• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
E DESPOISFOI...A FORMA!
 
Edita: Obra Social. Fundación “La Caixa”, 2007Produción: La Máquina de Hacer NubesImpresión:Depósito legal:
Introdución
Unha ollada rápida ao noso arredor faranos advertira profusión de formas xeométricas que nos rodean.Todos os obxectos que existen teñen unha forma;de feito, ese é precisamente un dos parámetros queos definen como tales. É sinxelo comprobar quealgunhas desas formas son máis frecuentes queoutras: esferas, ángulos, ondas, parábolas, hélices,espirais, hexágonos e fractais. Estas oito formasson as que con máis facilidade podemos atopar, enon é causalidade: todas elas están relacionadascon funcións moi concretas, tanto cando aparecenen obxectos vivos como en obxectos inertes, comonos deseñados polo home.Esta exposición é unha reflexión sobre formas efuncións baseada nun concepto museográfico quecombina maxistralmente modernos experimentosinteractivos con aproximadamente duascentas pe-zas extraordinarias.
3
 
propiedades do obxecto —sobre todo coa súa
función
— e que, xustamente por iso, nos resultansorprendentes ou dignas de coleccionar: un anacode aragonita laminada que parece touciño de veta,arenita con laminacións que parece unha vista pa-norámica, ou unha pebida de cobre que parece unsombreiro.
Orixe dos obxectose bólas de pedra
Tres esferas maxestosas abren a exposición. Cal-quera diría —sen se equivocar— que son “tres bó-las de pedra de tamaño semellante”. Así e todo, sonobxectos extremadamente diferentes:· Un é un
canto
(obxecto inerte xurdido esponta-neamente): representa todos os obxectos que,sinxelamente, xorden na natureza, determinadasas súas características polas leis universais. Unhapedra sen forma concreta rodou polo leito dun ríoe as forzas de rozamento, ben equilibradas en todaa súa superficie polo movemento imprimido polacorrente da auga, fórona arredondando.· Outro é un
ovo fosilizado
de dinosauro (obxec-to vivo): a selección natural favoreceu esta formacomo a ideal para conter o xermolo dun novo ser.Algo debe ter esta forma para ser seleccionada polavida como a mellor entre as moitas que sen dúbidaxurdiron como posibles.· O último é un
bolaño
(obxecto intelixente): balade catapulta do século XV, construída por un huma-no empregando a súa intelixencia, que respondía aunha necesidade militar moi concreta que a formaesférica resultou colmar. É unha forma deseñada.A forma dun obxecto e a súa función están intima-mente unidas. Por iso, e como logo veremos, am-bas son dúas das coordenadas básicas da súa con-dición de obxecto real. Estas tres pezas de pedraestán moi pouco emparentadas entre si, pero foronseleccionadas polo vivo, o espontáneo ou o cultocoa mesma forma: a esférica. A idea básica destaexposición é precisamente que unha forma concre-ta irá relacionada cunha función concreta. Esta cla-sificación que distribúe os obxectos en tres grupos(inertes, vivos ou intelixentes) será fundamentaldurante o desenvolvemento desta exposición.Non obstante, existen algunhas excepcións a estarelación forma-función, reflectidas nunha vitrinaplenamente dedicada a obxectos singulares con
formas
que non se corresponden co resto das
Un ovo fósil, un canto e unha bala de catapulta son tres esferas de pedra.
4
 As sete propiedades de calquera obxecto
Da mesma maneira que un vector no espazo se determina polos seus tres compoñentes X, Y e Z, podemosdicir que calquera obxecto do noso universo se pode definir por sete propiedades ou coordenadas:
compo-sición
e
estrutura
(no interior do obxecto),
forma, tamaño
e
cor
(as máis visibles, no seu límite co exteriorou fronteira) e
función
e
necesidade
(no exterior).Dedícase unha longa vitrina completa a desenvolver estes sete conceptos usando un obxecto coñecidocomo exemplo: un
ovo de galiña
.A
composición
do ovo son as substancias químicas das que está feito.A súa
estrutura
corresponde á disposición determinada da clara, a xema e o embrión.A súa
forma
é ovalada, o que dificulta o rodar fóra do niño.O seu
tamaño
é duns 5 centímetros de altura.A súa
cor
adoita ser encarnada, aínda que pode ser branco.A súa
función
é xerar un novo ser.A súa
necesidade
é ser case esférico, para perder a calor mínima.
Os cubos de pirita varían de tamaño, pero o resto das propiedades permanecen constantes.
Poderiamos xogar a combinar estas sete propie-dades e meditar sobre o resultado. Teriamos centovinte e sete posibles combinacións, pero ímonoscentrar só nalgunhas delas, que ilustraremos enseis vitrinas:· Un gazpacho é o resultado de romper e mesturara
forma
e
estrutura
do cogombro, o tomate, o pane o allo.· Os perfectos cubos de pirita comparten todas aspropiedades do obxecto, menos o
tamaño
.· Todas as patacas dun saco son practicamenteiguais en cinco das súas propiedades, agás na
for-ma
e no
tamaño
.· Un fósil e o animal do que xurdiu comparten
tama-ño, estrutura
e
forma
.· O sol e as burbullas dunha copa de cava teñen amesma
forma
e difiren en todo o demais.· Unha boa xema éo pola súa
estrutura, composi-ción, tamaño, forma, cor, función
e
necesidade
.
5
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...