• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico 
1.Historia da lingua e lingüística histórica
A
lingüística histórica
é a disciplina que se encarga do estudo do
cambiolingüístico
, pero para iso é indispensable ter en conta a
historia social ou externa
dalingua. Algúns exemplos disto son:A)
Evolución do plural das palabras polisílabas que en singular rematan enconsoante líquida lateral
 

:
 ANIMALES
anim
aes
anim
aas
anim
ás
anim
ais
anim
ales
1)No
latín galaico
da
época xermánica
prodúcese unha mudanza que é particular do noroccidente da Península: a
perda do /l/ intervocálico
, quedá lugar á forma
animaes
da que xa se conservan testemuños nos
textoslatinos
anteriores ao
século XIII
.2)A partir de
animaes
aparecen as formas:
 Animaas 
, unha forma xerada por 
asimilación
(o /a/ tónico asimila ofonema átono posterior). É unha forma xa documentada nos sé
culo XIV
.Posteriormente prodúcese unha
crase
que dá lugar á forma
animás
, unresultado aínda presente na onomástica (
 Feás
,
Currás
,
Toxás
...)
 Animais 
é unha forma resulante do
debilitamento
da
segunda vogal
dohiato, que deixa de ser núcleo para converterse en marxe silábica posnuclear. Estas formas documéntanse desde a etapa
posmedieval
.3)Coas anteriores sigue convivindo a forma
animales
, unha forma minoritariaque se rexistra só en certo tipo de textos.
Historia da lingua galega
2008/2009USC1
 
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico 
Se analizamos os datos deste gráfico podemos distinguir
tres fases
na propagación daforma
animales
:
1)
Primeira fase de
propagación lenta
dos séculos
XIII ao XVIII
(entre os séculosXIII e XV documéntase en traducións de orixinais casteláns, polo que é posibleque sexa unha forma inducida pola fonte que se traduce). Ademais, nondispoñemos de fontes para coñecer a lingua oral deste momento.
2)
Fase de
difusión rápida
desde o século
XIX
.
3)
Situación
actual
, na que só quedan
reliquias
da
situación lingüística pasada
,como é o caso da forma cadrís.Independentemente da orixe da forma
animales
(atribuída por algúns estudosos aocontacto co castelán), observamos que a súa
propagación
rápida coincide co momento depropagación máis rápida do coñecemento e uso do
castelán
. Do mesmo xeito, a expansiónda forma
animais
fóra da súa área dialectal prodúcese canso se propaga o coñecemento davariedade
estándar
, na que é a variante seleccionada.Como vemos, nos dous casos é preciso ter en conta a
historia externa
da lingua á hora deexplicar a propagación dunhas ou outras formas.
B)
Gheada
, consistente na
aspiración
do fonema
oclusivo velar xordo
/
/ que dálugar a un oclusivo aproximante e, finalmente, a un
oclusivo aspiradofarínxeo xordo
/
/ (e mesmo pode dar lugar á desaparición da consonante:
estruga > estru
γ  
a > estruha > estrúa
). Existen tres hipóteses que intentanexplicar esta mudanza, pero tendo en conta a historia externa observamos queas dúas primeiras non son posibles:
Hipótese substratística 
: atrie a gheada á influencia das
linguasprelatinas
sobre o latín da Gallaecia, porén os
datos
amosan a que gheadaé unha
mudanza tardía
(os primeiros testemuños son do século XVII,aínda que seguramente xa existía antes na lingua oral).
Hipótese castelanista 
: considera a gheada coma unha consecuencia da
castelanización
de Galiza, pero na época na que se comeza a documentar os individuos bilingües era moi poucos, polo que é moi
difícil
que istodesencadease o cambio.
Hipótese estruturalista-interna 
: explica a gheada coma unha
transformación espontánea
que se produce na lingua oral popular máis oumenos a
finais da Idade Media
.Como vemos, neste caso tamén é necesario ter en conta a
historia social
da lingua á hora de explicar unha
mudanza lingüística
.
2.Lingüística histórica e dialectoloxía
Todas as linguas teñen
variación interna
, que pode ser de diferentestipos:1)
Diatópica
.2)
Social
, no caso do galego aumenta desde a segunda metade do século XX,cando o galego comeza a ser usado por individuos de clases sociais que antesnon o empregaban.3)
Contextual
ou situacional.4)
Diacrónica
.
Historia da lingua galega
2008/2009USC2
 
1. Historia da lingua, lingüística histórica e dialectoloxía. O cambio lingüístico 
O
grao
de variación das linguas depende do seu
desenvolvemento
ou
expansión
. Así, o inglés ten un maior grao de variación có galego por ter máisfalantes e o galego aumentou a súa variación social e contextual nos últimos cen anos.Así, a
dialectoloxía
pode ser entendida en
sentido amplo
coma adisciplina lingüística que estuda as variedades xeográficas, sociais, contextuais ediacrónicas. Todas estas variedades poden recibir a denominación de
dialectos
. Porén,desde o punto de vista
tradicional
a dialectoloxía restrínxese ao estudo dasvariedades
diatópicas
, e é disto do que se pode beneficiar principalmente a lingüísticahistórica xa que os materiais dos que dispoñemos para o estudo da variacióndiatópica, social e contextual en épocas pasadas é moi escaso.
Historia da lingua galega
2008/2009USC3
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...