• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
miércoles, 18 de febrero del 2009 |
la voz de la escuela
4
>> divulgación científica
Chega a Casa das Ciencias 2.0
O primeiro museo científico na historia da cidade da Coruña volve abrir as súas portaslogo dunha fonda renovación das instalacións e das actividades e contidos
Despois da súa inauguración en 1985, a
Casa das Ciencias renovou a súa oferta
periodicamente con exposicións tempo-
rais, programas de planetario e novosmódulos interactivos. Con todo, o pasodo tempo e os máis de tres millóns de
visitantes recibidos desde os seus iniciosaconsellaban acometer unha renovación
máis fonda, tanto das instalacións do
edificio como dos contidos das exposi-cións permanentes.Tras unha reforma que se prolongou
durante varios meses, o museo volveabrir as súas portas ao público, quepoderá reencontrarse con algúns ele-
mentos emblemáticos desta casa, como
a exposición de actualidade científica
 Palabras da Ciencia
, a incubadora na que
cada día nacen unha ducia de pitiñosou o péndulo de Foucault, a primeira
proba experimental da rotación da Terra,
que ocupa o canón da escaleira. Pero,
ademais destes simbólicos obxectos, o
visitante atopará que no resto do museo
case todo o que verá é novo.
MÓDULOS INTERACTIVOS
Na sala de experiencias da primeira
planta os antigos módulos foron substi-
tuídos por unha ducia de flamantes inte-ractivos procedentes do Exploratoriumde San Francisco, o museo que nos anos
> Bibiana García / Marcos Pérez
sesenta do pasado século revolucionoua museografía científica ao outorgar o
protagonismo das instalacións aos seusvisitantes, aos que invitaba a manipular
as pezas que expoñía nas súas salas.
Os novos módulos permiten experi-
mentar de forma diverxente e con total
liberdade fenómenos que expoñen algún
tipo de desafío, e que en moitos casossorprenden pola súa beleza. Nesta salaé posible levantar pompas de xabón demáis dun metro de altura, construír du-nas de area, observar con todo detallea vibración das cordas dunha guitarra
ou xogar cun enigmático fluído que
responde ao campo magnético creadopor uns imáns.Os módulos procedentes do Explora-torium compleméntanse con outros deprodución propia que completan unha
FUCO REI
A Casa das Ciencias da Coruña, situada no parque de Santa Margarita, someteuse a unha importante remodelación interior ao cumprir 24 anos
exposición ante a cal, como reza o lemadeste centro, «está prohibido non tocar,
non sentir e non pensar».
SEGUNDA PLANTA
Na segunda planta, a sala de exposicións
temporais acolle unha mostra titulada
 Anfibios, vivir en dous mundos
. Nesta
exposición, unha serie de acuaterrarios,
que reproducen fielmente os ecosiste-
mas destes animais, acollen exemplares
vivos de ras, sapos, tritóns e salamánti-gas dos cinco continentes.
E O PLANETARIO
O planetario tamén foi obxecto dunhafonda reforma, xa que xunto á platafor-ma elevadora que permite o acceso en
cadeira de rodas instalouse un novosistema de proxección de alta defini-
ción que converte o interior da cúpula
semiesférica nunha pantalla de cine
inmersivo.
Este equipamento estrearase con
 Invasores de Marte
, un programa quepercorre a historia da exploraciónmarciana aproveitando o realismo e
espectacularidade das imaxes de vídeo
a toda cúpula
.
MC2
A cúpula do planetario estrea un novo sistema de proxección en alta definición
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...