• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
MONÓLOGODOIMBÉCIL
JOSE LUIS PRIETO ROCA
 
 
 No ano mil novecentos sesenta, eu era dous. Un deles ó quechamaremos Santi A, residía no testículo dereito de Santi Senior, e o outro,ó que chamaremos Santi B, residía no útero de mamá.O Santi A vivía acompañado de millóns de Santis A, que pasaban otempo tentando buscar a mellor posición posible para chegar ás vesículasseminales, dende as que, chegado o momento, partirían raudos e veloces pola uretra na percura do Santi B, que pola súa parte, reflexionaba ensoedade sobre o efímero dunha existencia de vinteoito días, tras da quemorrería, deixando paso a un novo Santi B.Cada vez que Santi Senior e mamá facían o amor, o Santi Bcontemplaba como moreas de Santis A tentaban chegar onda él, pero nin osmáis fortes e convencidos conseguían o seu obxetivo e o camiño ficabacheo de cadáveres exhaustos de Santis A. O Santi B maldecía a súa sorte,choraba un intre e logo agardaba pacientemente o seguinte reemplazo.Como todos tíñamos o mesmo nome, os Santis A coñecíamonos poloapodo, e a min, por unha especial cualidade que me facía estaabsolutamente abstraido cada vez que se producía unha eiaculacn,deronme en chamar "o imbécil", mote este que empregaron xeracións exeracións de Santis A ós que eu vin pasar por aquel testículo dereito do quenunca, por circunstancias alleas á miña vontade, era quen de saír.En marzo de mil novecentos sesenta, Santi Senior e mamá, decidironforza-la máquina, e aproveitando os calores dunha adiantada primaveira,tentaban consuma-la fecundación cada día e cada noite. A actividadetesticular multiplicouse e tornouse estresante, chegaban millóns e millónsde novos Santis A cos que , ademáis do meu conxénito aturdimento, xa non podía competir por razóns de idade. Eu veía como se lanzabanheicamente cara un futuro incerto, a cumpri-lo seu deber condeterminación, e non podía facer máis que envexalos e asumir a miñaincapacidade. tempo rematei aceptando o papel de vello capin
 
animador: "¡Veña, chavales! ¡Un de vos pode chegar á gloria! ¡Forza,compañeiros! ¡Ánimo! ¡Facédeo por min!", e eles sonreíanme e partían conconvicción cara un descoñecido destino.O Santi B de Marzo tiña unha característica especial. Xa comentabaanteriormente que os Santis B observan como as moreas de Santis A tentan por tódolos medios chegar ata él, e aínda que pasivos, coa súa mirada tratande alentar ós esforzados pretendentes. Pois ben, o Santi B de Marzo tivo amala sorte de medrar dándolle as costas á entrada do útero, e polo tanto eraabsolutamente alleo ás duras loitas que cada día e cada noite tiñan lugar detrás de él. O Santi B de Marzo ollaba a oscuridade sin entender cal era oobxetivo da súa existencia, ó Santi B de Marzo nunca se lle ocurreu xirar sobre sí mesmo, o Santi B de Marzo sentíase imbécil, o Santi B de Marzotamén era eu.Foi o día vintecatro de Marzo de mil novecentos sesenta. SantiSenior e mamá pecharonse no dormitorio. Lexións de Santis A partían sen pestanexar cara a unha morte case segura. Dinlles ánimos coma sempre eacto seguido, mecido polo vaivén do testículo dereito, quedei durmido. Óespertar, tardei en decatarme de que non era un soño o que estabasucedendo. Alí, no testículo dereito non había ninguén. A fogosidade deSanti Senior e mamá rematara coas reservas e o único Santi A operativoque quedaba era eu. De súpeto sonou a alarma das vesículas seminalessolicitando persoal. O son da alarma significa que a eiaculacn éinminente. Non haa excusa. Non tiña is remedio que asumi-laresponsabilidade. Sun o is pido que puiden ata as veculasseminales e alí agardei nervioso o momento de partir. As sacudidasfixéronse cada vez máis violentas e por fin, despóis dunha intensa subidada temperatura, o semáforo trocou en verde.Saín con toda a forza da que fun capaz, crucei a uretra sin apenastoca-las paredes e cos ollos pechados, pasei do corpo de Santi Senior ó
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...