• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
ARQUITECTURA
SUPLEMENTO DE CULTURA
3 XANEIRO DE 2009. NÚMERO 4
Un percorrido
pola historia, agrupaciónsmusicais e intérpretes destacados damúsica antiga no noso país
A MÚSICA ANTIGAEN GALICIA
ornal
DE GALICIA
TEATRO
 
2
 
nós
I
XORNAL DE GALICIA
 
3 DE XANEIRO DE 2009
música
Co nome de “música antiga” ou
máis modernamente “interpreta-ción historicamente documenta-
da”, coñécese un movemento derenovación da interpretación damúsica clásica que propugna oemprego dos medios, técnicas epremisas estéticas adecuadas acada época e a cada compositor.Isto significa que para intrepre-tar por exemplo a música de J. S.Bach, en lugar de empregar un-ha moderna frauta metálica ouun piano (instrumentos que non
foran inventados na época en que viviu o compositor), se empregaría
o traverso de madeira dunha soachave ou o clavicémbalo, instru-mentos para os que a música foipensada e cos que foi interpreta-da na época de Bach.
A concepción actual do que se en-tende por interpretación histórica
 A música clásica pescuda nas últimas décadas en repertorios medievais, renacentistas e barrocos, procurando ao mesmo tempo unha maior autentici-dade no son e na sensibilidade da época das composicións coa recuperación de instrumentos antigos.
pOR
ANXOs GARCíA fONtE.
fOTOS:
XdG
a interpretaciónactual do quese entende porinterpretaciónhistórica xurdiu nosanos 60 do pasadoséculo nos paísesBaixos
A música antiga en Galicia
xurdiu nos anos sesenta do século
XX nos Países Baixos, promovi-
da por un grupo de xoves músicos
como Gustav Leonhardt, FrankBrüggen ou os irmáns Kuijken,e rapidamente se estendeu por
outros países europeos, pasando
de ser unha tendencia case marxi-nal nos seus inicios, a convertersenunha corrente fundamental e in-
cluso dominante grazas ao éxitocomercial de moitas gravaciónsdiscográficas.
A introdución desta nova praxe no
estado español foi bastante máis
tardía e lenta. Polo que respectaa Galicia poderíase situar o ini-cio da música antiga na forma-ción do Grupo Universitario de
Cámara de Compostela dirixido
por Carlos Villanueva a finais dosanos setenta. Formado cunha mes-
tura de músicos afeccionados eprofesionais, o seu modelo eranos Collegium Musicum das uni-
 versidades americanas. Durante
 varios anos gravou un bo número
de discos adicados sobre todo ao
repertorio galego da idade media.
Outra das facetas desta agrupa-ción tivo estivo dirixida ao ám-bito instrumental, centrándose
na reprodución dos instrumentos
do pórtico da gloria da catedralcompostelana.Foi nos anos 80 cando Fernan-do López Pan, Miro Moreira eFrancisco Luengo fundan “Ca-
pela Compostelana”, dirixida poeste último. Integrada por músi-
cos que se tiñan formado no ex-
tranxeiro, foi o primeiro grupo enaplicar os criterios da interpreta-
ción historicista. Publicou dousdiscos sobre a música de José deVaquedano, mestre de capela dacatedral de Santiago a finais doséculo XVII.
Na década seguinte xorden un par
de grupos, “Resonet” e “Arte Mí-
nima”, que serán o viveiro dun-ha xeración de músicos que logodunha primeira fase autodidac-ta, continuarán a súa formación
nalgúns dos principais conserva-
torios de Europa, e que na actua-
lidade son requiridos nos máis im-
portantes festivais mundiais de
música antiga. Entre eles destacan
a soprano Mercedes Hernández,o violagambista Baldomero Bar-ciela, o tiorbista Fernando Reyes
e o harpista Manuel Vilas. Espe-cialmente curioso é o caso desteúltimo, xa que é un dos máis re-putados especialistas mundiais
na interpretación da harpa dobreibérica, que toca por todo o mun-do e que segue a vivir en Santiago
Acuación do grupo de cámara barroco Gli Incognii
 
I
NóS 3
XORNAL DE GALICIA
 
3 DE XANEIRO DE 2009
múSica
o feStival aNual viaStellae coNvocaNoS eSceNarioSgalegoS aS figuraSmáiS relevaNteSdo paNoramaiNterNacioNal
de Compostela (pois habitar na
periferia europea adoita ser unha
desvantaxe na carreira dun mú-sico profesional).Nos últimos anos, a aparición denovos músicos consolida o fenó-
meno da música antiga en Galicia.Novas formacións como “Malan-dança”, “1500” ou “Amar Contra oSilencio” continúan a liña iniciadaen décadas anteriores. Asemade
aparecen outras iniciativas queintentan formar grupos de máisamplo espectro. A primeira foi a“Orquestra Barroca de Galicia”
que fixo a súa presentación oficial
cun concerto en 2007 en Ferrol.Baixo este nome ocúltase unhaformación integrada case na súa
totalide por músicos alemáns senningunha relación con Galicia, ex-cepto a soprano Laura Alonso que
actuou como solista. Máis inte-
resante polo seu coñecemento darealidade da música antiga en Ga-licia sería a orquestra barroca deGaliza e Norte do Portugal “Norte
do Sul”. Presentada en Vigo e na
Casa da Música do Porto en 2006,e dirixida por Amandine Beyer ePedro Silva, esta agrupación pre-
tende dar unha visión periféricada música barroca europea. In-tegrada por músicos residentesna rexión o seu proxecto artísti-co parece bastante sólido, aínda
que a falta de financiamento non
asegura a súa continuidade.En Galicia, a presenza da música
antiga na programación cultural
sofre os mesmos problemas queo resto da música clásica (excep-tuando a actividade das orques-tras): a falla de circuítos estábeis
de carácter profesional. Polo con-
trario, nos festivais de carácterestacional está bastante ben re-
presentada, e músicos galegos par-ticiparon en todas as edicións dofestival anual Via Stellae, que con- voca nos escenarios galegos as fi-guras máis relevantes do panora-
ma internacional, no Are-Morede Vigo ou no Festival Cidade deLugo. Mesmo a música antiga ti-
 vo un papel moi destacado na pri-meira edición do festival Espazos
Sonoros en 2008.
No referente á formación, a situa-ción varía dun a outro conservato-
rio. En Ourense e na Coruña im-pártense aulas de clavicémbalo,e recentemente o conservatorio
de Pontevedra iniciou a creación
dun proxecto de departamentode música antiga onde polo mo-
mento hai aulas de clavicémbalo, viola da gamba, frauta de bisel e apartir deste curso laúde. Nos do-us conservatorios superiores nonexiste ningunha especialidade demúsica histórica, aínda que no deVigo hai unha materia optativa detraverso para frautistas, e houboaté este ano outra materia optati- va de iniciación á música barroca.
De feito, non deixa de ser curio-so que o que pode considerarse
como centro de referencia para aformación profesional na músicaantiga en Galicia sexa a Escola deMúsica e Artes do Espectáculo do
Porto en Portugal, onde no seudepartamento de música antiga
unha boa parte do alumnado é de
procedencia galega.
n
Gravación de música barroca
Dúas imaxes da violinista francesa ancada en Vigo Amandine Beyer
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...