XEOGRAFÍA 2º BACHARELATO
-3-
•
Cordilleira
: conxunto de serras formadas por movementos oroxénicos e que teñencaracterísticas xeolóxicas e estructuras comúns entre elas.
•
Serra
: sucesión de montañas de parecida altura, son de pequena extensión e de cristasdentadas debido a un pregamento.
•
Páramo
: superficie estructural máis ou menos elevada e horizontal, configurada comounha plataforma tabular de estratos sedimentarios limitada por escarpes. Os materiaiscalcarios, máis resistentes, aparecen na parte superior cubrindo arxilas ou margas,facilmente erosionables. Os seus terreos son ermos
•
Cerro testemuña
: superficie estructural do relevo tabular configurada polo afloramentode estratos horizontais ou levemente inclinados debido á erosión diferencial. Preséntansecomo outeiros, elevados, de pequenas dimensións e illados.
•
Campiña
: planicies sedimentarias de materiais brandos erosionados como margas earxilas. Presentan un suave modelado e varios niveis de terrazas fluviais escalonadas.Soportan un intenso aproveitamento agrícola.
•
Costa
: forma de relevo configurada pola erosión diferencial sobre estratos suavementeinclinados.
•
Dolina
: cavidades de diversos tamaños en forma de embude, propias do relevo cársticodas áreas calcarias.
•
Lapiás
: superficies rochosas con numerosas canalizacións e surcos producidos polaerosión, propias das áreas calcarias.
•
Poljé
: extensa depresión pechada de tipo cárstico delimitada por barrancos abruptos,propias das áreas calcarias.
•
Erosión
: conxunto de procesos de meteorización e arrastre que desgastan e modifican asuperficie terrestre, tendendo a iguala-lo relevo. Poden ser físicos (mecánicos), químicosou biolóxicos.
•
Glaciación
: período de arrefriamento global da terra por causas astronómicas que setraduce, entre outras cousas, nunha extensión da superficie cuberta polo xeo, undescenso do límite das neves perpetuas, e un descenso do nivel do mar pola inmobilizaciónda auga en forma de xeo.
•
Glaciar
: masa de xeo formada durante as glaciacións por riba do nivel de neves perpetuasdende onde se despraza val abaixo, erosionando o seu canle dun xeito considerable earrastrando materiais que poden ser de gran tamaño.
•
Morrena
: depósitos de materiais procedentes do transporte dos glaciares. Son materiaisrevoltos sen estratificación e que poden atoparse na fronte do glaciar (morena frontal),nos seus lados (morena lateral) ou no seu interior (morena central).
•
Eólico
: relativo ó vento. Por exemplo erosión eólica é a ocasionada polo vento.
•
Aluvión
: materiais depositados (areas, arxilas, cantos rodados, limos) polo transportefluvial e que presentan unha morfoloxía redondeada polo frotamento coa auga e conoutras partículas tamén transportadas.
•
Duna
: acumulación de área provocada polo vento e fixada sobre un obstáculos. Constitúeunha forma de relevo característica dos medios desértico e litorais.
•
Istmo
: porción de terra que une unha península a un continente, ou ben dúas illas entre si.
•
Albufeira
: lagoa litoral de auga salgada separada do mar por unha barra de area ourestinga, na que existen unha ou máis bocas que a comunican co mar.
•
Marisma
: zona húmida de terreos baixos e mal drenados nos que se infiltra a auga do mar.
Leave a Comment