You are on page 1of 1

CPI MARCELINO A.

REY GARCÍA (CUNTIS) CURSO 2008-2009

CÓDIGO PARA CORRIXIR A EXPRESIÓN ESCRITA (4º ESO)


Para que o sistema de corrección funcione, preciso da vosa colaboración. Subliñarei cada erro e
ao seu lado engadirei un símbolo ou unha abreviatura que identificará a natureza do erro. Se
algo non está claro, preguntade o que precisedes. Ánimo!
Adecua Adecuación. Escolla errónea da variedade (culta ou vulgar) e o rexistro (formal-informal)
lingüísticos segundo a intención, o tema e o destinatario do texto: “non me mola” por “non me
agrada”, “abrirse” por “marchar”, etc.
Coh Coherencia. Organización confusa da información e das ideas no texto, non posúe unha estrutura
global adecuada (intro., nó e desenlace nun relato; tese, antítese e conclusión nunha
argumentación; etc.). Distribución errónea do texto en parágrafos ou ausencia deles. Existencia de
contradicións.
Conc Concordancia. Revisar concordancia de xº, nº e persoa entre suxeito e verbo, substantivo e
adxectivo...: Os automóbiles vermello, A xente sabían que...
Conex Conexión. A conexión entre ideas, frases ou parágrafos non está clara; a oración é excesivamente
longa e cae na confusión... Uso inapropiado ou carencia de conectores no texto.
Amb Ambigüidade. O enunciado ten máis dunha interpretación ao ser a súa redacción confusa:
Alúganse casas para turistas nova; Di que é unha boa persoa sempre; etc.
Anac Anacoluto. Un enunciado está inconcluso ou non se corresponden as oracións que forman parte do
enunciado: As nais que levan os nenos a esa galescola, a súa ilusión é que lle ensinen en galego.
Rep Repetición de ideas, de palabras, etc. Para non facer redundante o texto botaremos man dos
sinónimos: autora, escritora, creadora, poeta; Tomás, el, o rapaz; dixo, comentou, asegurou, etc.
Redun Redundancia. Emprego abusivo de palabras de contido e/ou forma análogas: Persoalmente eu
penso que...; Hai que reiniciar de novo; Subiu arriba, etc.
Fp Falta(n) palabra(s).
( ) Sobra(n) palabra(s).
Ort Ortografía (b/v, h, acentuación...).
P Puntuación (quitar / engadir un signo)
Pp Preposición (quitar / engadir unha preposición)
Vb Verbo (comprobar o tempo / forma deste verbo)
Voc Vocabulario (comprobar o uso / significado desta palabra)
Cast Castelanismo. Interferencia do castelán: abuela, vou a xogar, animales, antoxo, etc.)
Dial Dialectalismo (variante lingüística local: pantalós, mañán, din, etc.)
Pop Popularismo (formas propias da lingua popular: pra, vran, etc.)
Hiper Hipergaleguismo. Modificación dunha palabra galega coa intención de a diferenciar ou afastar da
correspondente en castelán, dando lugar a unha formas incorrecta de apariencia galega: brilar,
estrano, urbán, primaveira, etc.

Román Cerqueiro Landín Dpto. Lingua Galega

You might also like