You are on page 1of 63

Educación ético-cívica

o
4 ESO

Emilio Navarro
2008

1
Índice

1. Identidade e alteridade 3
1.1. A identidade individual . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
1.2. A dignidade humana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6
1.3. As nosas diferenzas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
1.4. Emocións e violencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10
1.5. A vontade libre . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11

2. Teorías éticas. As esixencias de xustiza e os dereitos humanos 12


2.1. Ética e cultura . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
2.2. Escolas éticas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15
2.3. Os dereitos humanos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16
2.4. As xeracións de dereitos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17
2.5. A defensa dos nosos dereitos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18
2.6. A discriminación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19

3. Democracia e participación: As institucións democráticas 20


3.1. Que é a democracia? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21
3.2. Participar en política . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23
3.3. O Estado en España . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 27
3.4. Igualdade e xustiza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29
3.5. Ética e política . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 31
3.6. Os dereitos constitucionais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 32

4. A igualdade entre homes e mulleres 36


4.1. A muller no pasado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 37
4.2. A muller no mundo moderno . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 37
4.3. A violencia contra as mulleres . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40

5. Multiculturalismo e interculturalismo 42
5.1. A cultura humana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43
5.2. Actitudes cara á variedade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45
5.3. O interculturalismo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 49

6. Cidadanía global e democracia 51


6.1. Que é a globalización? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 52
6.2. Os medios de comunicación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 55
6.3. As novas estructuras de poder . . . . . . . . . . . . . . . . . . 58
6.4. O desenvolvemento sostible . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 61
6.5. A cidadanía global . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 63

2
1. Identidade e alteridade

3
1.1. A identidade individual

1. O que somos é froito da natureza, da historia, da xente coa que vivimos


e das nosas experiencias. Moitos das nosas características son boas ou
indiferentes. Pero outras son malas e as debemos rexeitar.
2. Temos dereito a esixir respecto para as nosas características aceptables
e temos a obriga de respectar as características alleas cando non son
malas.
3. Nós somos os únicos donos das nosas características indiferentes e temos
dereito a cambialas se queremos.
4. Todos temos por igual a capacidade de inquirir e descobrer a verdade,
de percibir e plasmar a beleza e de amar e facer o ben. Comparadas
con iso, as outras características humanas son irrelevantes.

A nosa identidade é o conxunto de características que nos distinguen das


demais persoas.
Diferenciamos os nosos rasgos pola súa orixe xenética, social, histórica,
xeográca, psicolóxica, biográca ou moral.
Son rasgos xenéticos os que dependen da nosa pertenza á especie humana.
Frecuentemente trátase de rasgos variables, condicionados polos mecanismos
da herdanza.
Os rasgos sociais son os que dependen da nosa inclusión nun grupo huma-
no. Adquirímolos pola educación, ben formal ou informal. Chamamos edu-
cación formal á que recibimos na escola, no instituto ou na universidade.
Educación informal é a que recibimos na familia, ou por estar cos amigos,
durante o lecer, no traballo, etc.
Os rasgos sociais tamén poden ser chamados culturais . Os rasgos sociais
varían porque as sociedades non son grupos homoxéneos e ademais cambian
co tempo.
Son rasgos históricos os que compartimos por vivir na nosa época.
Son rasgos xeográcos os que temos por vivir onde vivimos.
Os rasgos psicolóxicos son os que derivan do noso temperamento e carácter
como persoas.
Os nosos rasgos biográcos son os que dependen do que nos pasou ao
longo da vida.
Os rasgos morais son os que nos fan verdadeiramente humanos. Son a
liberdade, a dignidade, a responsabilidade, a racionalidade e a sensibilidade.
A liberdade é a capacidade de escoller o noso comportamento. A dignidade
é a condición básica que debemos respectar para relacionarnos coas outras

4
persoas. A responsabilidade é a consecuencia da nosa liberdade de obrar e
consiste na obriga de dar conta dos nosos actos. A racionalidade é a capaci-
dade de obrar de acordo á lóxica e ao testemuño dos sentidos. A sensibilidade
é a capacidade de sentir e de entender os sentimentos dos demais.
O ser humano ten control nal sobre a súa identidade. Naturalmente non
todos os elementos da nosa identidade son rexeitables, nin todas as persoas
nos decatamos da nosa liberdade fronte á nosa identidade. A capacidade de
facernos e refacernos é un elemento central da condición de ser humano. Igual
que as veces rexeitamos a nosa identidade, total ou parcialmente, podemos
rexeitar a identidade que os demais nos atribúen. O ser humano pode elexir un
ideal e cambiar a súa identidade para que se achegue a el. Podemos xulgar
críticamente un ou varios dos compoñentes da nosa identidade. Mesmo os
elementos que alguén podería considerar centrais poden ser rexeitados.
A nosa identidade ten unha dimensión subxectiva, o que nós cremos ser,
e unha dimensión social, o que os demais pensan que somos. Análogamente,
hai diferenzas no que as persoas pensan sobre elas mesmas e a opinión que
nós temos.
A identidade non é a persoa, e por suposto non constitúe a súa dignida-
de nin é a razón pola que temos que respectala. Nós esiximos respecto aos
demais sexamos como sexamos. Mesmo esiximos respecto polos nosos cam-
bios. Igualmente debemos respectar aos demais, independentemente dos seus
rasgos de identidade.
Non debemos pensar que temos ningunha obriga cara aos nosos rasgos
de identidade. Sexan os que sexan podemos cambialos se non nos gustan.
Ninguén pode esixirnos que os manteñamos igual que nós non temos dereito
a esixir tal cousa a ninguén. Con frecuencia queremos cambiar algún rasgo
de identidade propio por razóns morais, é decir, porque o consideramos malo.
É certamente unha boa razón, pero tamén podemos cambiar algúns rasgos
de identidade por interese ou necesidade, por pracer ou curiosidade. Non hai
nada malo en facelo.
Ninguén carece de identidade. Tampouco cando cambia algún rasgo que a
alguén lle poida parecer esencial. Simplemente adquirimos outra identidade,
unha nova, que pasa a ser a nosa. E a vella queda esquecida ou desaparece.

5
1.2. A dignidade humana

*Recoñecemento, valoración e respecto pola dignidade da persoa.

1. Dignidade signica valor que non depende de ningunha característica,


que non pode perderse nin cederse e co que non se pode negociar.
2. Un valor é algo que fai que a nosa vida teña sentido. Os nosos valores
son as razóns das nosas accións, decisións e eleccións.
3. Os demais seres humanos son esencialmente iguais a nós. Por iso re-
coñecemos nos demais a mesma dignidade que achamos en nós e nas
persoas que amamos.
4. As características que forman a identidade da persoa non afectan de
ningún xeito á súa dignidade.
5. Respectar é recoñecer na prática a dignidade dos seres humanos. Todo
o noso comportamento debemos realizalo tendo en conta a dignidade
dos demais e a nosa.

A dignidade é unha característica que acompaña sempre ao ser humano


e que debemos sempre respectar nos demais e en nós mesmos. Dignidade
signica valor que non depende de ninguna outra característica, que non
pode perderse nin cederse e co que non se pode negociar. As persoas teñen
características plurais de tipo físico, psicolóxico, social, cultural, etc. Indepen-
dentemente que as consideremos relevantes, estas características non afectan
de ningunha maneira á dignidade da persoa. Nin a aumentan nin a diminúen.
Despois, hai circunstancias que todos consideramos perxudiciais, como doen-
zas, discapacidades físicas, etc. Pero aínda nestes casos as persoas conservan
a mesma dignidade que os non afectados.
¾De onde ven a dignidade?
Todos sentimos que temos valor e que as persoas que amamos teñen va-
lor. E todos podemos entender que ese valor non depende de ningunha cir-
cunstancia accidental. Trátase dunha propiedade esencial, é decir, algo que
recoñeceríamos como existente aínda que se modicaran outras cousas.
Agora ben, os demais seres humanos son tamén esencialmente iguais a nós.
Non hai ningunha diferenza esencial, aínda que pode haber moitas diferenzas
accidentais. Por iso recoñecemos nos demais a mesma dignidade que achamos
en nós e as persoas que amamos.
¾Que é un valor?
Un valor é o que fai que a vida teña sentido. ¾Que razón poderíamos ter
para facer o que facemos, para tomar as decisións que tomamos, para elexir o

6
que eleximos e rexeitar o que rexeitamos? Cada unha desas razóns chámase
valor. Naturalmente as persoas poden confundirse respecto aos valores e
crer erróneamente que unha cousa é un valor. Cando ocorre así, falamos dun
antivalor.
¾Que é respectar?
Respectar é recoñecer a dignidade dos demais. Todo o noso comporta-
mento debemos realizalo tendo en conta a dignidade dos demais e a nosa.
Respectar signica non insultar, non maltratar, non aproveitarnos dos de-
mais, non utilizalos, non considerar nunca que as persoas son menos impor-
tantes que as cousas, non desprezar á xente porque non teña determinada
característica que consideramos boa, etc.
¾E que ocorre cos criminais, coa xente claramente mala, teñen dignidade
tamén?
Sen dúbida. Unha persoa pode facer algo moi malo, pero non por iso deixa
de ser persoa. Ao respectala, estamos respectandonos a nós mesmos, porque
calquera persoa é unha imaxe de nós. Ademais, ninguén é completamente
malo e todos temos a posibilidade de arrepentirnos e cambiar de forma de
ser.
Por outro lado, nós nunca coñecemos completamente as circunstancias do
comportamento dos demais. Poden existir circunstancias atenuantes incluso
nos actos mais atroces e aínda que non sexa así, nunca debemos aproveitar a
indignación que podemos experimentar xustamente para comportarnos mal
nós, para exercer violencia ou maltrato a ninguén.

7
1.3. As nosas diferenzas

*Asunción da diversidade e rexeitamento de prexuízos baseados en este-


reotipos que supoñan calquera forma de discriminación.

1. Todos temos diferenzas cos demais.


2. Existen características que afectan a un grupo de persoas, pero non a
todos os seres humanos.
3. Todas as características humanas, incluso as individuais, cambian co
tempo igual que podemos encontrar características diferentes se viaxa-
mos por distintos lugares do mundo.
4. As características humanas son boas, malas ou indiferentes e iso non
depende de que sexan propias ou alleas.
5. As características humanas poden ser normais , é dicir, moi extendi-
das, ou anormais que signica moi pouco extendidas. Esas calicacións
varían co lugar ou a época e non signican nin bo nin malo.
6. É inadecuado pensar que temos cousas nosas exclusivas e que debemos
rexeitar as cousas alleas . Todo o que é bo debería ser noso, indepen-
dentemente da sua orixe e deberíamos rexeitar todo o que é malo, aínda
que xurdira entre nós.
7. Un prexuizo é unha opinión moral que non provén da experiencia. Os
prexuizos son malos porque non deixan ver a realidade como é.
8. Os tópicos son prexuizos comúns que debemos rexeitar. Toda persoa
ten dereito a ser xulgada polos seus actos e non por a súa pertenza a
un grupo humano.
9. A aceptación de prexuizos causa a discriminación das persoas que son
diferentes.

Os seres humanos somos diversos por natureza. Cada un de nós é un


individuo que ten particularidades e polo tanto diferenzas cos demais. Real-
mente, nós tamén cambiamos ao longo do tempo polo que pode decirse que
tamén chegamos a ser diferentes de nós mesmos. Tamén existen característi-
cas que só afectan a un grupo de persoas máis ou menos extenso pero non a
todos os seres humanos. Normalmente non se pode encontrar un grupo que
teña dúas características comúns excluintes. Non ten sentido valorar unha
característica humana polo simple feito de ser algo máis ou menos extendido.

8
Temos que xulgar as cousas polo seu valor en sí mesmo. Hai características
extrañas para nós e que son boas, malas ou indiferentes. Hai características
comúns que son boas, malas ou indiferentes.
Cando un rasgo está moi extendido nun grupo humano, decimos que é
normal. Iso signica que é estatísticamente moi probable encontralo. Pero
nada máis. Ser normal non signica ser bon, nin ser malo. Só ser moi abun-
dante. Hai cousas boas que son normais e cousas malas que tamén o son. Hai
cousas boas que son moi raras e polo tanto anormais.
Moitas veces pensamos que nós temos algo especial, ou que outro grupo
humano ten algo especial e non é así. Realmente en casi todos os lugares do
mundo hai xente ou costumes ou ideas moi parecidas as que existen aquí. Os
rasgos culturais, igual que os físicos, están moi extendidos ao longo do planeta
porque para o ser humano, comunicarse cos demais, compartir, mesturarse,
é algo completamente habitual e sempre foi unha pratica corrente.
Resulta inadecuado pensar que temos unhas cousas nosas e que debemos
rexeitar cousas alleas. Todo o que é bo debería ser noso, independentemente
do seu lugar de orixe, e todo o que é malo deberíamos rexeitalo aínda que
xurdira entre nós.
Debemos rexeitar a tendencia a aceptar tópicos ou estereotipos sobre as
persoas que non coñecemos, porque frecuentemente son xeralizacións esaxe-
radas ou falsas. Cando coñecemos unha nova persoa debemos apreciala polos
seus rasgos individuais e non proxectar sobre ela un conxunto de ideas de
procedencia e exactitude dubitable. Os estereotipos poden conducir á discri-
minación porque son polo xeral ideas negativas sobre supostas diferenzas de
outras persoas ou grupos de persoas.
A peor expresión da tendencia a aceptar estereotipos é a ideoloxía coñe-
cida como racismo.
O racismo arma que existen variedades de seres humanos determinadas
pola xenética. Estas variedades terían características intelectuais e morais
diferentes o que debería terse en conta na ética e na política.

9
1.4. Emocións e violencia

* Coñecemento, expresión e autocontrol dos propios sentimentos e emo-


cións e rexeitamento da violencia como solución aos conitos nas relacións
interpesoais.

1. Os seres humanos temos emocións e sentimentos, que son modicacións


do noso estado de ánimo.
2. Moitas emocións son herdanza xenética dos nosos devanceiros, os ani-
mais irracionais, e poden perxudicar á nosa vida moral racional.
3. Ser conscientes dos nosos sentimentos bos ou malos é o primeiro paso
para controlalos.
4. Saber expresar os nosos sentimentos e facelo habitualmente permite aos
demais telos en conta e axudarnos a controlalos se é preciso.
5. Mediante o desenvolvemento de hábitos morais podemos controlar os
nosos malos sentimentos.

Todos os seres humanos temos emocións negativas como a ira, rabia,


frustración, rencor, envexa, medo, desconanza, susceptibilidade, obsesións,
etc. Cando experimentamos algunha destas emocións intentamos reaccionar
violentamente. Hai xente que mesmo cre que coa violencia pode solucionar os
seus problemas e recuperar un bo estado de ánimo. Pero esto non é certo. A
violencia é un comportamento que herdamos dos nosos antepasados animais.
O ser humano evolucionou para acadar unha ferramenta mellor para resolver
os seus problemas. Trátase do pensamento lóxico e a linguaxe. Nas relacións
entre as persoas xurden conictos de forma natural. Non debemos asustarnos
por iso. A maneira de resolver estes conictos é razoar e dialogar procurando
o ben común

10
1.5. A vontade libre

* Asunción de responsabilidades, individuais e colectivas, no exercicio da


liberdade na toma de decisións morais.

1. Somos libres para obrar bien ou mal.


2. Unha sociedade democrática é libre para escoller os seus gobernantes.
3. Somos responsables das nosas accións cando teñen consecuencias para
os demais.
4. Unha sociedade democrática é responsable dos gobernantes que elixe e
das decisións que éstes toman.
5. A nosa responsabilidade obriganos a comportarnos racionalmente e con
boa intención cando as nosas accións, individuais ou colectivas poden
afectar aos demais.

Os seres humanos, dentro de certos límites naturais e sociais somos quen


de elexir o noso comportamento como individuos e como grupos. A nosa
nalidade é sempre o noso benestar tal como nós o entendemos. Para acadalo,
temos que utilizar a nosa intelixencia para valorar o que é mellor facer en
cada momento. E posto que somos nós os que decidimos os nosos actos,
tamén somos responsables do que facemos. Isto quere decir que os demais
poden pedirnos contas se os nosos actos lles afectan. Dado que sabemos que
moitos dos nosos actos afectan aos demais, temos que usar a nosa intelixencia
ao escoller a nosa conduta para non dañar a ninguén.

11
2. Teorías éticas. As esixencias de xustiza e os

dereitos humanos

12
2.1. Ética e cultura

Teorías éticas. As exixencias da xustiza e os dereitos humanos.


* Análise dos elementos individuais e do contexto sociocultural que poden
condicionar os diferentes sistemas de valores. Subxectivismo, relativismo e
pluralismo.

1. Ás veces a nosa calicación moral de certas accións é diferente. Estas


diferencias dependen da nosa educación e o noso carácter. Ás veces
defendemos ideas malas por interés egoista.
2. O subxectivismo é unha crenza errónea que arma que as accións son
boas ou malas dependendo do punto de vista de cada quen.
3. O subxectivismo é erróneo porque as accións son boas ou malas pola
súa inuencia obxectiva no benestar das persoas.
4. O relativismo é a crenza errónea que arma que as accións son malas
ou boas dependendo das opinións culturais our relixiosas da sociedade
ou da época na que se dan.
5. O relativismo é erróneo porque as accións son boas ou malas de acordo
coa natureza humana que é a mesma para todas as persoas, indepen-
dentemente da súa sociedade ou da súa época.
6. Os elementos básicos da ética son univesais, aínda que poden recibir
expresións variadas dependendo da cultura ou do carácter do individuo.
Estas expresións son respectables se non afectan ao sentido profundo
das normas éticas e non contradin os dereitos humanos.

* Coñecemento das principias teorías éticas que máis teñen contribuído


á conquista de dereitos e liberdades, desde a perspectiva da felicidade e a
perspectiva da xustiza. * Consideración das dimensións ética, xurídica e po-
lítica dos dereitos humanos. Valoración dos dereitos humanos como exixencia
mínima de xustiza. * Identicación das principias etapas na conquista dos
dereitos humanos e valoración das novas reivindicacións (terceira xeración de
dereitos). * Implicación na defensa efectiva dos dereitos humanos. Identi-
cación e rexeitamento das actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión. *
Avaliación da discriminación positiva desde a perspectiva das exixencias da
xustiza e a igualdade de dereitos e oportunidades.
Todos os seres humanos recoñecemos que existen cousas boas e malas no
noso comportamento. Sen embargo non todos estamos de acordo totalmente

13
con respecto a certas conductas ou a calicación que nos merecen determi-
nadas situacións. Esto ocorre porque nas nosas valoracións inúen elementos
culturais e psicolóxicos que poden alterar as nosas ideas sobre o ben e o mal.
A cultura é un modo de adaptarse á realidade natural e social. Agora ben,
sabemos que esta realidade é diferente xeográcamente e cambiante ao longo
do tempo (aínda que moitos dos seus rasgos son comúns a todo o mundo e en
todas as épocas). Esas variacións ás veces inúen para que xulguemos dunha
ou outra maneira determinadas conductas (exemplo: desperdiciar auga no
deserto e facelo en Galicia). Por outro lado, aínda que as persoas comparten
a natureza común, que ven determinada pola súa especie, cada individuo é
un ser libre e diferenzado dos demais o que fai que elementos do seu carácter
afecten aos eus xuizos morais, como afectan a calquera outro elemento da
súa vida. Esaxerando as inuencias psicolóxicas algúns pensadores chegaron
a soster que os xuizos morais son un elemento puramente individual e que
só teñen validez para a persoa que os fai. Esta idea chamouse subxectivismo
moral , e desatende o feito de que o individuo é sempre un membro dunha
sociedadde e dunha especie, e está vencellado aos demais por relacións natu-
rais e sociais que son as que a ética procura regular. Malinterpretando eses
feitos algúns autores pensaron que todos os elementos da ética dependían das
crenzas sociais, e que polo tanto non era posible facer ningún xuizo moral que
tivera valor para todos os seres humanos. Esta postura chámase relativismo
cultural e vai en contra do concepto de igualdade de todas as persoas, aparte
de lexitimar moitas evidentes violacións dos dereitos humanos. O pluralismo
moral é a postura que acepta as diferenzas individuais e sociais mentres que
recoñece a identidade esencial da natureza humana. Para esta postura, os
elementos básicos da ética que son válidos para todos, poden recibir formas
variadas e expresións diversas, dependendo da cultura e a psicoloxía do in-
dividuo. Eses elementos son respectables se non afectan ao sentido profundo
das normas éticas e non contradin os dereitos humanos.

14
2.2. Escolas éticas

1. En Europa, as escolas éticas que procuraron a felicidade e a xustiza


foron o hedonismo, o eudemonismo, o estoicismo, o deontoloxismo e o
utilitarismo.
2. Para o hedonismo o ser humano debía buscar o pracer co seu compor-
tamento.
3. Para o eudemonismo a felicidade era o froito das boas accións, que se
conseguían mediante unha conduta racionalmente equilibrada.
4. Para o estoicismo o respecto á natureza humana requería o control dos
nosos sentimentos.
5. Para o deontoloxismo existía o deber de comportarnos ben.
6. Para o utilitarismo as nosas accións debían facerse pensando no benes-
tar de toda a humanidade.

Consideramos que a concepción ética básica foi construida en Occidente


en base aos seguintes doutrinas éticas:
O eudaimonismo cuxo formulador principal foi Aristóteles, considera que
a felicidade é o n do comportamento humano. Para chegar a ser feliz, abon-
da con ser bo, pero a bondade non é sinxela de acadar. Ser bo consiste en
exercitar as nosas virtudes ou capacidades. Cada virtude (prudencia, forta-
leza, xustiza, temperanza, etc.) é un punto medio entre dous extremos de
exceso e defecto. É a intelixencia a que debe indicarnods cal é o punto xusto.
O estoicismo tivo varios representantes como Séneca, Marco Aurelio,
Epicteto, etc. Para os estoicos debemos seguir a natureza humana para ser
bos. A nosa natureza consiste na intelixencia e demanda de nós rexeitar as
paixóns que nos impiden a perfección moral. Os estoicos defendían a igual-
dade de todos os seres humanos e a súa dignidade.
Tanto eudemonistas como estoicos armaban a necesidade de organizar
correctamente a sociedade e de participar na vida política en liberdade.
(engadir utilitarismo e deontoloxismo)

15
2.3. Os dereitos humanos

1. Os dereitos humanos son o conxunto de características que denen unha


vida digna para as persoas. Todos debemos respectar os dereitos dos
demais e esixir o respecto para os nosos.
2. Ningunha persoa debe facer nada que lesione os dereitos humanos ou
impida o seu exercicio.
3. As leis de todos os gobernos deben facerse de acordo cos dereitos hu-
manos.
4. As decisións políticas dos gobernos deben respectar os dereitos huma-
nos.
5. Para cumprir minimamente coa xustiza os dereitos humanos deben res-
pectarse en todas as sociedades.

Os dereitos humanos son o conxunto de características que denen unha


vida digna para unha persoa. Describen polo tanto os elementos que deberían
fomentar os gobernos e respectar todo o mundo. Son unha conquista ética no
sentido de que han ser o marco básico para o comportamento dos individuos.
Ningunha persoa debe facer nada que lesione os dereitos humanos ou impida o
seu exercicio. As leis de todos os estados deben facerse de acordo cos dereitos
humanos. Nunca poden mandar ou permitir nada contrario a eles e sempre
deben facilitar o cumprimento dos dereitos que precisen dunhas condicións
materiais.
As decisións facultativas dos gobernos deben ter presente o respecto aos
dereitos humanos e o seu fomento como base das relacións internacionais
entre estados.
Os dereitos humanos son unha esixencia mínima de xustiza. Toda mellora
da vida das persoas no seu aspecto social debe partir deles.

16
2.4. As xeracións de dereitos

1. Chámanse dereitos civís e políticos aos que protexen ao individuo con-


tra os abusos do goberno e permiten que os cidadáns controlen aos
gobernantes. Son o habeas corpus, a liberdade de prensa, de asocia-
ción, de reunión, a liberdade de culto, e o sufraxio universal, libre e
secreto.
2. Chámanse dereitos socio-económicos os que procuran garantir unhas
condicións económicas para todos, independentemente da súa situación
laboral. Son o seguro médico, as pensións de xubilación, o seguro de
desemprego, etc.
3. Na actualidade chámanse dereitos de terceira xeración aos que empe-
zan a demandarse para compensar os problemas xurdidos do progreso
tecnolóxico. Son o dereito á conservación do medio ambiente, o dereito
á protección contra as invasións tecnolóxicas da vida privada, etc.

O concepto de dereito civil nace no pasado contra os abusos dos reis.


Os defensores da liberdade individual pretenderon xar uns límites ao que o
poder do rei podía facer legalmente. Así apareceron os conceptos de habeas
corpus, liberdade de prensa, de expresión, de conciencia, etc.
Posteriormente aparece a defensa dos dereitos políticos, cando a demo-
cracia substitúe á monarquía absoluta. Trátase de defender o dereito dos
cidadáns á participación no goberno do estado.
Por outro lado, co avance do capitalismo xurde a necesidade de garantir
un nivel económico mínimo a todos os traballadores.j Aparecen así o subsidio
de desemprego, a seguridade social, etc., dereitos chamados económicos.
Hoxe, na nosa sociedade postindustrial, aparecen novas demandas vence-
lladas por exemplo ao dereito de preservación da natureza ou as invencións
novas (dereito á privacidade fronte ás invasións da tecnoloxía informática,
etc.)

17
2.5. A defensa dos nosos dereitos

1. Todos podemos e debemos colaborar na defensa dos dereitos humanos.


2. Para defender os dereitos humanos temos que saber cales son e por que
son importantes.
3. Debemos esixir ao noso goberno e aos gobernos extranxeiros que res-
pecten e favorezan os dereitos humanos.
4. As actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión producen violacións
dos dereitos humanos, polo que debemos rexeitalas.

A defensa dos dereitos humanos é unha tarefa de todos. ¾Como podemos


colaborar nós?:

1. Aprendendo que son os dereitos humanos e porqué son importantes.


2. Procurando ter argumentos propios en defensa dos dereitos humanos.
3. Apoiando ás organizacións que vixían polo seu cumprimento.
4. Esixindo dos nosos gobernos o respecto aos dereitos humanos e que
presionen aos gobernos extranxeiros no mesmo sentido.

18
2.6. A discriminación

1. Discriminar é tratar mal ás persoas diferentes polo simple feito de selo.


2. A discriminación é mala porque viola a igualdade de dereitos e digni-
dade entre os seres humanos.
3. Chámase discriminación positiva á prática de tratar mellor aos demais
as persoas que pertencen a grupos historicamente perxudicados.
4. A discriminación positiva intenta compensar situaciones malas que se
manteñen desde hai moito tempo.
5. A discriminación positiva recibe críticas por ser unha forma de discri-
minación e ir contra a igualdade.

Discriminar é tratar mal ás persoas que son diferentes polo simple fei-
to de selo. Naturalmente a discriminación é mala, porque viola a necesaria
igualdade de dereitos e dignidade entre os seres humanos.
Sen embargo, se entendemos o concepto de igualdade como igualdade
de feito (por exemplo, igualdade de ingresos), moitas veces comprobams que
sería necesario tratar mellor que aos demais as persoas que pertencen a grupos
tradicionalmente perxudicados para así compensar o seu atraso. Esta prática
coñecese como discriminación positiva . Os seus partidarios recoñecen que
as medidas que propoñen son inxustas e van contar a igualdade de dereitos,
pero para eles é máis importante que se acade unha situación de completa
equidade na sociedade, que o respecto aos dereitos individuais e á xustiza.

19
3. Democracia e participación: As institucións

democráticas

20
3.1. Que é a democracia?

Democracia e participación. As institucións democráticas.


* Conceptualización da noción de democracia.
1. Chamamos democracia ao réxime político no que os cidadáns escollen
aos gobernantes e aos lexisladores e no que o gobernos compre as leis
e respecta os dereitos dos cidadáns.
2. Os cidadáns dun estado democrático elixen aos gobernantes e lexisla-
dores polo sufraxio universal, libre e secreto.
3. A democracia é un estado de dereito, é dicir, o goberno e os cidadáns
non deben facer nada ilegal.
4. A separación de poderes en executivo, lexislativo e xudicial, é un ele-
mento básico da democracia.
Chamamos democracia ao réxime político no que os cidadáns escollen
aos gobernantes e aos lexisladores e o goberno cumpre as leis e respecta os
dereitos dos cidadáns.
Na historia a democracia nace cando a industrialización e o progreso
económico fai aparecer unha clase media educada e enriquecida polo comercio
e a industria e que non pertencía ao grupo gobernante tradicional, que era a
nobreza terrateniente.
Cando a extensión do progreso económico abrangueu toda Europa e Nor-
teamérica a democracia como modo de goberno remprazou as monarquías
absolutas, nas que o rei e os nobres controlaban o Estado.
En algúns países os partidarios da democracia derrubaron os gobernos
monárquicos e proclamaron a república, que é unha democracia na que o
xefe do estado é tamén elexido polos cidadáns.
En outros países, a presión política dos demócratas xo que o rei renun-
ciara ao seu poder político, permanecendo como xefe do estado hereditario.
Estes países teñen estados que son chamados monarquías constitucionais ou
parlamentarias .
A democracia supón o control do goberno por parte da poboación, por
medio de eleccións nas que os cidadáns sustitúen ao goberno que non actúa
de acordo coa vontade da maioría da sociedade, e escollen un goberno e unha
lexislatura que presenta un proxecto aceptable.
Por outro lado, nas democracias o poder do goberno está limitado polas
leis. O goberno non pode facer nada proibido polas leis existentes e os cida-
dáns poden denunciar ao goberno nos tribunais se consideran que éste se ten
excedido na súa actuación. Isto é chamado estado de dereito .

21
Para a existencia da democracia é necesaria a existencia de xuíces inde-
pendentes. O sistema xudicial é o garante de que o goberno cumpra a lei.
Unha verdadeira democracia debe ser un estado de dereito.

22
3.2. Participar en política

* Valoración da importancia da participación cidadá para o funcionamen-


to das institucións democráticas. Distinción entre formas de participación non
institucionalizada e a participación política institucionalizada. Valoración da
formación da opinión, de acordo con algún tipo de deliberación, para un-
ha a participación responsable. Distinción entre democracia representativa e
democracia deliberativa.

1. A democracia non pode funcionar se os cidadáns non participan en


política.
2. Participamos dunha forma institucionalizada cando nos aliamos a par-
tidos, nos presentamos as eleccións ou cando votamos nelas.
3. Participamos dunha forma non institucionalizada cando nos preocupa-
mos polos asuntos políticos, nos informamos sobre eles e adoptamos
unha opinión e a discutimos cos nosos concidadáns.
4. Para ser un cidadán responsable é necesario estar ben informado e for-
mar a propia opinión de acordo coa nosa ideoloxía e os nosos principios
éticos.
5. Na democracia representativa os cidadáns se limitan a votar. Na de-
mocracia deliberativa os cidadáns participan activamente na toma de
decisións.

A democracia non pode funcionar ben se os cidadáns non participan ac-


tivamente na política.
Participar en política signica:

1. Ser consciente de que unha democracia permite aos cidadáns controlar


efectivamente o goberno e as leis do país.
Nunha democracia quen manda é o pobo, a cidadanía. Iso non é na
teoría nada máis, como pasa nas dictaduras, senón que é real. No noso
país quen manda é a xente, non os políticos.
Pero para que iso sexa así de verdade é necesario que os cidadáns in-
terveñan na política. Se todos nos desentendemos e nos mantemos ao
marxe, dedicándonos só as nosas cousas privadas, entón a política sí
que pode convertirse nun traballo dunha caste especializada.

23
2. Formar a propia opinión de acordo con unha ideoloxía política que estea
de acordo cos nosos principios éticos.
Todos os seres humanos temos ideas morais sobre cuestións privadas,
sabemos o que é xusto e inxusto. Facilmente podemos extender as nosas
ideas a temas públicos, de política ou economía.
Se aprendemos cales son as diferentes ideoloxías políticas ben podemos
escoller a nosa, a que estea máis de acordo coa nosa forma de pensar e
sentir. Despois, trátase de ler e aprender sobre a nosa ideoloxía, para
ser quen de discutir cos demais cidadáns e poder procurar xuntos a
verdade.
3. Informarse responsablemente sobre os asuntos de actualidade que poi-
dan ter relación coa política.
Ademais da nosa ideoloxía, para opinar razoablemente sobre temas po-
líticos precisamos datos sobre o que ocorre no mundo e no noso país.
Na procura de datos temos que buscar a verdade, e ser honrados se os
datos levan a contraria á nosa ideoloxía. Non debemos permitir que as
ideas deformen a nosa percepción da realidade. Se as cousas son dife-
rentes de como o esperábamos, debemos estar dispostos a cambiar as
nosas ideas.
4. Se as nosas circunstancias o permiten, formar parte dun partido político
para colaborar persoalmente na aplicación da nosa ideoloxía á vida
política.
Os partidos políticos, nas democracias modernas, son os órganos bási-
cos de participación cidadá. Os partidos preséntanse ás eleccións, deles
saen os alcaldes, diputados, presidentes do goberno, etc. Se os partidos
contan con moitos aliados, poderán representar mais axeitadamente
á cidadanía e estarán máis conectado con esta.
Nós podemos axudar a orientar a ideoloxía dun partido e aportar ideas,
proxectos ou criterios que ese partido utilizará para inuir na sociedade.
5. Informarse sobre os programas dos partidos que se presentan ás elec-
cións, mesmo dos partidos minoritarios ou pouco publicitados.
Os partidos presentan programas, é decir, conxuntos de proxectos que
pensan levar a cabo se chegan ao poder ou que orientarán o seu traballo
se están na oposición. Se estamos de acordo co programa podemos votar
por ese partido.

24
Moitas veces a xente critica aos partidos porque cando gañan as elec-
cións non compren o seu programa. Pero se os seus votantes coñecen o
programa, entón poden controlar se o partido o tivo en conta ou non.
6. Discutir coas persoas do noso entorno os temas políticos interesantes
(sempre con respecto ás opinións dos demais).
Non podemos chegar a ter unha opinión madura e razoada se non a
compartimos cos demais, se non escoitamos as súas obxecións e inten-
tamos respondelas.
Tamén, naturalmente, se cremos nunhas ideas, está ben que as com-
partamos cos demais.
7. Votar en todos os comicios, eleccións xerais, autonómicas, ao Parla-
mento europeo, municipais, posibles referendum, etc.
Se non participamos, non podemos criticar. Moita xente non se consi-
dera representada polos políticos, pero realmente, as opcións políticas
son tantas que é moi difícil que non exista un partido co que podemos
estar de acordo. Se non votamos, se nos contribuimos a que os políticos
sexan unha adecuada representación da cidadanía.
8. Informarse sobre a actuación dos diferentes gobernos e criticar as que
non consideremos axeitadas.
As nosas críticas, por suposto, deben ser racionais, moderadas e ben
informadas. Non debemos emitir críticas baseadas en prexuizos ou sen-
timentos persoais non xusticados.
Moita xente aproveita os temas políticos para expresar estados de áni-
mo ou mesmo ideas negativas que nunca se atrevería a expresar tratan-
do temas máis achegados ou coñecidos. Non debemos deixarnos arras-
trar polas paixóns negativas ao xulgar temas políticos, porque temos
que ter en conta que se o facemos, estaremos contribuindo a crear un
clima negativo na nosa propia sociedade que é realmente o noso ámbito
de vida.
9. Intentar modicar as decisións dos gobernos que non estean de acordo
coa nosa ideoloxía (mediante a participación en campañas de protesta,
manifestacións, cartas aos periódicos, escribindo e debatindo na inter-
net, enviando cartas aos nosos representantes políticos nos parlamentos
ou aos gobernantes mesmos, etc.).
Aínda que os políticos estean elexidos para representarnos e gobernar
durante o seu mandato, nós podemos seguir inuindo en eles e nas súas

25
decisións. Nós podemos comunicarnos con eles directamente e de forma
indirecta participando en protestas públicas ben para intentar deter
unha medida que se está a considerar ou ben para apoiar que se tome
unha medida que a sociedade estima positiva. Por suposto que temos
que tomar nota do comportamento dos políticos para tomar as nosas
decisións sobre a quen votamos nas próximas eleccións.
10. Non ser pesimista nin cínico con respecto a política ou a xente que
participa nela. Se son malos, o noso deber é substituilos. Se fan as
cousas mal, o noso deber e contribuir a que as fagan ben.
O cinismo e o pesimismo, pode ser francamente malo cando o aplica-
mos ao xuízo sobre a política porque pode constituirse nunha profecía
autocumplida. Se todos pensamos que os políticos son malos, cedo só
van querer ser políticos os malandros. Se coidamos que todos os polí-
ticos procuran o poder só polo seu proveito, a política deixará de ser
unha actividade honorable e polo tanto as persoas decentes e capaces
non se achegarán a ela.
Temos que ter claro que nunha democracia, participar na política debe
ser colaboar para o benestar de todos e que os políticos deben ser ser-
vidores da cidadanía. Unha actividade política desenvolvida de acordo
coa propia ideoloxía e procurando beneciar a todos e non perxudicar
a ninguén é éticamente meritoria e as persoas que a emprenden deben
ser honradas por todos.
Naturalmente que os políticos, como todos nós, fan cousas mal ás veces.
Non debemos xulgalos con máis dureza que o faríamos con calquera
outra persoa, e debemos ter presente que se estamos moi en desacordo
co traballo realizado, ben podemos tratar de facelo nós mesmos.

26
3.3. O Estado en España

* Aproximación ao sistema político español. Identicación das principias


institucións democráticas e recoñecemento dos principios do funcionamento
democrático.
1. O estado español é unha democracia parlamentaria co territorio orga-
nizado en comunidades autónomas.
2. As institucións principais do estado son o parlamento, que fai as leis, o
goberno, que as executa e o poder xudicial que vixía o seu comprimento.
3. Nas comunidades autónomas os cidadáns escollen gobernos e parlamen-
tos propios que tratan as cuestións relacionadas con esas rexións.
4. A constitución é a lei principal do estado. Ningunha outra lei pode
contradicila.
5. A separación de poderes, o imperio da lei e a supremacía da constitución
e o respecto á vontade popular son os principios básicos do estado
español.
En España, o poder do Estado está distribuido nas seguintes institucións:
Concellos
Comunidades autónomas
Goberno central
Unión europea
Os concellos son institucións que se encargan dos asuntos máis achegados
ao cidadán, coma os servizos de limpeza, a recollida de lixo, etc.
As comunidades autónomas son as organizacións das rexións con caracte-
rísticas históricas comúns. Teñen cedidas moitas competencias polo goberno
central do estado, como a xestión da educación pública, a sanidade, e capa-
cidade lexislativa en moitos ámbitos.
O goberno central é a institución básica de control do estado. Xurde do
Parlamento, elexido democráticamente polos cidadáns.
A Unión europea é unha organización supraestatal que vencella países eu-
ropeos e establece entre eles un marco económico, político ou social común.
Moitas das leis que promulga o Parlamento español ou os das comunidades
autónomas dependen das decisións tomadas polos gobernos europeos asocia-
dos na Unión europea.

27
As normas dos países democráticos están ordenadas xerárquicamente. En
España a norma máis importante é a Constitución. Despois veñen as leis or-
gánicas, leis, decretos-lei, regulamentos e ordes ministeriais. Moitas desas leis
poden ser creadas polos parlamentos das comunidades autónomas. Despois
están as ordes ministeriais ou das consellerías. Por último veñen as normas
(como os edictos ou as ordenanzas municipais) dictadas polos concellos.
Nos países democráticos acéptase o principio de separación de poderes .
No noso estado existe:

O goberno, encargado de aplicar as leis.


Os xuíces, que vixían a aplicación das leis.
O parlamento, que fai as leis e elixe ao goberno.

Para que o Estado funcione ben cada un destes elementos deben ser in-
dependentes de modo que a súa actividade poida servir como contrapeso
das actividades dos outros poderes. O control dos poderes da actividade dos
demais axuda a protexer aos cidadáns.
O principio de legalidade signica que ningunha institución do Estado po-
de tomar unha decisión que estea en contra da lei. Mesmo non é posible facer
unha lei contraria á Constitución. O Tribunal constitucional é a institución
que controla se as leis están ou non en contra da Constitución.

28
3.4. Igualdade e xustiza

* Identicación da liberdade, a xustiza e a igualdade como valores en


que se fundamenta a democracia. Valoración da democracia como conquista
ética.

1. A democracia defende os valores de liberdade, igualdade e xustiza.


2. A liberdade é a capacidade do individuo para facer sen obstáculos cou-
sas que non son malas.
3. A igualdade é a existencia dunhas leis que se aplican a todos os cida-
dáns.
4. A xustiza é dar a cada un o que merece. Á hora de distribuir os bens
comúns debemos respectar os dereitos e a dignidade humana.
5. No pasado os gobernos maltrataban aos cidadáns e os usaban no pro-
veito dos poderosos. Aínda hoxe en moitos países do mundo ocorre así.
A democracia supón unha mellora real para a vida das persoas que
todos debemos defender.

O réxime democrático xurdiu contra as monarquías absolutas ou créase


contra as dictaduras como un proxecto para acadar a liberdade, a xustiza e
a igualdade. Estes valores son unha esixencia do pensamento ético ocidental.
A liberdade é a capacidade do individuo para realizar na sociedade as ac-
cións ás que ten dereito. Os dereitos humanos dependen da natureza humana
e non son unha creación do Estado, senón que este, simplemente os recoñece.
Na sociedade tradicional e nas dictaduras non existe a liberdade.
A xustiza é a atribución do seu a cada un. A xustiza está relacionada
co concepto de recompensa ou castigo. Merecemos unha recompensa polos
actos bos ou positivos que facemos. Merecemos un castigo polos actos malos
ou negativos que facemos.
Na sociedade tradicional os costumes e as leis distribuían por exemplo,
as ganancias económicas do traballo dos campesiños entre os nobres e non
entre a xente que de feito tiña traballado. Asimismo os privilexios legais que
determinados crimes quedaran sen castigo se os seus culpables pertencían á
nobreza.
O liberalismo político foi a doutrina que esixiu a igualdade perante a lei
de todos os cidadáns sen ningunha distinción. Posto que consideramos que
todos os seres humanos son iguais en dignidade e dereitos debemos recoñecer
como inxustas as diferenzas que afecten á dignidade e os dereitos humanos.

29
Iso non signica rexeitar as diferenzas que afectan ás persoas e que derivan
da natureza ou dos actos dos individuos libres.
A igualdade é o criterio máis difícil de denir e tratar no eido da política.
Na súa orixe quería decir tan só igualdade perante a lei, é decir, supresión
dos privilexios legais.
Sen embargo para os autores socialistas, a igualdade empezou cedo a
signicar ter todos uns ingresos semellantes. Claramente vemos que este ob-
xectivo é contradictorio coa natureza humana. Modernamente considérase
que existen graos de igualdade.
Ao que se aspira é a que todo o mundo teña un nivel mínimo de benes-
tar material, a que ese mínimo sexa crecente. Nese sentido o concepto de
igualdade é perfectamente aceptable e non é contrario nin á liberdade nin á
xustiza.
A igualdade é a non existencia de diferenzas indesexables entre as situa-
cións das persoas na sociedade.
Naturalmente moitas das diferenzas entre as persoas son boas, e ben po-
demos mantelas ou mesmo fomentalas. Pero outras son inxustas ou perxu-
diciais. Entre as diferenzas sociais mal consideradas están a discriminación
racial, de xénero, de clase, relixiosa, lingüística, económica, legal, etc.
Nalgúns destes eidos é sinxelo acadar a igualdade pois depende só do
cambio das leis. En outros casos é necesario cambiar as ideas malas das
persoas, por outras boas.
O sistema democrático de organización do Estado pode ser considerado
como unha mellora ética. Os réximes non democráticos están baseados na
violencia, o fanatismo relixioso, o autoritarismo e a discriminación, e o seu
resultado foi e é, o sofrimento e a morte para millóns de persoas inocentes ao
longo da historia.
O ser humano, no seu constante progreso, rexeitou en moitas partes do
mundo os gobernos autoritarios e debido a que na actualidade quedan aínda
moitos destes, todos debemos esforzarnos en manter a saúde cívica dos esta-
dos democráticos e a apoiar as medidas que axuden a que todos os países do
mundo sexan democráticos.

30
3.5. Ética e política

* Recoñecemento do Estado democrático de dereito como marco formal


para a realización dos ideais éticos.

1. Só nun estado libre podemos ser bos sen ter que ser heroes.
2. Para ser bos axuda que na sociedade exista unha clara consciencia do
ben e o mal. E a sociedade democrática o permite prque favorece a
libre discusión e o consenso.
3. Nas dictaduras os gobernos precisan cometer actos de maldade para
dominar á xente.
4. As dictaduras difunden ideoloxías que xustican o egoísmo, o engano,
a violencia, o maquiavelismo e o inmoralismo.
5. A democracia só pode funcionar adecuadamente se os políticos e os
cidadáns se comportan ben.

A política e a ética son eidos relacionados. Para comportarse ben, unha


persoa necesita que na súa sociedade exista unha clara consciencia do que é bo
e o que é malo, precisa que o ben sexa apoiado e estimado e o mal rexeitado e
criticado. Nas dictaduras, o goberno difunde ideoloxías políticas ou relixiosas
erróneas e malintencionadas, o fundamentalismo relixioso, o comunismo, o
nazismo, o nacionalismo racista, etc., son ideoloxías que aproban a violencia,
o autoritarismo e a discriminación, e que por tanto chocan coas ideas éticas.
Para un individuo normal pode ser difícil descubrir as falsedades e a maldade
destas ideoloxías se foi educado nelas fanáticamente, como adoitan facer as
dictaduras. Polo tanto podemos concluir que un réxime democrático, que
respecte a liberdade individual e os dereitos humanos é un marco necesario
para facilitar a bondade nas persoas e constitúe algo bo en sí mesmo.

31
3.6. Os dereitos constitucionais

* Identicación dos valores constitucionais, coñecemento dos dereitos e


deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de
autonomía de Galicia e da regulación do seu exercicio.

1. Os dereitos que a Constitución recoñece só poden existir se aceptamos


o deber de respectalos e contribuir materialmente a súa existencia.
2. Os dereitos que recoñecen a Constitución e o Estatuto de autonomía
están inspirados na Declaración de dereitos humanos da ONU.
3. Os dereitos constitucionais son a base do noso estado social e democrá-
tico de dereito.
4. Entre os dereitos constitucionais están o habeas corpus, a inviolabilida-
de do domicilio, o segredo das comunicacións, a liberdade de circulación,
o dereito de información, reunión, asociación e expresión.
5. Entre os dereitos sociais a Constitución recoñece o dereito ao traballo,
a sindicación, a folga, a educación, a propiedade privada, a liberdade
de empresa, a non discriminación laboral por sexo, etc.

No noso país e na nosa comunidade as leis fundamentais son a Consti-


tución e o Estatuto de Autonomía. Estas leis son o reexo máis preciso do
consenso político e da vontade política dos cidadáns, reectida nas urnas. A
Constitución e o Estatuto de autonomía poden cambiar se existe o acordo
cidadán para facelo; pero mentre non se cambien as leis fundamentais son a
estrutura básica do Estado.
A actual Constitución española recolle como deberes e dereitos funda-
mentais do cidadán, entre outros:

1. Igualdade ante a lei


Signica que a lei é igual para todos, homes e mulleres, ricos e pobres,
brancos e negros, etc. Ningunha circunstancia pode utilizarse para dis-
criminar ás persoas.
2. Derecho á vida
A pena de morte non se pode aplicar en ningún caso. O estado non
pode matar ninguén, e por suposto o homicidio é un crime legalmente
castigado.

32
3. Liberdade de consciencia
Cada quen pode escoller a súa relixión ou escoller non ter relixión. O
Estado non pode meterse nas cuestións espirituais da xente.
4. Estado laico
O Estado español non ten relixión nin pode favorecer a unha relixión
máis que a outra.
5. Liberdade e seguridade
6. Habeas corpus
O Estado non pode deter unha persoa sen dar parte a un xuíz que
controlará que a policía nos trate adecuadamente. Se non se atopan
probas contra nós, a policía ten que soltarnos en breve tempo.
7. Asistencia letrada ao detido
Cando somos detidos, temos dereito a recibir a axuda dun avogado
aínda que non teñamos cartos para un de pago. O Estado debe poñer
á nosa disposición un avogado gratuitamente.
8. Honor, intimidade e propia imaxe
Ninguén pode ofendernos nin faltarnos o respecto. Tampouco pode in-
vestigar na nosa vida privada ou decir cousas malas de nós que nos
fagan quedar máis diante dos demáis. Se alguén fai isto, nós podemos
denuncialo nos tribunais que o castigarán.
9. Inviolabilidade do domicilio
Ninguén pode entrar na nosa casa sen permiso, nin a policía. Só pode
facelo a policía se é evidente que estamos cometendo un delicto. Se unha
persoa entra na nosa casa sen permiso pode ser castigado có cárcere.
10. Segredo das comunicacións
As cartas que enviamos só poden ser abertas polos seus destinatarios
e por ninguén máis sen unha orde dun xuíz para investigar un posible
delicto. Tampouco ninguén pode escoitar as nosas conversas telefónicas.
11. Dereito de circulación
Podemos viaxar por todas partes en España e no mundo. O Estado non
pode limitarnos arbitrariamente por ningunha razón.

33
12. Liberdade de expresión
Sen inxuriar ou calumniar aos demáis, todos podemos expresar libre-
mente o que desexemos sen que ninguén poida impedilo. Isto non signi-
ca que poidamos falar ou escribir onde queiramos porque tamén temos
que respectar aos demais.
13. Dereito á información
Temos dereito a recibir información dos periódicos ou a televisión por-
que os datos sobre o que ocorre son moi importantes para poder par-
ticipar en política ou tomar decisións sobre as nosas vidas. O Estado
non pode censurar ningún medio de comunicación.
14. Dereito de reunión
Podemos reunirnos pacícamente con quen queiramos para calquera ac-
tividade legal. O Estado non pode impedirnos reunirnos nin en privado
nin en público.
15. Dereito de asociación
Podemos asociarnos con quen queiramos para calquera actividade legal.
O Estado só pode disolver asociacións que estean dedicadas a facer
cousas ilegais.
16. Dereito a participar nos asuntos públicos
A partir da maioría de idade, todos podemos presentarnos ás eleccións
e chegar ater cargos políticos se os cidadáns nos elixen.
17. Dereito á tutela xudicial efectiva
18. Non retroactividade da lei
19. Dereito á educación
20. Dereito a sindicación
21. Dereito de folga
22. Igualdade dentro do matrimonio
23. Propiedade privada
24. Traballo
25. No discriminación laboral por sexo

34
26. Liberdade de empresa
27. Deber de defender a España
28. Deber de soster os gastos públicos

35
4. A igualdade entre homes e mulleres

36
4.1. A muller no pasado

* Coñecemento da loita das mulleres e das súas organizacións para a con-


quista da igualdade de dereitos e oportunidades e o seu recoñocemento como
suxeitos históricos, de dereitos e de cidadanía. Distinción entre igualdade
de dereitos e igualdade de feito, e exemplicación e toma de conciencia de
situacións en que a igualdade de dereitos non se traduce en igualdade de
feito.

1. Nas sociedades agrarias tradicionais as mulleres eran consideradas in-


capaces de realizar traballos e estaban xurídicamente discriminadas.
2. Coa chegada da sociedade industrial moitas mulleres comezaron a esixir
iguais dereitos e as mesmas oportunidades de vida que os varóns.
3. Unha das conquistas da igualdade para as mulleres foi o seu dereito ao
voto.
4. Aínda que a lei recoñeza a igualdade de todas as persoas moita xente
segue a considerar inferiores as mulleres, cousa que é falsa e contra a
que debemos loitar.
5. Moitas veces é preciso cambiar a mentalidade das persoas para que as
mulleres non resulten perxudicadas.

Nas sociedades agrarias tradicionais existe unha desigual repartición do


traballo. Tanto os varóns como as mulleres teñen traballo fora do fogar na
agricultura, pero as mulleres, ademáis, son obrigadas a facerse cargo do tra-
ballo necesario para manter a casa e coidar os llos. A causa desta situación
inxusta é que, nesas sociedades atrasadas, non existen métodos de anticoncep-
ción ecaces, e tampoco hai tecnoloxías substitutivas da lactancia natural.
Por outro lado, debido ao atraso tecnolóxico a mortalidade infantil é moi
grande. Para conseguir a reproducción da poboación, as mulleres estaban
sempre ocupadas embarazadas ou criando os llos. Para evitar que as mulle-
res se adicasen a tarefas non reproductivas existían fortes prexuizos sociais e
mesmo leis que privaban de dereitos ás mulleres e as deixaban baixo o poder
dos seus pais ou maridos.

4.2. A muller no mundo moderno

* Análise das causas e factores da discriminación das mulleres. Planica-


ción de alternativas a situacións, reais ou simuladas, de discriminación.

37
1. As mulleres estaban discriminadas na sociedade agraria polo atraso
tecnolóxico que requería de moita man de obra, e non aportaba unha
medicina eciente nin medios alternativos para a crianza dos llos.
2. As mulleres na sociedade industrial non teñen por que adicarse só á
casa e os llos.
3. A economía e os cambios legais permiten a autonomía das mulleres
sen que teñan que casar e a industria non presiona para aumentar a
natalidade.
4. A sociedade industrial e de servizos demanda a educación xeral da
poboación e permite polo tanto que as mulleres adiquen a súa vida ao
traballo como poden facelo os varóns.
5. Co avance económico dos países pobres todas as mulleres do mundo
poderán ser iguais que os homes.
Tras a aparición da sociedade industrial, os avances da ciencia permiti-
ron que as familias escolleran o número de llos que querían ter, utilizando
medios anticonceptivos. Por outra banda a sociedade industrial non precisa
unha gran poboación para a produción. Tamén o tipo de traballo industrial
fai menos compatible a maternidade do que era coa agricultura. A tecnoloxía
médica e hixiénica xo máis sinxela a supervivencia dos nenos polo que as
mulleres non sempre estaban xá embarazadas. Cos novos inventos, cueiros
desechables, leites de substitución, alimentos preparados, as tarefas de aten-
ción aos nenos foron simplicadas e postas ao alcance dos varóns. Polo tanto
na sociedade industrial non hai razóns para a distribución discriminatoria do
traballo do fogar entre homes e mulleres.
Dixeramos antes que na sociedade tradicional existían prexuizos sociais
e relixiosos contra as mulleres para mantelas recluidas na casa. Por suposto
existían amemais leis contra a igualdade e os costumes impuñan restricións
articiais sobre a educación das mulleres o que as incapacitaba para traballos
fora do fogar. As ideas sociais tardan en cambiar e manteñense aínda que xá
non cumpran ningunha función. As tendencias conservadoras na sociedade
reaccionan para manter as condicións do pasado. Hai que ter en conta que
nas sociedades tradicionais non existía unha consciencia de que os valores e as
ideas morais tiveran unha relación coas necesidades materiais da poboación.
Simplemente críase que isa era a única maneira de facer as cousas. Polo tanto
as súas normas morais funcionaban como prexuizos irracionais, de forte carga
emocional e moi difíciles de cambiar.
Para as mulleres do século XIX, cedo estivo claro que a discriminación
non debía continuar. As mulleres pobres foron ocupadas como obreiras desde

38
os comezos da industria, polo que seguían traballando fora e dentro de casa.
As mulleres da burguesía foron as que comezaron a demandar educación,
igual que os homes e liberdade para adicarse ás mesmas tarefas que estes.
As súas demandas non eran só sociais, laborais e culturais, senón tamén
políticas pois as ideas democráticas desenvolveronse nun ambiente machista
e non recoñecían o dereito ao voto ás mulleres. A loita principal das mulleres
desenvolveuse no eido das ideas. Tratábase de acabar cos prexuizos misóxinos
que levaban séculos sendo difundidos, compartidos por moitas mulleres e
mesmo defendidos por importantes escritores ou líderes relixiosos.
As armacións dos lósofos e lósofas, escritoras e escritores feministas
pasaban pola defensa da igualdade real entre homes e mulleres, e reclamaban
que tendo en conta as capacidades semellantes das persoas independentemen-
te do seu sexo, a sociedade establecera a liberdade legal para que as mulleres
escolleran o seu camiño na vida.
Conseguiuse con diculdade a igualdade de dereitos nos países occiden-
tais. No mundo enteiro, sen embargo, quedan moitos países que mesmo no
nivel teórico negan a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Frecuen-
temente en estas sociedades profesanse relixións, como o Islam, por exemplo,
que defenden ideas patriarcais (machistas). Os países nos que a igualdade
entre homes e mulleres non existe son normalmente países económica e tec-
nolóxicamente atrasados, nos que a industria non está desenvolvida.
Aínda nos países occidentais, a igualdade de dereitos entre homes e mu-
lleres é un feito social moi recente. En moitos casos quedan prexuizos, sobre
todo nas persoas maiores, contra a igualdade e en prol da separación dos
traballos por sexo. Sen embargo as novas xeracións contemplan con norma-
lidade a igualdade legal de homes e mulleres e que as mulleres traballen en
ocios e profesións que antigamente só desempeñaban os homes.

39
4.3. A violencia contra as mulleres

* Rexeitamento da violencia de xénero. Recompilación de información


sobre as medidas destinadas á prevención e protección integral da violencia
contra as mulleres.

1. A violencia contra as mulleres vai contra a igualdade entre os sexos e


contra a liberdade das mulleres.
2. A loita contra a violencia machista faise pola lei e tamén debe facerse
pola opinión pública.
3. Os varóns non poden considerar as mulleres como a súa propiedade e
deben respectar a súa autonomía e liberdade.
4. As decisións da familia deben ser tomadas por consenso, tras un diálogo
que teña en conta os desexos e os sentimentos, así como as opinións,
dos seus membros.
5. Ante o coñecemento dun caso de violencia machista é necesario denun-
cialo para evitar un agravamento da situación.

Nos países occidentais a violencia dentro das familias é un dos fenómenos


criminais máis alarmantes, tendo en conta que se trata de sociedades cunha
criminalidade moi baixa. As vítimas destes delictos soen ser mulleres atacadas
polas súas parellas masculinas ou ben nenos e nenas atacadas polos seus
proxenitores ou coidadores.
A violencia contra as mulleres pode illarse como fenómeno especíco que
atenta contra a igualdade entre os sexos e contra a liberdade das mulleres
ademais de contra a súa integridade física. A violencia contra as mulleres
acompáñase normalmente de ameazas e ten un carácter de continuidade que
chega a impedir a vida normal das agredidas e en moitos casos remata co seu
asasinato.
A loita contra este fenómeno ten unha dimensión legal e outra socio-
cultural.
Naturalmente o Estado debe dispoñer as leis necesarias para castigar e
disuadir as persoas que incurran nestas condutas. Sen embargo, temos que
ter claro que ningunha lei pode eliminar ningún comportamente delictivo.
Para acabar con estes feitos é necesario facer un esforzo de cambio das ideas
sociais sobre as mulleres e as relacións de parella.
Os varóns non poden considerar ás mulleres como a súa propiedade e
deben respectar a súa autonomía e liberdade. As decisións da familia deben
ser tomadas por consenso tras un diálogo que teña en conta os desexos e os

40
sentimentos así como as opinións dos seus membros. En caso de disensión
irrecuperable, que motive o rompemento da parella, é necesario disolver os
vínculos familiares dun xeito civilizado, non hostil, tendo en conta que en
moitas ocasións existen llos, que teñen dereito a que os seus pais permanez-
can como referente ético e afectivo e a que as súas relacións sexan un modelo
polo menos de boa comunicación e mutuo respecto.

41
5. Multiculturalismo e interculturalismo

42
5.1. A cultura humana

* Identicación e respecto polas diferenzas sociais e culturais e valoración


das súas manifestacións en actitudes, costumes e formas de vida distintas á
propia, como enriquecedoras da convivencia nunha sociedade plural.

1. A cultura é o conxunto de elementos que os seres humanos utilizan para


sacar proveito da natureza e organizar a sociedade.
2. Tendo en conta a diversidade de grupos humanos, podemos falar de
culturas en plural.
3. As culturas nunca están illadas, nin son completamente diferentes.
4. Todos podemos aprender novos elementos culturais se é preciso.
5. Os seres humanos temos a mesma dignidade e dereitos independente-
mente da nosa cultura.
6. A actitude correcta cara ás formas culturais descoñecidas é de respecto
e mesmo de interese, porque son unha riqueza máis aportada á nosa
sociedade.

A cultura é o conxunto de elementos que os seres humanos utilizan para


sacar proveito da natureza. Os animais teñen unha dotación xenética cunhas
capacidades físicas e uns instintos para utilizalas. Os seres humanos, pouco
dotados físicamente, teñen gran intelixencia e posibilidade de comunicación
para organizar a sociedade ao servizo das necesidades humanas.
A cultura humana presenta moitos elementos variados, ata o punto de
que moitos autores falan de diversas culturas .
Falar de culturas en plural é perigoso. Case tan perigoso como falar de ra-
zas. Para comezar, algunha xente pode pensar que esas culturas son realida-
des illadas, completamente diferentes, e que os membros delas son totalmente
diferentes, que uns e outros non podemos comprendernos. Sen embargo is-
to non é certo. A construcción e o uso dos elementos culturaisj e algo que
se aprende. Calquera pode aprender (e esquecer) elementos culturais da súa
cultura de orixe ou doutras. O proceso de adquirir novos elementos culturais
é natural, e tamén é normal esquecer cousas da nosa cultura de orixe.
Temos que ter presente que os elementos da cultura (costumes, instru-
mentos, tradicións, crenzas, etc.) son tan só unhas ferramentas para sacar
proveito da natureza, obter bens materiais para as nosas necesidades e man-
ter organizada a sociedade. A nosa intelixencia permítenos detectar novos
métodos para servir ás nosas necesidades. De feito, incluso podemos elexir a

43
importancia relativa desas necesidades. Os seres humanos temos os mesmos
dereitos e a mesma dignidade independentemente dos elementos culturais
que aprenderamos de nenos. Conservamos dignidade e dereitos aínda que
cambiemos de elementos culturais (idioma, relixión, pais, forma de vestir, de
alimentarnos, etc.) Agora ben, todos os seres humanos temos cultura, usa-
mos elementos culturais, porque é a nosa forma de relacionarnos co resto
da natureza e cos demais. Os elementos culturais poden ser valiosos e dig-
nos de conservar sempre que non esquezamos o seu carácter utilitario e non
lles sacriquemos valores superiores. Esta observación é necesaria porque en
moitas ocasións a discriminación, a xenofobia e o racismo, acubillanse nunha
suposta defensa da cultura (por exemplo, rexeitamos a unha persoa por non
saber falar a nosa língua, ou non vestir coma nós) Non existe unha cultura
propia ou allea. Calquera persoa pode aprender algo que é tradicional nou-
tro lugar, e pode esquecer algo que xá non valora e que aprendeu no seu
lugar de orixe. Todo isto é normal. É o individuo quen debe ter liberdade
para escoller a súa cultura e quen debe recordar sempre o valor do ser hu-
mano por riba dos seus costumes e coñecementos. As sociedades tradicionais
eran culturalmente homoxéneas porque estaban illadas pola diculdade de
comunicación e transporte. O progreso económico e tecnolóxico xo que nas
sociedades modernas aumentara a inmigración e os medios de comunicación
comezaron a presentarnos tamén formas de vivir características de persoas
que viven en lugares afastados. Moitos dos novos elementos culturais son
indubitabelmente atractivos. Linguas extranxeiras, novos alimentos, roupas
nunca vistas, músicas agradabeis, etc., son cousas que moitos acetamos con
gusto. Sen embargo hai outros elementos que para algunhas persoas resultan
negativamente sorprendentes, que causan medo ou rexeitamento. A reación
negativa cara a eses elementos culturais pode extenderse ás persoas que os
posúen. Facemos ben cando contemplamos con interese, curiosidade e res-
pecto os elementos culturais ata agora descoñecidos. Debemos recordar que
non se tracta dunha competición, senón dunha riqueza aportada por persoas
de moitos lugares do mundo que incluso podemos incorporar á nosa vida e
en calquera caso debemos respectar.
(convendría hacer una lista de los elementos normales de una çultura"para
ver cuál es su real importancia)

44
5.2. Actitudes cara á variedade

* Análise das posicións máis frecuentes ante o multiculturalismo e ree-


xión sobre os problemas éticos que delas se derivan: etnocentrismo e discri-
minación, problemas éticos do relativismo cultural.

1. Nas sociedades contemporáneas hai persoas que proveñen de moitos


lugares e contribúen ao noso benestar económico.
2. Ás veces a actitude cara á variedade cultural da nosa sociedade non é a
correcta. Os erros máis frecuentes son o etnocentrismo, a discriminación
e o relativismo cultural.
3. O etnocentrismo é a crenza errónea que arma que a nosa é a única
forma correcta de vivir. A verdade é que en todas as culturas existen
cousas boas e malas e que todos podemos aprender de todos.
4. A discriminación e tratar mal aos que teñen unha cultura diferente. É
unha práctica mala, porque viola a igualdade dos seres humanos e os
seus dereitos.
5. O relativismo cultural é a crenza errónea que arma que é imposible
xulgar as culturas. A verdade é que por riba das prácticas e crenzas
culturais están a natureza humana e os dereitos.

As sociedades contemporáneas son plurais, tamén na súa cultura. Existen


persoas que proveñen de moitos lugares e que contribúen ao noso benestar
económico. Existen persoas que esqueceron ou rexeitaron elementos que eran
comúns na atrasada sociedade agraria (linguas, relixións, determinados ali-
mentos, vestidos, roles de xénero, etc.) Nós mesmos somos libres de escoller
que elementos culturais queremos para ás nosas vidas, xá non temos porque
aceptar submisivamente o que nos transmitenj os antigos ou a presión da
sociedade. Porén a atitude mesma cara a variedade cultural pode ser tamén
moi diferente e non sempre beneciosa ou acetabel. Algunha xente reaciona
hostilmente cara aos elementos culturais que lle resultan extraños ou des-
coñecidos e lamentabelmente mesmo con agresividade ou rexeitamento cara
as persoas que posúen eses elementos. A postura ideolóxica coñecida como
etnocentrismo é unha reación hostil á diversidade cultural. Os partidarios das
ideas etnocéntricas cren que existe un só conxunto de elementos culturais que
son bos e que dalgunha maneira nos pertencen a xente daquí. Esquecen que
a cultura é esencialmente unha corrente de elementos que son transmitidos,
acetados, rexeitados, modicados ao longo da historia e de todos os lugares
do planeta. Non hai xente daquí ou daló porque todo o mundo pode cambiar

45
de lugar de residencia e é un dereito humano facelo. Igual que nós podemos
emigrar, outros poden inmigrar. Todos podemos xulgar os elementos cultu-
rais que queiramos, pero é absurso pretender que casualmente todo o bo é
noso e sobre todo pensar que todo o malo é dos outros. Naturalmente todos
podemos encontrar elementos negativos nas cousas que aprendimos no noso
lugar de orixe e cousas boas nos elementos culturais que nos resultan novos e
descoñecidos. E iso é así porque somos quen de facer a comparación coas no-
sas ideas sobre o que é o mellor para o ser humano en sí, independentemente
do seu lugar de orixe ou dos elementos culturais que posúe.
No nivel prático a atitude correspondente ao etnocentrismo é a discrimi-
nación. Discriminar é tratar mal á xente que é diferente polo simple feito de
selo. A discriminación ven normalmente vencellada ao prexuizo, que é tomar
unha decisión contra unha persoa antes de saber nada sobre as súas caracte-
rísticas como individuo. A xente que discrimina aos diferentes e faino porque
pensa que alguén que posúe determinado elemento cultural ou físico é malo.
Esa xente non deixa que o carácter, a forma real de ser da persoa recén co-
ñecida entre en contacto con eles e polo tanto perden unha posibilidade de
convivir con ela.
O racismo é outra das teorías elaboradas contra a pluralidade cultural e
social. Todos sabemos que aínda que pertencemos á mesma especie, as per-
soas podemos ter rasgos físicos diferentes. Somos máis altos, máis baixos,
máis gordos ou máis fracos, a nosa pele pode ser máis ou menos obscura, o
noso pelo desta ou desa cor. Todas estas variacións ocorren de forma natural
porque están nas nosas posibilidades xenéticas. Agora ben, no pasado, moitos
grupos humanos vivían en zonas illadas e os matrimonios producíanse entre
persoas con algún grao de parentesco, e polo tanto de proximidade xenéti-
ca. Desa maneira, ao correr do tempo, varios rasgos físicos concentráronse
e acabaron por caracterizar ese grupo de persoas. Así xurdiu o concepto de
raza. O que arman os racistas é que os rasgos físicos da xente teñen que
ver, están asociados, con rasgos morais ou intelectuais, de forma que habería
razas malas ou estúpidas, o que na súa opinión, xusticaría que as persoas
pertencentes a elas fosen maltratadas. O racismo como teoría e como práti-
ca é completamente falso e rexeitable. Os rasgos físicos non teñen unidade
nin persisten cando as poboacións se mesturan, o que é unha proba de que
as razas son simplemente froito do illamento das poboacións. As razas son
unha construcción, e non unha realidade orixinal. As probas antropolóxicas
demostran que a especie humana abrollou/xurdiu dun só tronco.
Non hai fundamentación xenética para xusticar a existencia de razas. E
decir, claro está que os rasgos físicos que agrupamos e identicamos como ra-
zas teñen unha causa xenética, pero os xenes responsables existen en todas as
poboacións humanas e non están agrupados nin son dependentes uns doutros.

46
Por iso atopamos ás veces rasgos aparentemente extranxeiros en persoas que
sabemos que non teñen unha orixe en outro país. Desta maneira a xenética
conrma o que sabemos por sentido común. Aínda que os rasgos intelectuais
ou morais obedecen a causas xenéticas, se ben non sabemos o suciente para
establecer unha causalidade concreta, o que caracteriza á intelixencia humana
é a súa versatilidade, exibilidade para responder aos cambios do ambiente.
Agora ben, o ambiente humano máis importante ven sendo a mesma socieda-
de. E a sociedade é cambiante, xustamente por estar baseada na intelixencia
e a linguaxe. Sabemos que a evolución, a selección natural, que é o proceso
que controla os nosos rasgos xenéticos necesita de longos períodos de tempo.
E simplemente, nunca existiu unha realidade social durante un tempo tan
longo como para seleccionar un rasgo xenético. Todas as características hu-
manas determinadas xenéticamente son previas á existencia da cultura. Por
outro lado, ¾que sentido tendría un rasgo desadaptativo, é decir, perxudicial
para os que o levan, como a estupidez? Recordemos que a selección natural
fai que os individuos que posúen un rasgo negativo sexan superados polos que
teñen mellores características e polo tanto o seu rasgo negativo nunca pode
xeralizarse. Aínda que puidera ser acetabel a idea da inferioridade obxectiva
dos membros dun grupo humano con respecto a outros, isto nunca sería razón
para maltratalos senón todo o contrario, motivo para axudalos a compensar
a súa situación ou a saír dela. Por outra banda, en moitas ocasións, calica-
mos como estúpidas ou malvadas condutas simplemente pola súa diferenza co
que nós estamos afeitos a ver ou praticar. É moi difícil medir obxectivamen-
te a inadecuación moral ou intelectual dunha realidade e resulta totalmente
irresponsabel tomar decisións con tal base para xulgar a unha persoa ou un
grupo grande delas. O racismo é unha doutrina que pode causar unha dis-
criminación moito peor que o etnocentrismo. O etnocentrismo, ao referirse a
cuestións culturais, admite polo menos na teoría, a posibilidade dunha recon-
ciliación entre comunidades humanas diferentes (ben que sempre pretenda a
submisión do grupo culturalmente inferior ao superior. Pero o racismo pecha
a porta a todo tipo de convivencia. No caso máis leve chega a proclamar a
necesidade da segregación dos grupos racialmente diferente (caso do apart-
heid). Proiben os matrimonios mixtos e mesmo a residencia compartida ou
o uso de elementos culturais en común. No caso peor, o racismo reclama a
necesidade de matar as persoas do grupo considerado inferior.
Como idea contraposta ás teorías racistas e etnocentristas foi reactivado
o concepto de relativismo cultural. Os seus defensores armaban que os cri-
terios que as persoas podemos usar para xulgar as culturas, pois para eles
é evidente que existen varias, pertencen a unha cultura determinada, e non
teñen polo tanto validez fora dela. Denuncian os intentos de emitir xuizos
universais como exemplos de etnocentrismo. Para estes autores cada persoa

47
pertence a unha cultura e é a cultura a que lle proporciona todas as ideas que
esa persoa ten. Os defensores do relativismo cultural negan a creatividade
dos individuos e a súa posibilidade de cambiar ou reinterpretar os elementos
culturais que reciben e de rexeitalos en favor de outros, negan que exista
unha natureza humana común. O simple feito de que persoas de todo o mun-
do, que posúen elementos culturais diferentes poidan criticar elementos que
teñen aprendido igual que critican elementos vindos de outros lugares basta
para demostrar que o relativismo cultural é unha doutrina errónea. Cando
xulgamos o noso e decimos que está mal, facemoo porque contrapoñemos o
que vemos co que pensamos que as cousas deberían ser. E ese deber ser tomá-
molo non do que coñecemos senón do que consideramos que é o ser humano
como tal e do que pensamos que lle corresponde. O relativismo cultural poido
ser unha idea ben intencionada, reactivouse nun momento histórico no que
pretendeu librar ás comunidades primitivas da inuencia ocidental, tendo en
conta que moitas veces esta inuencia era destrutiva para as persoas que a
sufrían. O relativismo era un intento de facer que Ocidente deixara en paz
a estas persoas. O problema é que na atualidade, persoas que compartimos
diferentes elementos culturais convivimos nas mesmas sociedades e este fenó-
meno, que é completamente natural, vai a máis a medida que o progreso se
extendo polo mundo. Agora ben, a convivencia precisa dun marco común de
ideas morais, e dunhas bases comúns de diálogo. Se cremos que as diferentes
tradicións culturais non teñen nada que en común e son inconmensurables,
¾como establecer este diálogo necesario? ¾Como imos crer que hai actos que
están ben ou mal segundo sexa para nós ou para eles, como se eles e nós non
fósemos seres humanos, membros dunha mesma especie e sociedade? ¾Imos
ter leis baseadas na cor da pel, na lingua que falamos ou na vila na que
nacemos? Sen dúbida nada de isto é posible nin acetable?

48
5.3. O interculturalismo

* Valoración do interculturalismo como proxecto ético e político e ree-


xión sobre os valores mínimos dunha ética cívica.

1. O interculturalismo é a crenza en que por riba das diferenzas culturais


é posible descubrir ou construir unha ética común aceptable por todos
os membros da nosa sociedade plural.
2. Para o interculturalismo son boas todas as formas culturales que non
estean en contra dos dereitos humanos.
3. O interculturalismo propón a adopción duns puntos básicos de acordo
sobre o que está ben ou mal. Estes puntos formarían unha chamada
ética de mínimos que todo o mundo debería respectar.
4. A ética de mínimos, baseada nos dereitos humanos non ten porque
signicar a desaparición das tradicións culturais ou relixiosas cando
son compatibles co respecto as persoas.

O interculturalismo preséntase como a única solución éticamente válida


aos problemas que supón a pluralidade cultural nas sociedades modernas. O
interculturalismo consiste na crenza de que por riba das diferenzas culturais
é posibel descubrir ou construir unha ética común aceptabel por todos os
membros dunha sociedade plural e ulteriormente acetabel por todos os seres
humanos independentemente da súa orixe ou localización xeográca. Porén
a determinación dunha ética común non ten porqué signicar a desaparición
de relixións ou tradicións morais particulares, sempre que sexan asumidas
libremente polos seus partidarios. A ética común ten sido chamada ética de
mínimos. ¾Como chegar a codicar a ética de mínimos? Tense propostos
varios métodos.

O teólogo Hans Küng propuxo basearse nas principais tradicións re-


lixiosas do mundo e obter os puntos de contacto. En efecto, moitos
elementos das morais relixiosas son coincidentes. Porén hai determina-
dos puntos nos que as relixións presentan diferenzas centrais e outros
nos que presentan posturas moi restrictivas, dicilmente acetabeis para
os que non as comparten (moral sexual, por exemplo)
O lósofo Jürgen Habermas propuxo chegar a un acordo social entre
todos os cidadáns. Para chegar a ese acordo é preciso, na súa opinión,
comprometerse éticamente a ter presentes os intereses dos demais, e a
dialogar sen facer trampas (sen enganar ou facer uso da retórica, etc.)

49
O lósofo John Rawls propuxo un experimento mental para chegar
ás condicións ideais dunha sociedade acetabel por todos. Trátase de
imaxinar en que tipo de sociedade quereríamos vivir se non soubésemos
nada sobre que características individuais íamos ter. Desta maneira,
probabelmente, todos elexiríamos unha sociedade na que ninguén poida
ser perxudicado completamente, independentemente da súa situación
persoal. Unha vez denida esa característica, resultaría sinxelo obter as
normas de comportamento acetabeis para todos.

Os elementos dunha ética mínima sen dúbida deben incluir garantías


para a liberdade individual, a igualdade de dereitos e a xustiza social. As
diversas declaracións de dereitos humanos realizadas ao longo da historia
poden ofrecer un bo punto de partida.

50
6. Cidadanía global e democracia

51
* Recoñecemento da pertenza a unha cidadanía global e identicación e
valoración dos procesos que poderían contribuír a unha globalización ética.

6.1. Que é a globalización?

* Toma de conciencia da nova orde global e identicación dos procesos que


contribúen á súa formación: a integración dos mercados e do espazo político
e social.

1. Chamamos globalización ao proceso de modernización cultural e pro-


gresiva interrelación económica dos países do mundo. A globalización,
como toda realidade ten elementos bos e malos.
2. A difusión da tecnoloxía fai que cada vez máis paises do mundo poidan
ter producción industrial e participar no comercio mundial.
3. Cada vez máis paises recoñecen que a democracia é o mellor sistema
para a organización da sociedade.
4. Cada vez máis paises en todo o mundo recoñecen que os dereitos hu-
manos deben respetarse en todas as sociedades.
5. A cultura occidental, baseada na ciencia e na liberdade do individuo
está difundindose por todo o mundo permitindo a formación dunha
única sociedade planetaria.

Vantaxes da globalización:

1. Supresión dos bloques políticos.


2. Potenciación das organizacións supraestatais.
3. Interconexión da poboación polos novos medios de comunicación.
4. Facilidade do transporte.
5. Urbanización.
6. Secularización.
7. Adopción de elementos culturais non-perxudiciais: cultura global.
8. Aumento da emigración.
9. Difusión da democracia e os dereitos humanos.

52
10. Preocupación común por (reais ou supostos) problemas globais (ecoló-
xicos, por exemplo).
11. Industrialización dos países agrícolas.
12. Terciarización dos países industriais.
13. Potenciación das acións cívicas.
Problemas que plantexa a globalización:
1. Supervivencia de algunha das dictaduras comunistas ou de movementos
guerrilleiros e terroristas e perigo do xurdimento de oposicións xeopo-
líticas sen base ideolóxica (Rusia) ou con unha falsa base ideolóxica
(países musulmáns).
2. Perda do control cidadán das decisións políticas. Desencanto da cida-
danía e burocratización da política.
3. Substitución da ideoloxía pola tecnocracia. Substración do discurso
ideolóxico e imposición dunha falsa ortodoxia (exemplo: socialdemo-
cracia en Europa ou
neoliberalismo en Mercosur). Falta de democracia ou lexitimación de
réximes non democráticos (ONU).
4. Eliminación das características culturais particulares. Expansión dunha
cultura global de mala calidade. Illamento do individuo con respecto
ao seu ambiente achegado, refuxio no mundo virtual.
5. Cambios repentinos na economía, uctuacións imprevisibeis, empeque-
necemento do mundo, perda da maxia, do exótico, trivialización.

6. Perda da cultura rural e do contacto simbiótico coa natureza, empeo-


ramento das condicións de salubridade do ambiente humano, aumento
da carga psicolóxica (stress, depresión, etc.)
7. Trivialización da cultura, comercialización da cultura, perda da va-
riedade, conversión dos individuos en consumidores, non-creadores de
cultura.
8. Creación de castes de traballadores sen dereitos. Aparición da xenofo-
bia ou o racismo. Fenómenos de terrorismo de resposta. Alienación e
radicalismo como reación. Maltrato policial aos inmigrantes. Crimina-
lización da inmigración. Aumento da marxinación e da criminalidade.
Crecemento das barreiras egoistas (fronteiras, visados, etc.)

53
9. Revolucións violentas animadas por bos sentimentos e impaciencia. Ris-
co de intervencións armadas de Ocidente con pretensións supostamente
de salvación.
10. Nacemento de hoaxes e campañas globais de amedrentamento sen fun-
damentación racional, falta de institucións globais democráticas para
tratar os problemas reais.
11. Utilización de tecnoloxía moi contaminante e insalubre, repetición de
esquemas de explotación manchesteriana.
12. Perda de tecido produtivo, crise económica derivada da necesidade de
adatación. Depresión económica de zonas non aptas para o setor ter-
ciario, proletarización dos países non ocidentais.
13. Aparición de entidades con inuencia política e económica e nulo con-
trol democrático. Posibilidades de fraude.

(Posibles solucións???)

54
6.2. Os medios de comunicación

* Identicación dos recursos básicos do poder dos medios de comunicación


(a selección das novas, a linguaxe da publicidade...) e a súa incidencia na
construción da realidade e nas nosas decisións e opinións.

1. Para tomar decisións correctas na nosa vida necesitamos coñecer a rea-


lidade. Igualmente para contribuir a toma de decisións políticas preci-
samos coñecer o que pasa no mundo.
2. Os medios de comunicación son importantes porque aportan parte dos
datos que necesitamos para exercer as nosas responsabilidades como
cidadáns.
3. Os medios de comunicación deben dicir a verdade, separar as opinións
dos datos e emitir xuizos moderados.
4. Temos que ser críticos cos contidos dos medios de comunicacións selec-
cionando os que teñan maior calidade e rexeitando a mentira, o sensa-
cionalismo e a vulgaridade.

Para tomar decisións correctas na nosa vida necesitamos coñecer a reali-


dade. Igualmente para tomar decisións políticas temos que coñecer que pasa
no mundo. Os medios de comunicación poden aportar parte dos datos que
precisamos para exercer parte das nosas responsabilidades como cidadáns.
Porén, temos que ter en conta que as características dos medios de comuni-
cación presentan perigos dos que debemos ser conscientes.
Elementos beneciosos dos medios de comunicación de masas:

1. Presentación dun modelo cultural relativamente homoxéneo que per-


mite o diálogo entre persoas que antes terían sido moi diferentes.
2. Difusión dos bens producidos polo noso sistema económico, o que pode
difundir a necesidade da modernización e industrialización nos países
atrasados.
3. Difusión de informacións veraces sobre a realidade.
4. Difusión de elementos culturais, música, literatura, ciencias naturais,
historia, etc.
5. Aportación de contidos valiosos para o lecer (deportes, programas mu-
sicais, etc.)

55
6. Promoción de realidades culturais minoritarias que vale a pena conser-
var (linguas, etc.)

Elementos perxudiciais dos medios de comunicación de masas:

1. Frecuentemente representan intereses económicos ou políticos que de-


bemos desenmascarar ou identicar para non ser as súas vítimas.
2. As veces os medios están controlados polos gobernos, por exemplo, case
sempre é así no caso dos medios públicos (informativos ou campañas
institucionais), polo que as novas que aportan están sesgadas para dar
unha boa imaxe dos gobernos.
3. Eliminación, por omisión, de moitos elementos culturais.
4. Sobredimensionamento dos elementos da realidade por colocalos no pri-
me time e dun xeito repetitivo.

5. Perxudicase á atención e a concentración por culpa do formato spot.


6. Diminúese ou estáncase o nivel cultural da poboación por alimentación
única de telenovelas, cotilleos ou programas sensacionalistas.
7. Promoción dunha escala de valores só baseada nos bens comerciais.
8. Difusión de tópicos, ou mesmo falsedades, que acaban sendo acetadas
como verdades.
9. Para moita xente, unha redución da realidade ao que sae pola televisión.
10. Creación dun discurso único

Posibles solucións aos problemas plantexados:

1. Facerse conscientes do sesgo ideolóxico ou empresarial dos medios.


2. Cotexar as informacións con outros puntos de vista aínda contrarios á
nosa ideoloxía para non caer nun cego sectarismo.
3. Utilización doutras fontes de información ademais dos medios de masas
(libros, informes, enciclopedias, estudios académicos, etc.)
4. Esforzo por contextualizar as realidades que presentan os medios, desde
un punto de vista histórico, sociolóxico, estatístico, etc.
5. Profundizar nas novas é preciso. Procurar información complementaria.

56
6. Procura doutros elementos de lecer, aparte da televisión.
7. Elaboración da nosa propia escala de valores e colocación dos bens de
consumo no seu lugar adoitado.
8. Aprendizaxe serio sobre a nosa realidade.
9. Relativización das aportacións dos medios de comunicación de masas.

57
6.3. As novas estructuras de poder

1. Na sociedade contemporánea, os cidadáns demandan cada vez máis que


o poder político axuda a resolver os problemas achegados.
2. A globalización económica fai que xurdan institucións políticas que
unen varios países e que ás veces son moi difícilesde entender para o
cidadán.
3. Os cidadáns debemos sempre permanecer vixiantes para que indepen-
dentemente do seu tamaño os poderes políticos respeten os dereitos
humanos e a vontade dos votantes.
4. Algunhas organizacións non gubernamentais están especializadas na
defensa e promoción dos dereitos humanos e a súa labor merece o noso
apoio.

O tamaño dos estados ten relación cos sucesos políticos e militares da


historia. A partir do século XIX aparece a idea de estado-nación que preten-
de substituir a lexitimidade das dinastías reais tras a aparición dos réximes
burgueses. Durante o século XX, tras a descolonización de África e Asia, este
concepto exténdese por todo o mundo, incluindo territorios históricamente
alleos á idea de nación ou á estrutura estatal. Desde nais do século XX, nos
países ocidentais, recoñecense tendencias políticas que esixen estruturas polí-
ticas de menor tamaño que os estados tradicionais, para dotar de autonomía
a territorios concretos e tratar máis achegadamente problemas de pequena
escala. Por outro lado tamén existen tendencias á construción de estruturas
de poder que comprenden varios estados.
Elementos bos dos sub-estados:

1. Achegamento da política ao cidadán.


2. Redución do poder de dañar dos políticos pola redimensión da súa área
de inuencia.
3. Valoración de elementos culturais ou de medio-ambiente, en xeral de
particularidades desestimadas por estruturas máis grandes.

Elementos malos dos sub-estados:

1. Reaparición do caciquismo (clientelismo político).


2. Reactivación do nacionalismo radical e do provincianismo (perda do
horizonte político suprarrexional).

58
3. Activación do egoísmo rexional, da competitividade baseada en unida-
des territoriais, scalidade, medidas protecionistas, nacionalismo eco-
nómico.

Elementos bos dos supra-estados:

1. Homoxeneización económica e política de grandes áreas do planeta.


2. Superación dos egoísmos rexionais e nacionais.
3. Desestimación das diferenzas non relevantes (lingua, cultura, aspecto
físico, extración xeográca, etc.) na concordancia ideolóxica sobre os
principios da organización social.
4. Facilitación da circulación das persoas por áreas supraestatais.
5. Facilitación dos intercambios culturais entre cidadáns de diferentes es-
tados.

Elementos malos dos supra-estados:

1. Perda do control polo cidadán da actividade dos políticos.


2. Conversión da política de ideoloxía en tecnoburocracia.
3. Supeditación dos intereses dos estados pequenos aos estados grandes.
4. Reprodución do egoísmo estatal en unidades máis grandes (por exem-
plo, a Europa blindada).
5. Conversión da estrutura supraestatal nun mercado de troco de intereses
económicos.
6. Colocación da estrutura supraestatal baixo o control ou a inuencia de
lobbies.

7. Como as estruturas supraestatais teñen moito poder, vense tentadas


de intervir na economía en perxuizo de outras persoas (protecionismo,
restrición da inmigración, etc.)

Posibeis solucións para os problemas das novas estruturas de poder supra


e infraestatais:
A mellor garantía de que os perigos que axexan ao fenómeno que estamos
a estudarnon chegan a dañar a ninguén é que os cidadáns sexan conscientes
dos seus dereitos e do seu deber de controlar a ación dos seus representantes

59
políticos. Precisamos ter claro cuales son as diferentes ideoloxías políticas
que constitúen opcións válidas, precisamos coñecementos sobre os problemas
reais do noso mundo para tomar decisións axeitadas. Debemos esixir aos
nosos representantes o cumprimento dos seus programas e que den conta
do seu traballo. Se estimamos que non existen alternativas válidas entre os
partidos maioritarios, debemos estar preparados para apoiar novos partidos
ou para reorientar os partidos existentes.
Debemos recordar que a proteción efectiva dos dereitos dos cidadáns é
tarefa da propia cidadanía. Os gobernos democráticos normalmente respaldan
os dereitos civís, porén os cidadáns deben permanecer vixiantes para evitar
os abusos dos poderes políticos. O problema é que as estruturas infra-estatais
poden estar animadas por radicalismos nacionalistas e as estruturas supra-
estatais poden ser animadas por tendencias tecnocráticas.
(hai que falar da tecnocracia por extenso) Estas realidades coinciden no
seu anti-individualismo, na súa exixencia de que as liberdades individuais
sexan sacricadas ben ao concepto de nación, tal como o entenden os nacio-
nalistas, ou ás medidas da burocracia que frecuentemente adopta un discurso
único tecnocrático. Exemplo nobre da preocupación cidadá en todo o mundo
polos dereitos humanos está nas diversas ONG que vixían o comportamen-
to dos gobernos. Unha organización non gubernamental compromete moito
a súa actuación se recibe cartos dos gobernos. Está claro que, ás veces, as
organizacións que vixían o comportamento dos gobernos deben criticar as
súas atuacións. E isto faise difícil se ao mesmo tempo as ONG estan pagadas
polos gobernos. A ONG Amnistía Internacional vixía as violacións dos derei-
tos humanos arredor do mundo, cometidas por gobernos, grupos terroristas,
guerrillas, etc. Os seus socios pagan unha cota e reciben informacións sobre
violacións dos dereitos humanos das que son vítimas persoas concretas en ou-
tros países. Trátase de xente que sofre torturas, encarceramento ou sentenzas
de morte polas súas ideas políticas ou relixiosas, etc. Os membros de Am-
nistía Internacional protestan públicamente por estas situacións e escriben
cartas aos políticos responsabeis delas e en moitas ocasións as súas presións
acadan a liberación de prisioneiros ou a suspensión das sentenzas de morte.

60
6.4. O desenvolvemento sostible

* Identicación dos medios e iniciativas, tanto individuais coma colectivos


para procurar un desenvolvemento humano sustentable.

1. Chamamos desenvolvemento sustentable ao progreso económico e tec-


nolóxico que non perxudica á naturaleza.
2. Debemos adoptar os métodos tecnolóxicos máis limpos e menos agre-
sivos dispoñibles.
3. Na nosa vida diaria podemos contribuir ao aforro de materias primas
e enerxía.
4. Debemos esixir aos gobernos que vixíen o comprimento das leis de
protección da natureza.
5. Podemos preferir os produtos das empresas que respectan o entorno e
apoiar as ONG e asociacións de defensa da natureza.

Chamamos desenvolvemento á construción dunha sociedade na que o ser


humano poida realizar todo o seu potencial, e polo tanto, acadar a máxima
felicidade posibel. As condicións do desenvolvemento son:

A liberdade individual.
A abundancia de bens materiais.

Para acadar a liberdade precisamos determinadas condicións políticas e


culturais. Para acadar a abundancia material precisamos determinadas con-
dicións económicas, tecnolóxicas e culturais.
Nunca debemos entender o desenvolvemento só como unha cuestión eco-
nómica. Para os seres humanos, os elementos materiais son un medio para
lograr ns que normalmente son psicolóxicos, afectivos, etc. Porén para aca-
dar eses ns, normalmente precisamos os bens materiais.
Algunhas dictaduras comunistas do século XX intentaron defenderse ar-
mando que os seus súbditos vivían con relativa comodidade económica. Inde-
pendentemente de que o dato fose verdadeiro, o certo é que unha dictadura
non pode nunca satisfacer as necesidades psicolóxicas e culturais do ser hu-
mano.
¾Por que necesitamos liberdade e bens materiais para acadar a felicidade?
Os seres humanos somos pola nosa natureza individuos, que nos sentimos
mal cuando somos obrigados a facer cousas que non queremos. A pesar de

61
pertencer á mesma especie animal, todos somos diferentes en moitas das nosas
caraterísticas e precisamos espazo para vivir de acordo con esas caraterísticas.
Asimismo para todo o que queremos facer, normalmente precisamos dis-
poñer de obxectos, máquinas, ferramentas, bens de consumo, etc. A pobreza
impidenos levar a cabo moitos desexos e satisfacer as nosas necesidades.
Polo noso coñecemento da Historia, sabemos que a democracia e o capi-
talism son os sistemas sociais que, sen ser perfetos, garanten o maior grao de
liberdade e benestar económico coñecido até agora en todo o mundo.
A sostenibilidade é á situación na que algo pode continuar indenida-
mente. Unha situación na que un grupo de países é rico e os seus cidadáns
libres mentres que unha gran poboación do mundo permanece na pobreza,
sufrindo problemas que o ser humano xá sabe resolver, é, naturalmente unha
situación insostible. É unha situación inxusta, ofende o noso sentimento de
solidariedade, perxudica a moitas persoas inocentes, da lugar a inestabilidade
política, a guerras, a dictaduras, etc.
Polo tanto, para acadar o desenvolvemento sostible, precisamos a exten-
sión da democracia e o capitalismo por todos os países do mundo.

62
6.5. A cidadanía global

* Recoñecemento da crise do estado-nación e valoración da globalización


económica e a fragmentación da autoridade política como risco para a pro-
tección efectiva dos dereitos civís, económicos e sociais. Información sobre
os movementos comprometidos na defensa dos dereitos humanos e recoñece-
mento do seu labor.

1. Posto que o mundo está cada vez máis unido, nós debemos empezar a
considerarnos cidadáns con responsabilidade cara á situación xeral do
planeta.
2. Debemos apoiar a democracia en todos os países do mundo porque é o
mellor método de organización social.
3. Temos que favorecer o desenvolvemento económico dos países pobres
para que todos os seres humanos disfruten do mesmo benestar ca nós.
4. Debemos presionar aos gobernos para que cumpran os dereitos humanos
en todo o mundo.
5. Debemos aceptar a convivencia con persoas vindas doutros países e va-
lorar como unha riqueza as súas aportacións culturais á nosa sociedade.

Todos os seres humanos somos iguais en dignidade e dereitos.


Ningunha das nosas diferenzas naturais ten importancia á hora de esta-
blecer as normas que debemos seguir ou de escoller os nosos valores.
Sexo, raza, aspecto físico, lingua, relixión, preferencias sexuais, lugar de
nacemento, etc., ningunha destas características xustican o maltrato ou a
discriminación entre as persoas.
Aínda que as persoas estamos divididas en moitos estados, e aínda que
existen partidarios da creación de máis estados, todos debemos considerarnos
como membros dunha soa comunidade, formada por todos os seres humanos,
cos mesmos dereitos e deberes ca nós.

63

You might also like