XORNAL
DE
GALICIA
.
Suplemento de lecer. 19 de xuño de 2009
2
EXIT
PORTADA
Friquicine de autor
P
Na escena inicial de
Los magna-tes del sexo
, Jeff Bridges berra nomedio dun bar cheo de friquis:
“Imos facer unha película porno!”A brillante idea xorde para probar
á súa muller que é todo un homeque pode facer algo ben na súa vida. O filme promete unha boadose de histerismo cómico, peronon pasa de aí a promesa.
Zack and Miri Make a Porno
dáao espectador unha acollida máisben morna e vai medrando en in-tensidade até conseguir algunhas
escenas para demendrellarse. Xus-
to o contrario, cunha historia benparecida. Nesta, dous colegas de-
ciden converterse en estrelas do
mercado erótico global para pagar
as facturas no contexto de criseeconómica no que se atopan.
Non é esta a única circunstanciaefectista da que se aproveita Kevin
Smith, aquel realizador indepen-dente que irrompira no mercado
cun canto reivindicativo á subcul-
tura popular friqui dos EUA cha-
mado
Clerks
. Metidísimo na indus-
tria, toma a Seth Rogen (
Virgen a los40
,
Supersalidos
,
Lío embarazoso
)para dar vida a outro
alter ego
seu,ese tipo de trinta anos que traballanunha mala copia de Starbucks ou
de McDonalds, con reminiscen-cias adolescentes en moitos sen-tidos: anda máis saído que o pico
dun ferro –habitualmente porqueleva sen mollar unha eternidade–,
fai descansiños no curro para irmercar un
canuto
aos vendedo-res habituais da esquina –detalleomitido en
Zack e Miri
, coa au-sencia dos xa míticos Jay e Bob o
Silencioso–, e cando chega á casa,espérano unhas latas de cervexa e
os colegas para facer un maratónd’
A guerra das galaxias
ou do úl-
timo videoxogo ao que estean en-
ganchados no momento.
XUNTOS E REVOLTOS
A Rogen úneselle Elizabeth Banks
como compañeira de piso friqui,amiga dende tempos mozos. O
desenlace está claro, e Smith non
engana a ninguén: estes dous es-
tán prendadiños un do outro, pe-ro aínda non o saben. Agradécese
que non haxa o empalague de
La
chica de Jersey
e un pouco máis da
mala baba de
Clerks
. O bo come-
O REALIZADOR DE ‘CLERKS’ FIRMA UNHA COMEDIA DE XÉNERO
CO ACTOR DE MODA SETH ROGEN SEN RENUNCIAR ÁS SÚAS HABITUAIS GAMBERRADAS
A PELÍCULA MÁISCACHONDA DEKEVIN SMITH
OU COMO FACERUN FILME PORNOMOI ROMÁNTICO
VÍCTOR PAZ MORANDEIRA.
A CORUÑAvictor.paz@xornaldegalicia.com
za cando Zack e Miri van a unhafesta de antigos compañeiros deinstituto. Alí entéranse de canto
gaña unha estrela porno da clasee parécelles unha boa maneira de
salvar o seu piso.
Empeza entón unha fase de re-
crutamento de rariños que nonten desperdicio. Jason Mewes eJeff Anderson retoman os seusroles de Jay e Randall, só que conoutros nomes e pequenas varia-cións, e todos xuntos se poñen a
rodar descabezadas versións por-
no de grandes éxitos fílmicos.
A máis divertida é a de
Star Who-res
–este crítico descoñece a versión
dobrada, pero supón que a traduci-rán como
Star Guarras
por fonéti-ca–, na que uns improvisados Han
Solo e Leia Organa xogan cunhaspistolas-consolador láser. É unha
magoa que o espectáculo non dure
máis que uns minutos a modo de
broma, porque estaría ben ter visto
a Chewbacca entrar en acción.E aí remata a parte máis ousa-da dun filme que se parece máisa
Persiguiendo a Amy
ou ao con-surso televisivo de
Mallrats
que
á irreverencia de
Clerks
. Foderán
ou non Zack e Miri? Será amorou só sexo? Estas incógnitas tan
complicadas resólvense hoxe nassalas galegas, nunha nova cita cunrealizador vido a menos, pero queconserva parte da marca de autor
que o fixera tan atractivo.
CORNUDA BEYONCÉ
ROMÁNTICA RENÉE
‘OBSESIONADA’‘EJECUTIVA EN APUROS’
Unha parella que vive feliz comeza ater problemas cando o marido torna oobxecto de desexo dunha compañeiraLucy, executiva agresiva, atopa osentido e o home da súa vida comoxefa de fábrica nunha pequena vila
O MÁIS DIVERTIDOÉ A VERSIÓN X DE‘STAR WARS’, NA QUEHAN E LEIA XOGANCUNHAS PISTOLASLÁSER EN FORMA DECONSOLADOR
Amor e sexoJay e Bob o Silencioso
Estes dous porreiros, un par-
lanchín e descerebrado, o outro
mudo e sagaz, tiveron a súa
propia película:
Jay y Bob el Si-lencioso contraatacan
. Smith
tamén escribiu cómics coas súas
aventuras, e hai figuras deles e
das súas personalidades heroicas,Bluntman e Chronic, inimigos doRompepollas (Mark Hamill, alias
Luke Skywalker no filme).
O acto sexual semella ser en Smith
o elemento paixonal que estabi-liza ou bota a perder unha rela-
ción, un risco que non fixo senón
acentuarse co tempo. O caso
máis sintomático é o de Dante.Se na primeira
Clerks
os cornos
marcaban a súa evolución, é a
súa infidelidade a que vertebra
a trama da segunda.
CUN EXÉRCITO DE FANS, OS PERSONAXES SONOBXECTO DUN ABONDOSO MERCHANDISINGO SEGUNDO ADOITA LEVAR AO PRIMEIRO NASPELÍCULAS DO REALIZADOR DE ‘CLERKS’HACEMOS UNA PORNO?
Kevin Smith
Zack e Miri teñengraves problemas económicose están a piques de perder asúa casa. Vendo unha posíbelsalvación na industria do
porno, póñense a rodar fitas
eróticas cun estrafalarioconxunto de personaxes.Amigos dende nenos, cren quepoderán separar o sexo dossentimentos, pero o que sinteno un polo outro é máis forte doque pensaban e a súa relacióncorre o risco de se desintegrarentre casquete e casquete.
SETH ROGEN, ELIZABETH BANKS,JASON MEWES, JEFF ANDERSON
Leave a Comment