You are on page 1of 7

PROXECTO INTERDISCIPLINAR

TÍTULO: A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE

XUSTIFICACIÓN: O profesorado do I.E.S Canido decidiu


elixir este tema debido á importancia que consideramos
que ten para o noso alumnado coñecer a ruta da auga na
súa cidade dende a súa captación ata a súa devolución ao
ciclo natural, así como analizar os distintos elementos que
forman parte da condución da auga ata os seus domicilios e
que valoren as consecuencias xerais do uso e abuso da
auga.

OBXECTIVOS:

• Recoñecer e valorar a importancia da auga como


recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no
sistema urbano actual.
• Orientar as actitudes de uso da auga cara a outras que
fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
• Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga
que utilizas na cidade, dende a súa captación ata a súa
devolución ao ciclo natural.

CONTIDOS:

• O CICLO DA AUGA.

1. a auga na natureza: que é a auga, a auga e o


orixe da vida, cantidade de auga no planeta terra,
os ríos de Galicia.
2. o ciclo da auga: fases do ciclo e tempo de
renovación.
3. a auga e o home: a auga como recurso vital, a
auga para o ocio, a auga para a fabricación dos
distintos materiais, a evolución que o home fixo
coa auga para o seu propio uso ( muíños,
martelos hidráulicos… ata as centrais
hidroeléctricas actuais).
4. distribución da auga a nivel mundial.

• A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE.

1. o embalse das Forcadas: situación, ríos que


forman o embalse, evolución do embalse co paso
dos anos ( sequías…).
2. a natureza do embalse: as aves e outros animais
do embalse, árbores do embalse.
3. o camiño da auga ata a nosa cidade: a
localización dos depósitos de auga na nosa
cidade.
4. tratamentos da auga: a potabilizadora de
Catabois e a depuradora de auga de Betanzos.

• O USO E O ABUSO DA AUGA NA CIDADE.

1. Usos da auga a nivel global e local. Festas da


auga nos pobos.
2. Hábitos de consumo responsables. Medidas de
aforro.
3. Divertíndonos coa auga: refráns, cantigas,
adiviñas, pasatempos….
4. Noticias relevantes sobre a auga no curso 2007-
2008.

METODOLOXÍA

Metodoloxía activa: é fundamental que o alumnado


participe activa e progresivamente na construcción do seu
propio coñecemento, para que sexa o protagonista da súa
propia aprendizaxe. O alumnado deberá desenvolver
habilidades de uso de información, consultando fontes
documentais diversas en soportes e formatos diferentes e
que estarán a disposición do alumnado na biblioteca e na
aula de informática do centro, o que permitirá que o noso
alumnado sexa formado nalgunhas das competencias
básicas do currículo (aprender a aprender, tratamento da
información e competencia dixital).
O alumnado traballará en grupo os distintos contidos do
proxecto, nos que terá que demostrar unha serie de
actitudes cívicas e intelectuais que impliquen o respecto
aos demais, a ser responsable, escoitar as distintas
opinións, argumentar as súas, traballar en equipo, ser capaz
de solucinar distintos problemas…

ACTIVIDADES.

Requisitos das actividades:

• Motivar os alumnos a profundizar no estudo do

tema.

• Cumprir os obxectivos propostos, mediante a

secuencia de actividades cada vez máis

complexas, que necesiten unha maior análise por

parte do alumnado.

• Actividades variadas que se citan a continuación.

1º AVALIACIÓN:

• Búsqueda, análise e selección de información por

grupos na biblioteca do centro e na aula de

informática sobre os contidos a desenvolver.

• Construción dunha maqueta en tres dimensións na

que apareza reflectado o ciclo da auga.

• Mapa dos ríos de Galicia.


• Mapa da distribución desigual da auga a nivel

mundial.

• Realización dun cómic sobre a evolución dos distintos

usos que o home fixo coa auga o longo do tempo.

• Procura de historias da relación do home coa auga en

distintos países.

• Saída a AQUACIENCIA e Aula de Ecología Urbana de

Ferrol para facer fotografías do muíño hidráulico,

martelo hidráulico, nora manual, nora de pedais…

para utilizar no traballo.

• Búsca de cantigas, refráns, adiviñas sobre a auga.

• Búsqueda de noticias relevantes sobre a auga nos

periódicos.

2º AVALIACIÓN

• Búsqueda, análise e selección de información por

grupos na biblioteca do centro e na aula de

informática sobre os contidos a desenvolver.

• Construción dun martelo hidráulico.

• Realización dunha depuradora en miniatura.


• Saída o embalse das Forcadas, potabilizadora de

Catabois e depuradora de Betanzos para aprender

sobre a ruta da auga na nosa cidade, así como a

realización de fotografías nesta viaxe.

• Busca de fotografías sobre os distintos animais que

son máis frecuentes no embalse.

• Observación da natureza do embalse.

• Pequeno herbario sobre as árbores de ribeira.

• Localización nun mapa do embalse das Forcadas, así

como da potabilizadora, depuradora e de depósitos de

auga.

• Coñecer e nomear os distintos animais e vexetais do

embalse en castelán e galego.

• Procura de cantigas, refráns, adiviñas sobre a auga.

• Búsqueda de noticias relevantes sobre a auga nos

periódicos.

3º AVALIACIÓN
• Búsqueda, análise e selección de información por

grupos na biblioteca do centro e na aula de

informática sobre os contidos a desenvolver.

• Facer un taboleiro “de gota a gota e tiro porque me

tocaÓ, no que aparecerán reflectidos nos distintos

casilleiros hábitos de consumo responsables e algúns

non responsables da agua.

• Elaboración dun pequeno periódico coas noticias máis

relevantes do curso 2007- 2008.

• Conmemoración do “día da augaÓ( 22 de marzo),

pegar carteis no instituto para concienciar sobre

hábitos máis responsables da auga.

• Facer diagramas de sectores onde aparezan reflectidos

o consumo da auga a nivel local e a nivel mundial.

• Enquisa realizada no instituto sobre hábitos de

consumo.

TEMPORALIZACIÓN.

1 hora á semana, tódolos luns de 9:20 ata 10:10.

1º Avaliación: 12 días.
2º Avaliación: 8 días.
3º Avaliación: 12 días.

RECURSOS
• Libros de texto das distintas materias: galego, ciencias
naturais, ciencias sociais, lingua castelá, lingua
galega..
• Biblioteca do centro.
• Aula de informática do centro.
• Revistas, periódicos de actualidade.
• Cartolinas.
• Pegamento.
• Tesoiras.
• Goma
• Rotuladores.
• Lapis de colores.
• Afías
• Cartón.
• Cola.
• Cámara fotográfica.
• Mapas.
• Plastilina.
• Material para a construción da depuradora de auga:
vasos de plástico, palliñas, punta, area, auga sucia,
algodón, filtro do café, sosa caústica.
• Material para a construción da roda hidráulica: envase
de colacao, envase de plástico, palliñas, culleres de
plástico…

AVALIACIÓN

Terá como referente a contribución á consecución das


competencias básicas facendo fincapé nos seguintes
aspectos: competencia en comunicación lingüística,
competencia dixital, competencia aprender a aprender,
competencias en resolución de problemas, competencia en
habilidades sociais e autonomía.

You might also like