You are on page 1of 5

Informarse de maneira automática mediante o uso de Bloglines

Daniel Veiga Martínez


Comisión de Recursos de APOEGAL

Durante o curso 2005/2006 comezamos a traballar con blogs no IES “García


Barbón” e, pouco a pouco, descubrimos BLOGLINES, unha aplicación en internet -sen coste-
que nos permite informarnos de maneira automática. A información actualizada que nos
interesa chega sen ter que visitar a web/weblog orixinal.

O primeiro paso é rexistrarnos e crear unha conta en Bloglines.

Unha vez realizado o rexistro, temos que visitar o noso correo electrónico
para valida-la mensaxe que nos fai chegar o equipo de Bloglines –tan só se trata de premer
nunha ligazón para confirma-la alta-. Xa estamos listos para traballar.
EXEMPLO NÚMERO UN: ENGADIR AS NOVAS DE EDUCACIÓN DUN XORNAL NO BLOGLINES

1.- Identificar o rss do xornal –na parte inferior da páxina inicial- (EL PAÍS) e das novas que
nos interesan –educación-.

Unha vez que prememos no RSS da categoría “Educación” aparece unha información que nos
permite engadir a nova suscrición a Bloglines inmediatamente.

A continuación prememos na aplicación (BLOGLINES) –a segunda na lista-. Xa podemos


identificarnos co noso correo electrónico e a clave e completar o proceso de engadido da
nova información –El PAIS, categoría Educación-.
Creamos unha carpeta nova co nome de “El País Educación”

Por último, prememos en suscribir.

EXEMPLO NÚMERO DOUS: ENGADIR INFORMACIÓN SOBRE EDUCACIÓN DA XUNTA NO


BLOGLINES

WEB: http://novas.xunta.es/educacion

RSS: http://novas.xunta.es/educacion.xml

En primeiro lugar, temos que premer no botón “añadir” e, a continuación, pegar o rss no
lugar que nos pide a url do blog ou canle e suscribir no boton correspondente.
Rematamos o proceso premendo no boton de “suscribir”.

EXEMPLO NÚMERO TRES: ENGADIR INFORMACIÓN DUN BLOG NO BLOGLINES

WEB BO BLOG DE ORIENTACIÓN http://orientacion.blogia.com


Rss do blog de Orientación: http://orientacion.blogia.com/index.xml

Na parte inferior esquerda do blog –páxina inicial- temos un símbolo que identifica o RSS do
blog. Hai que premer no símbolo do rss e, acto seguido, aparecerá unha páxina en linguaxe
de programación da que só copiaremos a url ou enderezo
(http://orientacion.blogia.com/index.xml).
Abrimos o noso BLOGLINES e prememos no botón “añadir” para, a continuación, pegar o rss
do blog de orientación e suscribir.

Para continuar, creamos unha carpeta nova co nome Blog de Orientación e aceptamos.

Para rematar, prememos no botón “suscribir”.

Máis información sobre Bloglines en:

http://portasabertas2007.blogia.com/2007/040706-informarse-de-maneira-automatica-1-.php
http://docs.google.com/View?docid=dx23xqn_131fv669f

You might also like