You are on page 1of 22

Marcos Maceiras (3ºB)

Sheila Martínez (3ºB)


CALVOS
Calvos é unha aldea da parroquia
de Cuntis, situada uns 2
quilómetros ó oeste da capital do
concellos e cunha poboación de
aproximadamente corenta
habitantes. Pola aldea pasa a
estrada de Sab Clemente e hai un
convento de monxas.

As casas que están no centro da


aldea están moi xuntas e non
todas teñen veiga, en cambio as
que están máis alonxadas teñen
todas fincas e a maioría cultivan
hostalizas e patacas. En case
todas as casas teñen animais
como ovellas, galiñas e vacas,
aínda que agora as vacas non as
ten tanta xente coma fai uns anos.

Moitos veciños tamén se dedican á


caza e teñen cans. Tamén, a
maioría da xente da aldea ten
parras.
O convento de San Bieito de Pereira
O convento de clausura construiuse no século
XIX. O máis importante deste gran edificio é o
cruceiro con peto de ánimas que se atopa no
adro. Destacan as figuras talladas na pedra
polos canteiros da zona, que representan á
Sagrada Familia, acompañada de catro
querubíns e catro ánimas do purgatorio. No alto
do cruceiro destaca a imaxe da virxe María
atravesada por un espada.
No convento viven monxas bieitas que traballan
a gran finca, rodeada dun impresionante muro,
que ten o convento.
A praza

Como se pode ver na imaxe,


esta é a praza da aldea, onde
antes se reunían os nenos.
Agora non imos alí xogar,
porque xa non hai nenos
pequenos. As persoas
maiores da aldea séntanse
alí para falar e pasar a tarde.
A praza non ten nin fontes,
nin bancos, nin cruceiro...
Está situada no centro da
aldea e rodeada por casas. A
ese lugar chámanlle o
Chouiño. As casas do centro
da aldea teñen fincas moi
pequenas, pois non teñen
moito espazo. A praza non é
moi grande e a ela van dar
dúas pistas moi estreitas e
só pode pasar un coche, e
moi xusto.
A carballeira

Na carballeira só hai carballos,


non hai árbores de máis
especies. É estreita, pero
bastante longa. Os carballos
aínda son novos, polo que
teñen un tronco fino. A
carballeira está rodeada de
fincas e todas teñen dono.

No verán os vellos ían alí


porque facía menos calor e está
á sombra pola ramaxe dos
carballos. Foi plantada hai
quince anos aproximadamente.
Fai dous anos pensaron en
cortar a carballeira, pero os
veciños querían conservala polo
ben situada e o tranquilo que
era o lugar.
A río de Calvos

Este é o regato que pasa por


Calvos. É un afluente do río Gallo e
os veciños chámanlle o río de
Calvos. Durante todo o seu
percorrido ten uns cinco muíños e
dous deles están en Calvos, pero
ningún está en bo estado. Este río
nace en Vilariño, e pasa polo Noval,
Calvos, Trasponte, desembocando
no río Gallo en Cuntis.
O río Gallo

Este é un tramo do río Gallo que


pasa pola aldea e fai de fronteira
con Cuntis. O río ten unha ponte
pola que pasan os coches, que é a
que se pode ver na imaxe, e outras
pequenas para cruzar a pé. Ata fai
uns anos a ponte que se ve na
fotografía era de terra e pouco
segura, pero polas queixas dos
veciños acabaron arranxándoa.

No río hai moitas árbores, como


por exemplo bidueriros.
Antigamente as beiras do río na
zona de Cuntis non estaban tan
urbanizadas e se podía ver
claramente a fronteira entre Cuntis
e Calvos.
Os castiñeiros

Estes castiñeiros da fotografía son


dunha veiga privada que está
pechada cun arame para saber que
ten propietario. Os donos da casa
non viven alí e plantaron os
castiñeiros para que non lle naceran
silveiras, toxos e outras herbas
malas.

Os castiñeiros plantáronos fai


vintecinco anos aproximadamente.
Na finca hai arrdeor de quince
castiñeiros e o chan está cuberta de
follas e ourizos no outono. A esa
finca chámanlle a veiga da Torre,
polo apelido dos donos. A zona está
moi próxima ó río e é moi húmida,
bastante alonxada do centro da
aldea.
Eucaliptos e piñeiros

Estas son as especies non


autóctonas que están
plantadas en veigas privadas
en Calvos. Hai moitos piñeiros
e eucaliptos. Fai cincuenta
anos un veciño provocou un
incendio porque lle molestaban
as árbores ó lado da casa xa
que non deixaban pasar a luz e
había pouca claridade.
Despois, para repoboar a zona,
volveron a plantar árbores que
medraran rápido, como os
eucaliptos e ninguén pode
denunciar ó dono porque ten o
permiso do concello.

Estas zonas son agrícolas e


non se pode construír casas
nelas, polo que son as partes
da aldea menos poboadas.
Os hórreos

Nesta aldea case todas as casas


teñen hórreos, moitos restaurados,
aínda que nas vivendas novas xa
non se constrúen.

Os hórreos úsanse para gardar o


millo, pero hai veciños que os teñen
de adorno. Nesta zona hai sobre uns
doce hórreos e case todos están
restaurados.

O hórreo máis grande da aldea terá


máis de sesenta anos, mide sobre
oito metros cadrados e é dun veciño
que xa non vive aquí.

A razón de que cada vez se


constrúan menos hórreos é que xa
non hai tantos labregos. O hórreo da
foto é un dos poucos que non está
restaurado, aínda que lle puxeron a
porta nova.
O antigo muíño

O antigo muíño non se pode


apreciar na fotografía porque está
cuberto pola vexetación que se ve
ó lado da casa. Antes a xente ía
alí a moer o millo. O muíño
aproveitaba a forza do río Gallo.

Agora non se pode entrar polas


malas herbas que medran e nin
sequera se pode ver o muíño. A
casa que está ó lado chamábanlle
a ‘casa da muiñeira’, que era a
encargada de limpar e coidar o
muíño. Fai anos, cando a muller
morreu non houbo ninguén que
se preocupase do muíño e agora
atópase en pésimas condicións.
O pombal e a fonte

O pombal está situado na leira dun


veciño. Antes a súa estrutura era de
pedra pero agora recebouse con
cemento e pintouse de branco. O seu
tellado era de tella pero tamén se
cambiou por lousa, máis resistente.

A fonte fíxose hai dez anos


aproximadamente, cunha billa para
botar auga.
O motivo de facerse está fonte foi que
os veciños máis vellos da aldea
querían recuperar a fonte que había
antes nese mesmo lugar e que se
quitara para facer unhas obras que
nunca se chegaron a realizar.
Aveños e espazos de labranza

En Calvos, como en calquera


aldea, un gran número de
persoas dedícanse ó campo,
aínda que a maioría ten outros
traballos.

Para os traballos agrícolas


necesítanse ferramentas, como
gallas, sachos, gadañas… e
tamén se utiliza maquinaria
como arados e tractores
preparados para distintos
traballos.

A xente ten cubertos e


alpendres nas casas para
gardar as ferramentas e
produtos agrícolas, como leña,
herba seca para alimentar ós
animais, millo... Tamén teñen
cortes para os animais e os
galiñeiros constrúense
pegados a elas.
As casas (Sheila)

Estas fotos son as das casas


que máis me gustan. A
primeira é unha casa que
restauraron fai dous anos. Ten
un soportal que lle construíron
cando se restaurou, xa que
antes non o tiña. O dono da
casa herdouna do seu avó e
decidiu restaurala, xa que o
lugar é zona agrícola e non se
pode construír de novo. Esta
casa gústame porque é unha
casa nova pero conserva o
estilo antigo.
A segunda casa esta alonxada
do centro da aldea e
construírona fai seis anos,
pero aínda non acabaron.
Gústame a forma da casa e os
materiais que utilizaron.
As casas (Sheila)

A casa da imaxe non me gusta.


Os motivos son que non me
gustan os materiais que
utilizaron para a fachada da
casa, e que teñen cortes
pegadas á vivenda que non
quedan ben.
A casa destaca negativamente
no conxunto polos azulexos
exteriores e porque case todas
as demais casas da aldea son
de pedra.
Esta é unha casa de labregos,
polo que teñen un alpendre,
cortes, viñedos, un galiñeiro...
Os donos da casa teñen moitos
animais que pastan noutras
veigas separadas da casa.
As casas (Marcos)
Estas dúas casasda esquerda teñen unha estrutura
moi similar. Elixin estas porque se integran moi ben
nos lugares. As duas están feitas cos mesmos
materiais, pedra e tella do país.
O único que non me gusta da primeira imaxe é a
forma que ten a cheminea, con ese acabado coma se
fose un castelo
As dúas están situadas nun lugar tranquilo da aldea e
nun lugar elevado. Unha cousa que me gusta moito é
que teñen patios e xardíns con plantas diante da
fachada.

A casa de abaixo non me gusta e non é porque esté


abandonada, senon pola súa forma, con ese engadido
da dereita, co tellado chegando ao chan. Tampouco
me gusta porque case non ten luz natural, pois non
ten ventás.
A granxa abandonada

Esta especie de cortello é unha


antiga granxa de porcos, onde
antes comerciaban con estes
animais. Agora está abandonada,
chea de lixo e de silveiras e viven
alí persoas indixentes que non
teñen casa.

Está moi cerca do río e da ponte


que une Calvos con Cuntis. Ó
estar tan cerca do pobo afea a
zona polas malas condicións nas
que se atopa, polo lixo e os
cascallos. Como se pode ver na
fotografía está rodeada de malas
herbas e case non ten acceso. O
concello está planificando
derrubar a granxa para urbanizar a
zona.
Agricultura e gandería
Nas fotografías pódense
ver traballos do campo ó
que se dedican moitos
dos veciños. Fai anos
moita xente tiña vacas,
agora non hai veciños
que as teñan, porque lle
pagan moi pouco polo
leite.

Os animais que máis


xente ten na actualidade
son as ovellas. Algúns
veciños teñen cabras e
cabalos

Tamén hai moitas


persoas que teñen
invernadoiros para
cultivar. Case todos os
veciños teñen veigas e
moitos cultivan produtos
agrícolas para caonsumo
propio.
O tanatorio móbil

Este camión pertence á


funeraria de Calvos e é un
tanatorio móbil. A funeraria está
ó lado pero non se pode ver ben
desde a estrada porque ten
casas diante.

É a primeira funeraria de Cuntis


que puxo o velorio móbil.
Dentro é coma un tanatorio
normal, pero este poden
trasladalo ó lugar que queira a
familia do defunto. O nome da
funeraria é “Pombo Lourido”.
Non hai moita xente que opte
por esta nova tendencia. Eu
penso que para os familiares
dos defuntos é máis cómodo ter
o velorio cerca da casa que ter
que trasladarse e espérase que
o negocio funcione mellor
dentro duns anos.
‘A de Mieres’

Unhas das poucas


empresas que hai en
Calvos é Á de Mieres’.
Este home adícase á
vender todo tipo de
pensos para os animais,
animais como pitos ou
becerros, e desde hai uns
meses, á venda de
bombonas de gas.
Os meus recunchos (Marcos)

Na imaxe de arriba vese o lugar onde


nos reunimos eu e os meus amigos.
Alí pasamos horas e horas falando
das nosas cousas. Desde aí vese todo
Calvos con claridade e cando non
sabemos onde ir vimos aquí.

No taller de abaixo é onde máis tempo


paso nos meus ratos libres. Este é un
taller no que nos reunimos case todos
os días a noite, e os sabados pola
tarde. Aquí dentro aprendo moito do
que a min me gusta, que son os
coches.
É raro que non lle estean facendo algo
a algún coche. É case coma se fose un
costume porque dende que teño dez
anos sempre vou alí.

You might also like