You are on page 1of 2

Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Pblico. Nota de prensa, 26 de abril.

A Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Pblico presenta un balance moi positivo da xornada de peche do da 25 de abril no CEIP Rabadeira de Oleiros, enmarcado no cadro de convocatorias de peches nos Centros educativos a nivel estatal contra a LOMCE e en defensa da Escola Pblica. A convocatoria foi respaldada por un numeroso grupo de persoas, representantes de todos os sectores da Comunidade Educativa (pais/nais, profesorado, alumnado e persoal non docente) de todos e cada un dos Centros de Educacin Primaria e Secundaria do Concello de Oleiros. Contou ademis co respaldo e a presenza do Grupo Municipal de Goberno, que acudiu previamente ao Pleno coa camiseta da Marea Verde, as como co apoio doutros grupos polticos.

A Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Pblico, -integrada por pais/nais, profesorado e PAS dos diferentes centros pblicos de educacin primaria e secundaria do concello de Oleiros, contina co seu programa de actividades contra os recortes e o Anteproxecto LOMCE e en defensa da calidade da educacin na escola pblica, e na Asemblea de onte plantexou os seguintes acordos.

1 - Venres Verdes: Todos os venres acudiremos aos nosos CEIPs e IES (e incluso aos postos de traballo) coa camiseta verde de "Escola Pblica. De tod@s para tod@s. Oleiros coa Marea Verde". Adxuntamos cartel de venres verdes e imaxe da camiseta para difusin nos propios coles e IES. 2 - Vdeo informativo e reivindicativo. Continuamos coa edicin do vdeo de representacin dos diferentes sectores da Comunidade Escolar e de diferentes centros do noso concello en defensa da Escola Pblica, contra os recortes e a Lei Wert. 3 - Adhesin convocatoria de mobilizacins aprobada polas das Plataformas en Defensa do Ensino Publico de Galicia, participando das das manifestacins convocadas para o da 9 de maio en horario de ma e tarde en defensa do Ensino Pblico, e solicitando pblicamente a confluencia e unin destas das plataformas nun nico movemento de actuacin da Comunidade educativa de Galicia contra os recortes, a LOMCE e en defensa do Ensino Pblico. 4 - Marcha da marea verde e acto ldico-reivindicativo. Estaremos presentes o Sbado 4 de maio na Xornada de Triatlon patrocinada polo Concello de Oleiros na localidade de Mera, informando sobre a LOMCE e a actividade da nosa Asemblea e

convidando aos veci@s do noso Concello a participar da Andaina pro Ensino Pblico e a da Xornada ldico reivindicativa que se desenvolver o domingo 5 de maio no noso Concello. Esta Xornada do domingo 5 de maio consistir nunha xornada de encontro entre os diferentes sectores e centros educativos, na que se informe poboacin sobre os puntos crticos da Lei Wert e sobre as consecuencias da sa aprobacin. A Andaina pro Ensinoo Pblico partir do IES Mara Casares s 17:00 horas ata o Parque Jos Mart, de Santa Cristina, onde se acompaar a labor informativa e de comunicacin con actividades ldicas e de encontro e participacin: xogos populares, actuacins musicais, bochinche, voo de cometas con lazos verdes...

En defensa da Escola Pblica, agradecemos a vosa participacin e a difusin destas actividades. Asemblea de Oleiros na Defensa do Ensino Pblico

You might also like