• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
CARTA-PRESENTACI\u00d3N DO TR\u00cdPTICO INFORMATIVO DA CGENDL
Os membros da CGENDL, docentes que traballamos nos colexios e institutos no d\u00eda a d\u00eda e que,
polo tanto, co\u00f1ecemos a realidade dos centros e a s\u00faa situaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica, vemos conmoita
preocupaci\u00f3n o problema xerado nos \u00faltimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que
derivou nunha confrontaci\u00f3n aberta arredor dun ben com\u00fan que nos ti\u00f1a que unir, a lingua galega.
Consideramos que ac onvive nc ia do galego e o castel\u00e1n non ten que ser un problema sen\u00f3n unha
vantaxe, unha oportunidade para a nosa sociedade. Algo que todos os estudos, e que o sentido com\u00fan

da inmensa maior\u00eda da poboaci\u00f3n galega avala, v\u00e9n sendo perigosamente interpretado dende determinados sectores pol\u00edticos. E m\u00e1is perigoso \u00e9 que se trasladen \u00f3s centros de ensino problemas que non atenden a raz\u00f3ns pedag\u00f3xicas, aboc\u00e1ndonos cara a un escenario de lamentable confrontaci\u00f3n social.

Ademais pensamos que dende unha perspectiva pedag\u00f3xica todos os implicados no ensino deberiamos centrarnos en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes en galego e castel\u00e1n. Polo tanto, o debate que se ten que abrir \u00e9 precisamente este: que medidas temos que adoptar para conseguir que os rapaces e rapazas dominen plenamente as d\u00faas linguas, tal e como establece a LOE.

Neste contexto elaboramos un tr\u00edptico destinado \u00e1s familias que \u00e9 o que hoxe presentamos, e que
se vai distribu\u00edr na medida das nosas limitad\u00edsimas posibilidades. Por que este tr\u00edptico?
porque parece que hai que volver recordar que o galego \u00e9 a lingua propia de Galicia; que nos
pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro,
porque intereses pol\u00edticos, que non educativos, ve\u00f1en de crear un problema no ensino arredor das
d\u00faas linguas oficiais que pode derivar nunha perigosa fractura social, polo tanto
COMO DOCENTES pensamos que debemos ofrecer informaci\u00f3n rigorosa sobre a aprendizaxe de
linguas baseada en estudos cient\u00edficos que se fixeron tanto dentro coma f\u00f3ra da nosa comunidade.
E dito isto, queremos insistir en:

a. \u00e9 unha sorte, non \u00e9 unha desgraza, que a nosa comunidade conte cunha lingua milenaria, que nos debe unir. Polo tanto non se debe permitir que triunfe a idea de que o galego \u00e9 un obst\u00e1culo para os estudantes, mantendo vellos prexu\u00edzos que no s\u00e9culo XXI deber\u00edan estar plenamente superados, pero que pretenden manter relegada a lingua galega nun lugar secundario na sociedade.

b. se \u00e9 evidente que para mellorar a competencia en lingua inglesa \u00e9 necesario que se impartan en ingl\u00e9s determinadas materias, a sociedade galega debe asumir tam\u00e9n o mesmo para a lingua galega, \u00e9 dicir, que para saber galego \u00e9 necesario \u201caprender en galego\u201d.

c. o galego segue a ser unha lingua minorizada na nosa comunidade e polo tanto necesita unha
discriminaci\u00f3n positiva tanto dentro coma f\u00f3ra do ensino.

Estes par\u00e9cennos motivos suficientes e razoables para difundir este tr\u00edptico entre as familias e a sociedade galega en xeral. Polo tanto, est\u00e1 \u00e1 disposici\u00f3n de todos aqueles ENDL, ANPAS, direcci\u00f3ns de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.

BREVE VALORACI\u00d3N DA ENQUISA DA CONSELLER\u00cdA DE EDUCACI\u00d3N

A enquisa que a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria pensa distribu\u00edr esta mesma semana entre as familias a trav\u00e9s dos centros educativos \u00e9 pouco rigorosa e mostra un grande desco\u00f1ecemento tanto da socioling\u00fc\u00edstica coma do mundo do ensino, o que nos parece a\u00ednda m\u00e1is grave. Por po\u00f1er un exemplo, non existen materias troncais no ensino non universitario, esta \u00e9 unha terminolox\u00eda do ensino universitario. Polo tanto, o se\u00f1or Conselleiro deber\u00eda saber que o que hai son materiais obrigatorias e optativas, propias de modalidade ou non. \u00c9 as\u00ed que non v\u00e9n a conto empregar o termo \u201ctroncais\u201d porque non hai unhas materias m\u00e1is importantes ca outras, todas te\u00f1en unha misi\u00f3n educativa global.

Centr\u00e1ndonos na cuesti\u00f3n da an\u00e1lise socioling\u00fc\u00edstica, nunha breve an\u00e1lise podemos observar:

1. En qu\u00e9 documento, lexislaci\u00f3n, tratado, artigo ou normativa aparece recollido o dereito a escolleren os pais a lingua da docencia dos fillos? Porque si existen moitos outros dereitos que as persoas, na maior parte dos casos, non poden exercer, por exemplo o dereito a seren atendidas en galego na Xunta de Galicia cando o soliciten.

2. Estase preguntando sobre un dereito, \u201co dereito de co\u00f1ecer o galego\u201d, fallando na metodolox\u00eda, porque tal e como est\u00e1n presentadas as preguntas non fai falta ser moi experto para darse conta de que o que se extraia de a\u00ed non pode valer para moito e menos para facer un novo decreto. Porque? Nas opci\u00f3ns de resposta vemos:

\u2022
\u201ctodo en galego\u201d que non se refire a todo o ensino en galego, sen\u00f3n a t\u00f3dalas materias, que na
enquisa se denomina troncais, en galego.
\u2022
\u201ca maior\u00eda en galego\u201d (que \u00e9 a maior\u00eda?: o 52% ou o 95%?),
\u2022

\u201cunhas en galego e outras en castel\u00e1n\u201d, a xente pode pensar que esta \u00e9 a mellor resposta porque indicar\u00eda o 50% e iso non \u00e9 certo. Se queremos que o 50% do ensino estea en galego hai que contestar \u201ctodas en galego\u201d que \u00e9 o que marca o actual decreto.

3. Tampouco \u00e9 fiable xa que non presenta as m\u00ednimas garant\u00edas de calquera consulta para que os
resultados sexan cribles. O universo da investigaci\u00f3n parece que vai ser todo, pero, como o van garantir?
\u2022

A cantos pais lles vai chegar? Nestas alturas de curso, como van facer para que o alumnado entregue na casa a enquisa e a traia de volta no prazo duns d\u00edas. Ademais, como van asegurar que a enquisa a van contestar os pais que deban facelo?

of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...