Tomás, dende o percorrido que contigo fixemos polo bosque de PiñeirosMansos no que tanto andabas cando neno, non te voltamos a ver. Agorasabemos que é para sempre... Sentímolo.... Pero aquel día e os que nosacompañaches ó monte cando iamos plantar árbores, fixeches que cada vezque miremos a Natureza que nos rodea teñamos por forza que pensar en tí.Tomás ti eres para nós coma un mensaxeiro, un Mensaxeiro de Vida, poisescoitándote, facíasnos sentir mimetizados con toda a vida que os nososMontes tanto nos ofrecen e que a miudo esquecemos.E ó voltar por calquera espazo ceibe, escoitaremos a túa voz que dí “deixarno monte o que é do monte”. Este manifesto de respecto á mínima herba, áinsignificante pedra, ó máis pequeno insecto, sí Tomás este fervor que tísentías polos nosos Montes e no que neles habita, ou simplemente alí está,facíate grande, tan grande coma o sentimento de liberdade que nos envolvecando acadamos os cumios das montañas.Tomás, dende o Noso Colexio, tentaremos continuar loitando por ese amorque ti nos transmitías polo Monte.Unha aperta.
Alumnos e mestres do CEIP Domaio
Leave a Comment