I
NÓS
3
XORNAL DE GALICIA
10 DE ABRIL DE 2009
EN PORTADA
SEN UNHA INDUSTRIACULTURAL FORTE,AS COLABORACIÓNSENTRE AS DÚASFORMAS ARTÍSTICASSON COMPLICADAS
O DESCOÑECEMENTOMUTUO É UN DOSPRINCIPAIS OBSTÁCULOSPARA QUE ESCRITORESE HISTORIETISTASTENDAN PONTES
pequeno e nos coñecemos todos,e sei de traballos conxuntos,pero non é ese o meu caso”.“Coido que é un pouco pordescoñecemento mutuo”,explica Samuel Solleiro, autorde
Elexías a Deus e ao Diaño
,“Eu leo cómics, pero pouco doque se fai en Galicia, o que máisme impactou ultimamentefoi o
Jimmy Corrigan
de ChrisWare. E penso que aos autoresde tebeos pásalles igual, que nonson consumidores da literaturafeita dende aquí”. Diego Blanco,un dos autores máis novos docolectivo de banda deseñadaPolaqia, dálle a razón: “Euson moi lector, pero consumosobre todo literatura de xénero,fantasía ou ciencia ficción, quenon está moi desenvolvidaen Galicia. Supoño que teñouns gustos distintos á maioríados escritores de aquí”. A súasúnicas colaboracións artísticasforon con Kike Benlloch, un dospoucos guionistas de cómics atempo completo que traballanen Galicia. Entre os dousasinaron a interesante
Pinche Mundo
.Emma Ríos, tamén autora enPolaqia e que ven de asinar variascolaboracións como debuxantenos Estados Unidos, recoñecedirectamente que “non está nadametida na vida cultural galega”.Precisamente nestes momentosestá a colaborar cun escritor, osegoviano Ricardo Gómez, pararealizar unha adaptación aocómic do
Amadís de Gaula
, porencargo da editorial SM.Cando historietista e escritortraballan xuntos, adoita ser parafacer un cómic no que o literatofai o guión. Samuel Solleiro, dique “semella que é un xeito delexitimar un medio, o tebeo,que está peor visto, e non creoque teña que ser sempre así.Introducir a narración en viñetasdentro da literatura tamén podedar resultados interesantes,aínda que hai medo a facelo”.O único caso recente que sepode sinalar na literaturagalega foi
Pan e coitelo
, deBieito Iglesias Arauxo, naque o tebeo que está a ler undos protagonistas insértaserealmente nas páxinas destanovela curta. Segundo explica opropio autor, pertencente a unhaxeración anterior á dos máis dosnarradores citados neste texto,“no relato fálase da chegadada cultura de masas a Galicia,algo que eu vivín, e introduciro cómic dentro do libro foi unxeito de facelas máis presentes”.De xeito distinto a Lado eRubín, Iglesias sostén que osdous medios, novela e bandadeseñada, teñen un puntode enlace en que os dous sonfundamentalmentenarrativos, “a súa finé contarhistorias, aínda que o fagande xeito distinto, pois nostebeos pesa máis a imaxe”.Por iso, pensa que poderíahaber colaboracións moienriquecedoras entre unha eoutra linguaxe, xa que hai enGalicia “escritores moi bos edebuxantes moi bos”.
INDUSTRIAS CULTURAIS
Por que non as hai? Pois porque“faltan industrias culturais queas integren”, segundo o autorde
Pan e coitelo
. “Nos paísesnos que hai un tecido industrialforte, as colaboracións son moihabituais, porque os axentesculturais as potencian. E ondenon o hai, como en Galicia, poistodo queda no interese persoal”.Dende a súa propia experiencia,o debuxante e ilustrador AlbertoVázquez, autor de
Psiconautas
ou
El Evangelio de Judas
ecolaborador de
El País
, chegaa unha conclusión semellante.Este coruñés que desenvolveufóra de Galicia case toda a súaactividade profesional afirmaque “nunca tiven ofertas ninrespostas positivas de ningunhaeditorial galega” que, agásexcepcións, non fan grandesapostas polos tebeos.Marilar Aleixandre, tamén damesma quinta que Iglesias, é damesma opinión e lembra quenos países onde os cómics dancartos, poden xurdir autores“como Neil Gayman ou AlanMoore”, que gañaron moitoprestixio por ser guionistasde cómics. “As colaboracións,as veces, é mellor que esteantuteladas, porque podemospensar que a certos debuxantes
andar
lles iría mellor con alguén quelles escribise as historias, perose non é el quen o solicita, acolaboración é imposible”. Perosería distinto se un editor llosuxerira.Olalla Cociña, poeta que acabade publicar hai pouco o seu
Librode Alicia
e grande lectora dehistorieta, pensa que "sen falarde líderes, faría falta alguén quefixera de ponte entre os dousmundos". Lembra que, sendo elanova, en Viveiro, existía un grupoartístico no que participabantanto escritores comohistorietistas. Diego Blanco eAlberto Vázquez, que veraneabaalí, atopábanse entre eles, aoigual que Brais Rodríguez, outromembro de Polaqia. “Todo iso,como experiencia persoal, eramoi enriquecedor, pero fomosperdendo contacto cos anos”.Nos 70 e primeiros 80, cando aimportancia política da culturaera maior e as fronteiras estabanmenos definidas, si que houbomáis colaboracións entre osdistintos campos da arte, perohoxe, que os alicerces da culturanacional están xa construídos,o transvase é máis complicado.Como resume a poeta MaríaLado, “diluíuse o nexo tanforte que era a lingua, e agoraos autores de cómic están máispreocupados por traballar doseu que por facer tebeos engalego, unha postura que éperfectamente lexítima”, tendoen conta que a band deseñadaé difícil de vender en España eGalicia. Aínda así ela, Rubín,Aleixandre, Bueno e Iglesiasdemostran que, cando seconstrúen, as pontes da letra á viñeta poden ser sólidas.
Leave a Comment