A ARTE BARROCA
As primeiras acepcións do termo barroco comezan no século XVIII.
Barrueco
significapedra irregular, e a acepción facía alusión a unha obra que non responde ás normas daharmonía. A finais do s. XVIII, F. Milizia definía o barroco como siloxismo de medieval, que trasunha forma esaxerada , ocultaba un fondo de inconsistente lóxica,
unha arte desproporcionada,caprichosa e truculenta.A arte barroca desenvólvese durante o século XVII e case todo o século XVIII
, esupuxo sen dúbida a distorsión completa dos valores clásicos e foi a súa perfecta antítese.Fronte o equilibrio e o estatismo clásico o barroco maniféstase no
movemento das formas
e a
libre expresión dos sentimentos
. É a arte do dinamismo, do fugado captado nun instante, quese expresa ben no movementos das formas e figuras, ou noutros casos, na contraposición detemas, ou o enfrontamento de formas. Como na música barroca, o contrapunto, confronta dúasmelodías opostas producindo unha globalidade harmónica.Wölfin, estableceu as diferenzas da arte barroca fronte a renacentista, valéndose decinco pares de conceptos: lineal/
pictórica
, profunda/
superficial
,
aberta
/cerrada,
pluralidade
/unicidade, claridade/
falla de claridade
.O barroco responde a unha profunda transformación da mentalidade tralo declive dorenacemento. As novas ideas relixiosas xurdidas tralo
Concilio de Trento
e a confirmación das
monarquías absolutas
constitúen as bases que cimentan unha nova era na cultura europea. Aotempo que Roma deixa de ser a cabeza única da cristiandade, o mundo deixa de ser o centro doUniverso. Copérnico, Kepler e Galileo sentan as bases da revolución científica, que confronta oheliocentrismo cos vellos postulados da igrexa católica. Así o home creado no Renacementocomo rei da Natureza e centro do mundo, vense abaixo. Agora a humanidade descubre a súainsignificancia e desprotección,
a súa fugacidade e dependencia da morte
, tema favorito daiconografía barroca. A realidade vital perde consistencia, transformándose nunha simpleapariencia e o mundo nun inmenso teatro. A arte convértese así na
arte do aparente
,
esse est percipi
,
o ser é o que se percibe
, isto explica as distorsións perspectivas na arquitectura, osenganos visuais (transparte, luces irreais) ou os materiais (dourados, falsas bóvedas) pois oúnico que conta é a imaxe proxectada sobre o espectador.
A arte da igrexa católica
Durante o século XVI as ideas protestantes foron estendéndose por diversos lugares deEuropa. Roma perde así a súa hexemonía política e relixiosa. A división da igrexa cristiá enEuropa obrigou a reafirmar os principios do catolicismo fronte a Reforma, xurdiu así a
contrarreforma
. A contrarreforma perseguía dous obxectivos; primeiro unha remodelacióndesde dentro da propia institución, e segundo unha resposta dogmática ao novo pensamentoprotestante. Para cumprir estes obxectivos convocouse o Concilio de Trento (1545-63). As súasconclusión foron determinantes na formación da
arte barroca
, pois en grande medida vaiconstituír un
medio de propaganda
da igrexa católica. As recomendacións iconográficas eformais dadas no Concilio poden resumirse nos seguintes principios:
-
Claridade, sinxeleza e comprensibilidade
-
Interpretación realista
-
Estímulo sensible á piedade
-
Representa a Cristo como “
aflixido, sangrando, cuspido encima, coa pel lacerada, ferido,deformado, pálido e pouco atractivo
”
-
Na arquitectura, Carlo Borromeo, bispo de Milán e destacado contrarreformista, propóna planta de cruz latina fronte a planta centralizada que asocia ao mundo paganoOutro dos elementos da loita relixiosa contra o protestantismo foi a
Compañía de Xesús
,fundada por Ignacio de Loyola (1491-1556) e aprobada polo papa Paulo III. Esta cunha estruturaxerarquizada e de cega obediencia ao poder papal vaise dedicar a combater o protestantismodende a intelectualidade e a educación , pois se propoñía mediante os seus exercicios conduci-laexperiencia persoal a través dos sentidos. Os xesuítas contaban xa no século XVI máis de
1
Leave a Comment