You are on page 1of 5

3ª AVALIACIÓN :  LATINISMOS 100‐ 150  08/09 

101. nosce te ipsum (Imperativo de Nosco “coñecer” + ac. Ego e de


Ipse) Coñécete a ti mesmo. É a tradución da famosa inscrición grega
Γνόθι σεαυτόν, situada no frontispicio do templo de Apolo en Delfos.
Intentaba expresar que a sabiduría comeza polo coñecemento profundo
dun mesmo.

102. nota bene (Imperativo de Noto “anotar” +adv. Bene “ben”) Anota
ben, repara. Emprégase con frecuencia en libros e publicacións para
chamar a atención sobre algún tema. Abréviase N.B.

103. numerus clausus (do substantivo Numerus, -i + o adx. clausus,-


a, -um “pechado”) Número pechado, limitado. Úsase para indicar que
unha institución acepta a un número limitado de candidatos a formaren
parte dela (p.ex. algunhas universidades)

104. nunc et semper ( dos adv. Nunc “agora” + Semper “sempre”) Agora
e sempre. Fragmento da oración cristiá coñecida como Gloria (Gloria
Patri, et Filii, et Spiritui Sancto. Sicut erat in principio, et nunc et
semper, et in saecula saeculorum, amen.) Refírese a algo que non
cambia co paso do tempo

105. opere citato (do subs. Opus, -eris “obra” + o adx. citatus, -a, -um).
Na obra citada. Emprégase para non repetir o título dunha obra que xa
foi citada con anterioridade. Abréviase op. cit. ( e a continuación a
páxina onde se citaba o título da obra)

106. o tempora! o mores! ( dos subs. Tempus, -oris “tempo” + mos,


moris “costume”) Oh tempos! Oh costumes!. Frase pronunciada por
Cicerón nas Catilinarias para referirse á corrupción reinante no seu
tempo. Emprégase para criticar os hábitos e costumes actuais por
contraposición a unha época anterior supostamente mellor

107. panem et circenses (ac. De panis, -is “pan” + ac. Pl. de circensis,
-e “circense”) Pan e circo, comida e diversións. Fragmento dun verso
satírico do escritor Xuvenal (X, 81) que aludía ao único que precisaba o
vulgo inculto para estaren contentos e plegárense aos manexos de quen
ostentase o poder. Séguese a usar hoxe en día co mesmo valor

108. peccata minuta (do subs. Peccatus, -i “falta”+ o adx. Minutus, -


a, -um “diminuto”). Faltas pequenas. Úsase para referirse a pequenos
erros sen importancia

1 Ana M. Peña (Ies As Mariñas. Betanzos)


3ª AVALIACIÓN :  LATINISMOS 100‐ 150  08/09 
109. per accidens Por accidente, de xeito fortuito. Expresión
empregada polos filósofos medievais en contraposición a per se por si
mesmo, pola súa propia natureza para distinguir os feitos ou
substancias esenciais daqueles casuais ou fortuítos.

110. per capita (prep. Per+ ac.pl. de caput, -it is “cabeza”)


Literalmente significa “por cabezas”. Úsase como tecnicismo da
linguaxe financieira e estadística indicando a proporción que de algo
corresponde por indivíduo. (ex. Renda per capita)

111. per se vid. Supra 109

112. post data (prep. Post + nom. Pl. de Datum, -I “ data, fecha”)
Despois da data. Antigamente a data poñíase ao final da carta para
indicar cando fora rematada . É a anotación que se engade ao final
dunha carta para mencionar algo que se esqueceu ou se descoñecía
durante a redación da mesma.

113. post mortem (prep. Post + ac. de mors, mortis “morte”). Despois
da morte. (Ex. Rixidez post mortem)

114. primus inter pares . Primeiro entre iguais. Dise de quen ten
primacía pero non ten máis autoridade ca os demais

115. primum vivere, deinde philosophare Primeiro vivir, despois


filosofar. Expresión que advirte contra quenes se adican a teorizar sen
ter en conta o cotián

116. pro indiviso Sen dividir. Estado da propiedade dunha cousa


cando pertence a varias persoas en común sen división entre as
mesmas.

117. quod natura non dat Salmantica non praestat O que a


natureza non dá, Salamanca non o presta. Emprégase para significar
que quen carece dalgunha cualidade (como a intelixencia) non vai
solventar o problema acudindo á universidade

118. quorum (xen. Pl. masc. do relativo qui)Literalmente significa dos


cales. É o número de indivíduos presentes esixido para dar validez a un
acordo, proposta ou votación.

119. rara avis Ave extraña. É unha persoa ou cousa con característas
pouco frecuentes.

120. R.I.P. (requiescat in pace) Descanse en paz. Emprégase nas


sepulturas e esquelas mortuorias, aínda que hoxe en día xa é máis
2 Ana M. Peña (Ies As Mariñas. Betanzos)
3ª AVALIACIÓN :  LATINISMOS 100‐ 150  08/09 
frecuente empregar as siglas D.E.P. Os romanos empregaban S.T.T.L.
(Sit tibi terra levis- que a terra che sexa leve)

121. referendum (Xerundivo do verbo refero “consultar”) O que debe


ser consultado. É o procedemento polo que unha proposta ou unha
cuestión é sometida a voto popular

122. S.P.Q.R. (Senatus Populusque Romanus) Abreviatura de O


Senado e o Pobo Romano. Era o emblema das lexións romanas e o
nome oficial da República e do Imperio Romano.

123. si vis pacem, para bellum Se queres a paz, prepara a guerra.


Expresión que intenta demostrar que a mellor defensa é estar preparado
para o ataque.

124. sic transit gloria mundi Así pasa a gloria do mundo. A expresión
refírese ao efímero da fama e os trunfos. Emprégase nas cerimonias de
coración dos papas para lembrarlles que, a pesares de todo, non deixan
de ser mortais.

125. sine cura Sen coidado, sen preocupacións. Refírese a un cargo


político ou administrativo que trae aparellados privilexios e pouca ou
ningunha obriga ou responsabilidade. Por extensión emprégase para
calquera situación de uso abusivo e en proveito propio dalgún ben
público

126. sine die Sen día. Sen data ou prazo fixo. Emprégase sobre todo
en refencia a un aprazamento.

127. sit tibi terra levis (s.t.t.l) vid. supra 120

128. sponte sua (do posesivo fem. Sua+ o subs. Spons, spontis
“vontade” ) Voluntariamente, por propia iniciativa ou vontade.

129. statu quo No estado en que. Indica que unha situación ou


estado de cousas non debe variar polo momento

130. strictu sensu En sentido estricto ou restrinxido. Úsase para


referirse a algo cun valor moi concreto por oposición a lato sensu (en
sentido amplo)

131. sub iudice Baixo o xuíz. Refírese a un asunto pendente de


resolución xudicial e, por extensión, calquera cuestión opinable ou
suxeta a discusión

132. sui generis Do seu propio xénero. Refírese a algo con


características propias, excepcionais ou moi peculiares

3 Ana M. Peña (Ies As Mariñas. Betanzos)


3ª AVALIACIÓN :  LATINISMOS 100‐ 150  08/09 
133. summum ius, summa iniuria Estricto dereito, estricta
inxustiza. Frase do comediógrafo latino Terencio ( Heaut. 795) que
indica que a aplicación da lei ao pé da letra ás veces pode converterse na
maior forma de inxustiza.

134. superavit O que sobra. Termo económico referido á diferencia


favorable entre os ingresos e os gastos

135. suum cuique (tribuere) A cada un o seu. Dar a cada un o que lle
pertence. Foi unha das máximas do dereito romano no referente ao
dereito individual. As outras eran honeste vivere (vivir honestamente) e
alterum non laedere (non facer mal ós outros)

136. tamquam tabula rasa Coma unha táboa rasa. Os romanos


escribían en taboíñas de cera con un punzón de punta afilada nun
extremo e unha especie de espátula no outro que servía para borrar
(rasar) e volver a escribir de novo. A expresión emprégase para referirse
a algo que está en branco, que se ignora ou tamén a algo que queremos
que forme parte do pasado (facer tabula rasa de algo= facer borrón e
conta nova)

137. tempus fugit O tempo fuxe. Frase convertida en tópico literario


que alude, do mesmo xeito ca o carpe diem, á fugacidade do tempo e á
necesidade de aproveitalo.

138. totum revolutum Todo revolto. Emprégase esta expresión para


referirse a algo que está completamente desordeado, a algo caótico.

139. tu quoque, fili mi Ti tamén, meu fillo. Célebre frase pronunciada


por Xulio César cando viu que entre os conxurados para asasinalo
estaba tamén o seu protexido Bruto. Hoxe úsase para indicar a
ingratitude polos servicios recibidos

140. ultimatum (relacionado co superlativo de ultimus, -a, -um


“último”)Termo que indica unha decisión ou un prazo definitivo que de
non cumprirse, ten consecuencias negativas

141. urbi et orbi (dat. de urbs “cidade”+ dat. de orbis “orbe, mundo”)
Á cidade e ao mundo. Refírese á bendición que, con carácter xeral, dá
o Papa durante o Nadal ou a Pascua. Lembra que para os romanos a
cidade por antonomasia era Roma, logo a traducción sería “para Roma e
para o resto do mundo”

142. ut infra Como abaixo

143. ut supra Como enriba. Ambos termos (142 e 143) empréganse


nos textos impresos para indicar algo xa dito anteriormente (ut supra)
ou que se di máis adiante (ut infra). Serven para evitar repeticións

4 Ana M. Peña (Ies As Mariñas. Betanzos)


3ª AVALIACIÓN :  LATINISMOS 100‐ 150  08/09 
144. veni, vidi, vici (1 ºpers. Pret. perf. Ind. Dos verbos venio, video,
vinco) Cheguei, vin, vencín. Son as palabras que Xulio César mandou
escribir nun cartel de autopropaganda polo seu fulgurante triundo na
batalla do Ponto. Hoxe úsase para indicar a rapidez coa que se
conseguiu algo

145. verba volant, scripta manent As palabras voan, os escritos


permanecen. Refírese á escasa fiabilidade das palabras, que as leva o
vento, fronte á permanencia das cousas escritas

146. verbi gratia (xen. de verbum, verbi “palabra”+ abl. de gratia, -ae
“gracia”). Literalmente “pola gracia da palabra”. Abréviase en v.gr. e
equivale a “coma tal”, “por exemplo”

147. vice versa (abl. de vicis “turno, vez” + abl. do participio perf. de
vertere “volver, facer xirar”). Literalmente significa “coa vez cambiada”.
Equivale ao noso ao revés, ao contrario.

148. viva voce (abl. do adx. Vivus,- a, -um + abl. de vox, vocis) Con
viva voz. Refírese a algo que é expresado oralmente ou tamén a algo
que escoitamos en directo.

149. vox populi A voz do pobo. Expresión empregada para referirse a


un rumor ou opinión moi extendida e coñecida por todos

5 Ana M. Peña (Ies As Mariñas. Betanzos)

You might also like