeza.
4) Manter os útilies de debuxo de forma correcta.

12.- Instrumentos de Avaliación


1. Observación de actitudes, hábitos e comportamento................................................. 15 %
2. Caderno e debuxos en folios con orde, limpeza e tarefas corrixidas………………… 15 %
3. Utilización adecuada de útiles de debuxo e de programas informáticos.................... 30 %
4. Proba escrita............................................................................................................... 40 %

13.- Bibliografía.- Libros de 1º e 2º ESO, Ed. Oxford, Anaya, SM.

You might also like