• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
 Ne va plus
 
 Jack, cincuenta e cinco anos metidos nun elegante traxe azul, móveseinquedo polo seu salón. Frota nerviosamente as mans, olla ó seu redor como comprobando que todo está en orde, mira o reloxo, achégase ómoble bar, extrae unha botella de cognac caro, sírvese unha copa e por fin, senta no sofá, respira fondo, saborea lentamente un trago e na súa facianaasoma un leve sorriso de satisfacción.
Jack 
-Preparado.
Tocan ó timbre. Jack apura un novo trago, érguese do sofá, respira outravez fondo e diríxese lentamente á porta axustando a garabata. Chega á porta, óllaa, pero non abre. Sormaliciosamente mentres pasan os segundos. Silencio. De novo soa o timbre, e esta vez Jack abreinmediatamente á vez que interpela abruptamente á visita.
Jack 
-¿Por qué?
 Nico, trinta e cinco anos, americana e pantalón mal combinados, semelladesconcertado.
Nicolas
-¿Que...?
Jack 
-¿Por que temos sempre tanta prisa? ¿Qué foi da paciencia?
Nicolas
-Perdón, señor, eu...
2
 
Jack 
-
(Sentenciando)
Unha soa chamada é dabondo. Se hai alguénna casa... abrirá, e se non hai ninguén, ¿para que a segunda? ¿Eh?
Nicolas
-Eu... non sei se será aqo de...
Jack 
-É aquí. Pasa.
 Jack dálle as costas a Nico e diríxese ó sofá.
Jack 
-
(Sentándose)
¡Pasa! ¡E, por favor, ten a amabilidade de pechar a porta!
 Nico ingresa timidamente e pecha a porta con coidado. Logo diríxese caraa Jack.
Jack 
-Senta, senta. ¿Un cognac?
Nicolas
-Pois...
Jack 
-Francés, reserva exclusiva… hai dez botellas en todo o país...sería un lamentable desprezo...
Nicolas
-...dacordo... un cognac.
Jack 
-
(Sorrí irónicamente e disponse s servir as copas de cognac)
¿Sabes cal é a diferencia entre emborracharse cun bo cognac a facelo cunmalo?
Nicolas
-Non, non o sei
Jack 
-Cando te emborrachas cun delicioso cognac francés coma esteo teu pensamento énchese pouco a pouco, inexplicablemente, de versos deBaudelaire...
 Pausa
Nicolas
-¿E cando o cognac é malo?
3
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...