• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
Curso de BlogsJosé Luis Rojas Alonso – I.E.S. de Rodeira
Dereitos de Autor sobre dos elementos Multimedia
Consideracións fundamentais 
 
Ver vídeo
 
http://es.creativecommons.org/proyecto/recursos.php
 Cando creamos calquera cousa (un texto, debuxo, un audio) e lle poñemos o nosonome automaticamente temos a propiedade intelectual dese elemento e estáprotexido pola ley da propiedade intelectual, o equivalente o © en España.
http://www.mcu.es/propiedadInt/CE/PropiedadIntelectual/PreguntasFrecuentes/PropiedadIntelectual.html
 É dicir,
para protexer unha creación non hai que facer nada.
Se un elemento tencopyright ©, significa que para poder reproducir, modificar ou distribuír ditoelemento debemos pedir permiso o autor, xa que el é o que ten –ata que os cede–todos os dereitos sobre a súa obra. Internet é un gran repositorio de información peroten o problema de que
é moi fácil violar os dereitos de autor
.
Unha persoa rusa pode copiar un libro de Gabriel García Márquez traducido ochinés, publicalo nun PDF que colgue nun servidor de Estados Unidos e o leaunha persoa que está en Costa de Marfil. ¿Que país persigue a violación dosdereitos de autor? 
Sen chegar a eses extremos, nos mesmos podemos descargar unha fotografíaprotexida, colgala na nosa web e xa estamos violando o seu copyright.Os contidos tradicionalmente suxeitos a dereitos de autor na rede son de dous tipos:patrimoniais e morais.Os Dereitos Patrimoniais ou de Explotación representan o dereito do autor debeneficiarse economicamente do seu recurso nos casos de:
 
Reprodución.
O autor pode obter beneficio económico das reproduciónsou copias que se realicen da súa obra ou recurso. Reproducilas senconsentimento do autor é ilegal.
 
Transformación.
Dereito para autorizar e obter unha remuneración polastransformacións que se fagan sobre a obra, como as traducións.
 
Distribución.
Posta a disposición do público do orixinal ou copias da obramediante a súa venta, aluguer, préstamo, ou de calquera outra forma.
 
Comunicación Pública.
É todo acto polo que as persoas poden ter accesoa obra sen previa distribución de exemplares da mesma.Os Dereitos Morais son dereitos non económicos, persoais, sobre o recurso:
 
Paternidade.
Dereito de exixir o recoñecemento como autor do recurso.
 
Divulgación.
Facultade do autor de decidir se publica (divulga) a sú obraou non, e en qué forma o fará.
 
Arrepentimento e Modificación.
Dereito do autor de retirar a obra domedio de publicación, ou modificala.
 
Curso de BlogsJosé Luis Rojas Alonso – I.E.S. de Rodeira
 
Revelación e Ocultación.
O autor pode decidir divulgar unha obra co seunome, cun seudónimo (nick), ou de forma anónima.
 
Integridade.
Facultade de impedir calquera deformación da obra quepoida prexudicar a honra e reputación do autor.
Creative Commons 
Para dar resposta os problemas derivados da protección dos dereitos de autor enInternet. Xurdiu en 2002 a licenza
Creative Commons
É un proxecto impulsado porLawrence Lessig.
Ata agora so tíñamos dúas posibilidades de publicar o noso traballo: copyrightou sen ningunha protección.O copyright protexe as nosas creacións limitando totalmente o que pode facero resto dos usuarios con elas, pero o obxectivo de Creative Commons comodos movementos de software libre (GNU), é fomentar a cooperación edesenrolo en equipo, pero dentro da liberdade e voluntade propia.Pretende ofrecer os creadores o mellor de cada un dos extremos antesreseñados para protexer os seus traballos,
reservan certos usos do materialorixinal, pero invitan a súa vez a executar libremente outros, no que sería uncopyright de
"algúns dereitos reservados".
 
A licenza
GNU
permítenos crear software de dominio público,permitíndolle os usuarios modificar e mellorar o software sempre que oresultado siga sendo público.
 
A licenza
Creative Commons
aplícase a outro tipo de creacións:Páxinas Web, proxectos educacionais, música, cine, fotografía,literatura, etc. De forma que nos aseguramos que a nosa obra estáprotexida e que a comunidade pode beneficiarse dela, limitando quepoden facer exactamente con ela. Pola súa licenza sabemos sepodemos empregar unha obra nos nosos traballos sen ter que pornos encontacto co autor, isto provén do obxectivo de aumentar a
creatividade
.
Os Creative Commons non están deseñados para garantir que o noso traballo non sexaplaxiado, para iso está a Lei de propiedade intelectual. A función dos CC é permitir oautor dun material deixar que outras persoas empreguen o seu material de acordocoa licenza escollida. Se alguén viola a licenza CC podería perseguirse legalmente. Xahai sentencias que o proban.Vexamos qué licenzas ofrece Creative Commons e cómo elixilas na súa páxina web:www.creativecommons.org.
 
Curso de BlogsJosé Luis Rojas Alonso – I.E.S. de Rodeira
Tipos de licenzas Creative Commons 
Temos catro criterios segundo os cales un autor elixe a súa licenza en CreativeCommons.Considerando estes criterios, combinando aqueles que non se exclúen mutuamente esempre contando coa necesaria
atribución
do crédito polo autor orixinal, CreativeCommons ofrece seis licenzas distintas:Tamén podemos licenzar a nosa creación como de
dominio público
, entonces pasaríaa ser propietaria da comunidade.Calquera engadido a licenza básica “Atribución”, limita o ámbito de eses permisos oumatizalas as condicións baixo as cales poden publicarse eses materiais.Por exemplo, “
 Attribution Non-commercial Share Alike
” (by-nc-sa) otorga tódolospermisos mencionados sobre o recurso orixinal, así como a posibilidade de realizar untraballo derivado con propósitos non comerciais sempre que se manteña o crédito daautoría orixinal e se manteña a mesma licenza.
Recoñecemento (Atribution):
Permítese a copia, distribución, exhibición eexecución do traballo o que se lle aplican os dereitos (así como os seusderivados) sempre que se explicite quén é o autor orixinal na forma que estedesexe.
Non comercial (Noncomercial):
Permite as mesmas accións que “Atribución”pero só para propósitos non comerciais.
Sen obras derivadas (No derivative works):
Permite as mesmas accións que“Atribución” pero non para traballos derivados, só sobre o recurso orixinal.
 Compartir baixo a mesma licenza (Share alike):
Calquera traballo derivadoten que distribuírse cunha licenza idéntica a do recurso orixinal.
 Attribution (by)Attribution Share Alike (by-sa)Attribution Non-commercial (by-nc)Attribution Non-commercial Share Alike (by-nc-sa)Attribution Non-commercial No Derivatives (by-nc-nd)Attribution No Derivatives (by-nd)
 
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...