C.O.C. XIV CONGRESO
Ponencia Política
29/04/09
3
1.- INTRODUCCIÓN
1.-Galicia mantivo, especialmente dende mediados do S. XIX unha constanteloita pola súa identidade como pobo con maior ou menor intensidade. Non setratou nunca dunha loita entendida como confrontación entre dúas facciónsdiferentes, senón como unha loita, a veces contra si mesma; a veces contrapoderosos adversarios interiores, pero en definitiva, aínda cando se preservoue séguese preservando un sentimento inequívoco de pertenza á naciónespañola, unha vontade de afirmación diferencial cubriu sempre como un sutilmanto, todo o devir do último século e medio de Galicia. Unha concreción claradeste feito foi o plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía deGalicia, celebrado en 1936 que concretaba nun instrumento xurídico articuladoo que serian unhas institucións galegas perfectamente estruturadas. Arealidade é que só ata que a Constitución de 1978 deu a posibilidade no seutítulo VIII de artellar unha configuración do Estado no que moitas dasaspiracións do autogoberno de Galicia que se foron manifestando, tal e comose indicaba ó longo de moitos años, Galicia non ten posibilidade de establecerunha estrutura de goberno propia. Elo supuxo que Galicia ao longo destesúltimos anos e de forma singular por impulso dos Gobernos do PP, accedeu acotas de autogoberno cada vez máis importantes, dentro do desenrolo docitado Título VIII da Constitución Española. Na actualidade, unha vez iniciandoo proceso de reforma dalgúns estatutos de autonomía, plantexase aposibilidade de que, Galicia, a través dun amplo acordo poida acceder a unmarco estatutario actualizado que serviría, no só para mellorar a acción degoberno, aproximando ao cidadán a administración, senón para que Galiciacontinuase desenrolando a súa personalidade como Comunidade Autónoma,nacionalidade histórica, tal e como se dixo no espléndido marco daConstitución Española de 1978.
Leave a Comment