Professional Documents
Culture Documents
OS ENLACES
Son estruturas que permiten organizar a información na pantalla. Son moi útiles
para combinar texto, imaxes e espazo en branco en formas que non se poden levar a
cabo de outro modo.
Trátase dun enlace a: outras páxinas de Internet, a documentos almacenados no
sistema (outros arquivos .html gardados no disco duro, nun CD, arquivos de son, de
vídeo, etc.), a seccións dentro da mesma páxina (por exemplo, sóese empregar ó final
da páxina un enlace “Ir arriba” que permite volver ó principio da mesma cun só clic do
rato) ou a unha dirección de correo electrónico.
Os enlaces poden estar asociados a case calquera elemento que aparece nunha
páxina Web (imaxe, vídeo ou texto). Antes de crear un enlace, debemos seleccionar o
elemento ó que vai a estar asociado.
Unha vez seleccionado o elemento, podemos asociarlle un enlace de varias
formas:
1. Facendo clic sobre o icono que está na barra de ferramentas.
2. Seleccionando a opción Enlace no menú Inserir.
3. Facendo clic co botón dereito do rato en Crear enlace… e engadir a dirección
url correspondente.
Calquera destas accións producirá un cadro de diálogo (ver páxina seguinte) para
definir o enlace.
1
NVU
No campo correspondente escribiremos a dirección completa da páxina Web coa
que está relacionada o enlace (podemos copiala de outro lugar e pegala aquí). No
gráfico vemos que o enlace da imaxe vai a ser a páxina do proxecto Linex de
Extremadura.
Podemos igualmente realizar outras accións:
• Elixir arquivo: elixiremos un arquivo ó que enlazar a nosa imaxe.
• O anterior é unha dirección correo electrónico: establece un enlace para
enviar correo electrónico.
Notas:
Para establecer un enlace entre dúas páxinas, é conveniente que foran creadas
con anterioridade.
Os enlaces os podemos ir vendo na vista previa. Se queremos velos na vista
normal, temos que manter pulsada a tecla control e pulsar sobre o enlace.
Hai veces que a vista previa non funciona correctamente; entonces convén
recorrer directamente ó navegador pulsando sobre o icono .
ENLACES INTERNOS OU MARCADORES (ENLACES DENTRO DUN DOCUMENTO)
Os enlaces dentro do mesmo documento permiten ós visitantes dunha páxina
facer clic e saltar rapidamente a unha parte da mesma. Por exemplo, pódese crear un
índice ó principio da páxina e os usuarios poden facer clic nun elemento do índice para
ver a sección da mesma á que apunta dito elemento.
Estes enlaces dentro da mesma páxina se empregan cando non é demasiado
grande. Se é así, o usual é distribuír o seu contido en varias páxinas e establecer
enlaces entre elas (unha páxina xigantesca é máis lenta de cargar que varias pequenas,
sobre todo cando nos interesa unicamente unha parte do seu contido).
2
NVU
EXEMPLO:
Na páxina nova que vamos a crear faremos dúas “seccións”. O deseño, o
deixamos a gusto de cada cal:
• Formación académica.
• Aficións.
Agora vamos a poñer tres marcadores:
• Arriba (na parte superior da páxina).
• Formación (xusto diante da sección Formación Académica).
• Aficións (xusto diante do epígrafe Aficións).
Un marcador é unha sinal que se crea na páxina Web
para proporcionar a un enlace un punto de chegada
exacto. É opcional cando se crea para enlaces que enlazan
dúas páxinas distintas e obrigatorio cando se crean
enlaces á mesma páxina (como “Ir arriba”, para ir desde o
final, ó principio da mesma páxina).
Vamos a subir o cursor ó principio da páxina (á
primeira liña). Unha vez temos o cursor no sitio no que se
quere crear un marcador, seleccionamos a opción Enlace interno… no menú Inserir.
Unha vez feito isto, se nos amosa un cadro de diálogo no que debemos escribir
un Nome do enlace interno: e despois agregalo á lista de
enlaces internos. No noso caso vamos a escribir como
nome de marcador Arriba. Pinchamos no botón Aceptar
para validar este marcador que creamos.
Baixamos agora o cursor ata situalo xusto diante da
sección Formación Académica e aí inserimos un marcador
ó que chamaremos Formación. Faremos o mesmo diante
de Aficións (chamaremos ó marcador Aficións).
3
NVU
Como sabemos, un marcador actúa de modo similar a un enlace, polo que a
forma de traballar con el é a seguinte:
Para crear un vínculo que apunte a un marcador, deberemos facer o mesmo que
se fósemos a asociar un enlace. Para elo vamos a seleccionar as palabras “Formación
académica” e pulsamos o botón da barra de ferramentas. Con este nos aparece
o seguinte cadro de dialogo.
Pinchamos no despregable que se nos amosa e aparecerán todos os marcadores
que previamente creáramos na páxina. Unha vez elixido (neste caso o Marcador
“Formación”) pinchamos no botón Aceptar.
4
NVU
Este mesmo facémolo co marcador Aficións: seleccionamos o texto “Aficións” e
establecemos un enlace ó marcador “Aficións”.
Ó final da páxina poremos o texto “Ir arriba”; o seleccionaremos e establecemos
un enlace co marcador “Arriba”.
BORRAR E EDITAR ENLACES
Se necesitamos editar ou borrar os enlaces faremos clic sobre el co botón dereito
do rato, co que aparecerá un menú flotante, no que elixiremos a opción Propiedades
de Enlace...
Para editar ou borrar os enlaces tamén podemos facer dobre clic co botón
esquerdo do rato sobre o enlace a editar.
5